03/07/26

Actividades no Asalto ao Castelo 2026

Horario de actividades para o sábado 4 de xullo:

11,00 Presentación na Praza do Concello

11,30 Torneo de Xadrez

16,00 Torneo Online de Xadrez

17,45 Torneos de Carcasonne e 4 en liña

17,55 Fallo do Concurso de Relatos Irmandiños

A programación completa do Asalto en: https://asaltoaocastelo.gal/


Formulario para o torneo presencial:

https://forms.gle/jJL8fXSHStEe3Gmc9


Ao torneo en liña podes acceder usando esta ligazón:

https://lichess.org/tournament/KrtGtDuW

Para poder entrar no torneo deberás ser membro do grupo AGAX Aberto. Se aínda non formas parte do grupo, deberás solicitar acceso. As instrucións sobre como facelo están dispoñibles aquí:

https://lichess.org/team/agax-aberto

02/07/26

Resultados do Torneo no Odeón

O torneo valedeiro para ELO FIDE no Campus de Ferrol tivo lugar este sábado 28.

Como en anos anteriores a actividade foi acollida polo Centro Comercial Odeón, a quen lle agradadecemos a axuda para esta actividade.

Unha proba que forma parte dos torneos que realizamos co apoio da Deputación da Coruña.

O gañador do torneo foi Gonzalo López, xogador do CIDU.

Nesta ocasión o premio para o mellor universitario quedou vacante.



Clasificación final:

Pos   N     NAME                      g |  Rtg Fed |  Pts     BH   BH/C1      PS     WIN    DirE 

-----------------------------------------------------------------------------------------------------

  1   5     Lopez Vazquez, Gonzalo    m | 1766 ESP |  5.0    14.0 

  2   1     Varela Peteira, David     m | 1939 ESP |  4.0    15.0 

  3   3     Caneiro Couto, Juan Manue m | 1851 ESP |  3.0    15.0    14.0 

  4   4     Codesido Sanchez, Daniel  m | 1818 ESP |  3.0    15.0    13.0 

  5  11     Penedo Gaspar, Diego      m |    0 ESP |  3.0    14.0 

  6   9     Gonzalez Contreras, Diego m |    0 ESP |  3.0    13.0 

  7   7     Ciuffi Bompeza, Tito Fran m | 1497 ESP |  2.0    15.0    14.0 

  8  10     Lopez Vidal, Iker         m |    0 ESP |  2.0    15.0    13.0 

  9  12     Penedo Gaspar, Fatima     f |    0 ESP |  2.0    12.0 

 10   6     Rodriguez Romero, Jose    m | 1523 ESP |  2.0    11.0 

 11   8     Castro Lopez, Pablo       m |    0 ESP |  1.0    11.0 

 12   2     Aguilera Bonaque, Juan(W) f | 1936 ESP |  0.0     0.0 


Tie Break legend:

     BH  :  Buchholz 

  BH/C1  :  Buchholz Cut 1 

     PS  :  Progressive Scores 

    WIN  :  Number of Wins 

   DirE  :  Direct Encounter (all play all) 


16/06/26

Xadrez en Cariño


Os dous torneos do Campus de Ferrol organizados polo CIDU e INCUDE previstos son os de variedade lóstrego no Centro Comercial Odeón, e repetimos en Cariño o 11 de xullo, co apoio do Concello. Agardamos contar coa axuda anual da Deputación da Coruña. A todos eles expresarlles o noso maior agradecemento.


Ligazón ao Torneo Absoluto + Sub14:


Ligazón ao Torneo Sub12 + Sub10 + Sub8:


BASES DO TORNEO ANIVERSARIO EN CARIÑO

DATA: 
Sábado 11 de xullo de 2026.

LOCAL DE XOGO:
Paseo marítimo (Cobertizo).

HORARIO:
De 15,00 a 17,00 resolveremos as dúbidas sobre o xadrez e a competición a tódolos interesados e ensinaremos os movementos básicos do noso xogo.

A presentación dos xogadores inscritos e inscricións tardías serán de 16,30 ata 16,50
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,30
3ª Rolda: 18,00
4ª Rolda: 18,30
5ª Rolda: 19,00
Entrega de trofeos estimada: 19,30 a 20,00.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a cinco roldas.
O ritmo será de 15' + 3''
Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais.

DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.

XOGADORES E CATEGORÍAS:
Poderá participar calquera interesado. 
Os participantes da actividade xogarán nas seguintes categorías de acordo coa súa idade:

Sub8 ou Prebenxamin. Nados en 2018 ou seguintes.
Sub10 ou Benxamin. Nados en 2017 e 2016.
Sub12 ou Alevín. Nados en 2015 e 2014.
Sub14 ou Infantil. Nados en 2013 e 2012.
Absoluta. Nados en 2011 ou anteriores.

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Libro e pequeno agasallo para todos os participantes.
Medalla para todos os participantes sub14.

Para a entrega dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIONS
De balde. A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:


CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

14/06/26

Torneo Asalto

 Neste 2026 ademais dos dous torneos do Campus da Coruña e dos dous do Campus de Ferrol imos facer da nosa actividade no Asalto ao Castelo de Vimianzo o outro punto forte desta programación.

Para a actividade imos contar co apoio dos organizadores desta espectacular festa do Asalto, da nosa entidade matriz; a asociación de estudantes da UDC INCUDE e agardamos contar coa axuda anual da Deputación da Coruña. A todos eles expresarlles o noso maior agradecemento.

O Torneo de Rápidas que se disputará pola mañá será un dos aspectos dunha programación na que INCUDE promoverá outros concursos de xogos de taboleiro e de microrrelatos.

Pódeste apuntar a través do noso formulario de torneos. De todos os xeitos o mesmo día aceptaremos os novos participantes que se acheguen.

27/05/26

XXXIV UNIVERSITARIO LÓSTREGO

Tras os torneos do Aniversario do CIDU e do Día das Letras Galegas imos celebrar o torneo do Campus de Ferrol, e deseguido o torneo do Asalto en Vimianzo. Para o Campus de Ferrol imos xa coa nosa cuarta colaboración co Centro Comercial Odeón, que acollerá o XXXIV Torneo Lóstrego da UDC o sábado 27 de xuño. Igualmente agardamos contar coa axuda anual da Deputación da Coruña. A todos eles expresarlles o noso maior agradecemento.

BASES DO XXXIV UNIVERSITARIO LÓSTREGO - TORNEO ODEÓN.

DATA: 
Sábado 27 de xuño de 2026.

LOCAL DE XOGO:
Centro Comercial Odeón.
Narón.

HORARIO:
Presentación: 17,00-17,25
1ª Rolda: 17,30
2ª Rolda: 17,45
3ª Rolda: 18,00
4ª Rolda: 18,15
5ª Rolda: 18,30
Entrega de trofeos estimada: 18,45.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogárase por sistema suizo a cinco roldas.
Válido para ELO FIDE
O ritmo será de 5' + 3''

DESEMPATES:
1. Bucholz, 2. Bucholz-1, 3. Progresivo, 4. Partidas gañadas, 5. Resultado particular e 6. Partidas xogadas con negras.

XOGADORES E CATEGORÍAS:
Poderá participar calquera xadrecista que teña licencia federativa en vigor. 
Todos os xogadores formarán unha única categoría.
Por ser un torneo a cinco roldas cumpriremos co máximo recomendado de 32 xogadores.

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros clasificados.
Trofeo para o mellor membro da Universidade da Coruña, que será o campión do XXXIV Torneo Universitario Lóstrego.
Libro e pequeno agasallo para todos os asistentes.
Para a entrega dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIONS
De balde. A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:


Outras actividades próximas:

TORNEO ASALTO AO CASTELO (Vimianzo). 4 de xullo. Ritmo lóstrego.
TORNEO EN CARIÑO. 11 de xullo. Torneo por categorías.

CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.