16/06/25

Programación

Temos uns días intensos de actividade nesta semanas de finalización do curso e imos a destacar algunhas das actividades para os próximos días:

Luns 16 e mércores 18.
Clases con Brais no CUR de 17,30 a 19,30

Venres 20.
Remata o Curso e a idea é realizar as clases con Brais e un torneo.
Pero xa que o profesor ten que ir a Madrid o xoves agardaremos ao mércores para planificar este día.
En principio sería as clases de 17,30 a 19,30 e posteriormente un pequeno torneo amigable de peche de curso.

Sábado 21.
A idea é realizar unha Xornada Lúdica no CUR ás 17,00, con algún xogo e preparación do Torneo Domingos Merino que se celebra o mesmo sábado ás 20,00 no Centro Comercial Los Rosales e que é valedeiro para ELO FIDE.
A información do Torneo está en www.clubludo.com
O Torneo coincide cunha das probas do circuito promoción da FEGAXA onde Nuno está a ter bos resultados na categoría sub8 e anda a participar nos adestramentos da selección galega.
Tamén coincide cun torneo de lentas en Espacio Coruña (pero é posible pedir un bye de medio punto).

A escribir!!
Se es dos que gostas de escribir temos un Concurso de Microrrelatos. Non ten que ver co xadrez pero é parte da nosa actividade para o Asalto ao Castelo

TORNEO ODEON
28 de Xuño
O noso xa tradicional torneo no Centro Comercial Odeón.
Valedeiro para ELO FIDE e no que o mellor universitario será nomeado campión do curso na modalidade lóstrego.

TORNEO CAMPUS DE RIAZOR
30 de xuño ao 4 de xullo
O Torneo de lentas valedeiro para ELO FIDE que o ano pasado realizamos no mes de setembro.

TORNEO ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO
Sábado 5 de xullo
Un ano mais temos o torneo de xadrez en Vimianzo.
Se non coñeces este día, aconsellamos que vaias a coñecer esta festa.

TORNEO EN CARIÑO
Sábado 12 de xullo
Un torneo para pasar o día coñecendo o Ortegal e botando unhas partidas amigables nun torneo por categorías (xemelgo ao aniversario que realizamos o 1 de maio).
A foto que ilustra esta noticia é desta actividade en 2024.

Estamos a concretar algunhas cousas mais como o Torneo no Pazo de Tor. Pero entre as nosas actividades e as previstas polos entidades coas que colaboramos o verán vai estar bastante completo.

12/06/25

Torneo en Cariño

Os dous torneos do Campus de Ferrol organizador polo CIDU e INCUDE previstos son os de variedade lóstrego no Centro Comercial Odeón, e frepetimos en Cariño o 12 de xullo, co apoio do Concello. Agardamos contar coa axuda anual da Deputación da Coruña. A todos eles expresarlles o noso maior agradecemento.

BASES DO TORNEO ANIVERSARIO EN CARIÑO

DATA: 
Sábado 12 de xullo de 2025.

LOCAL DE XOGO:
Paseo marítimo (Cobertizo).

HORARIO:
De 15,00 a 17,00 resolveremos as dúbidas sobre o xadrez e a competición a tódolos interesados e ensinaremos os movementos básicos do noso xogo.

A presentación dos xogadores inscritos e inscricións tardías serán de 16,30 ata 16,50
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,30
3ª Rolda: 18,00
4ª Rolda: 18,30
5ª Rolda: 19,00
Entrega de trofeos estimada: 19,30 a 20,00.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a cinco roldas.
O ritmo será de 15' + 3''
Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais.

DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.

XOGADORES E CATEGORÍAS:
Poderá participar calquera interesado. 
Os participantes da actividade xogarán nas seguintes categorías dacordo a súa idade:

Sub8 ou Prebenxamin. Nados en 2017 ou seguintes.
Sub10 ou Benxamin. Nados en 2015 e 2016.
Sub12 ou Alevín. Nados en 2013 e 2014.
Sub14 ou Infantil. Nados en 2012 e 2011.
Absoluta. Nados en 2010 ou anteriores.

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Libro e pequeno agasallo para todos os participantes.
Medalla para todos os participantes sub14.

Para a entrega dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIONS
De balde. A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:


CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

11/06/25

Torneo Asalto

Neste 2025 ademais dos dous torneos do Campus da Coruña e dos dous do Campus de Ferrol imos facer da nosa actividade no Asalto ao Castelo de Vimianzo o outro punto forte desta programación.

Para a actividade imos contar co apoio dos organizadores desta espectacular festa do Asalto, da nosa entidade matriz; a asociación de estudantes da UDC INCUDE e agardamos contar coa axuda anual da Deputación da Coruña. A todos eles expresarlles o noso maior agradecemento.

O Torneo de Rápidas que se disputará pola mañá será un dos aspectos dunha programación na que INCUDE promoverá outros concursos de xogos de taboleiro e de microrrelatos.




10/06/25

TORNEO CAMPUS RIAZOR

BASES TORNEO CAMPUS RIAZOR

Organizan: CIDU e INCUDE.

Datas: Do luns 30 de xuño ao venres 4 de xullo de 2025.

Horario de xogo: O primeiro día a presentación será ás 16,30. Horario das partidas: 17,00 horas.

Local de xogo: Centro Universitario de Riazor. Almirante Lángara s.n. 

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas 

ELO: O torneo será válido para ELO standard.

Ritmo de xogo: 60´+ 30” 

Horario de clausura: O último día de xogo tras as partidas. 

Emparellamentos: Serán realizados polo programa VEGA. 

Participación: 

Será necesario contar con licenza federativa en vigor.

Haberá un máximo de 32 participantes.

Reservado a xogadores con ELO inferior a 2400.

Inscricións:

A cota será de 15 euros. 

Descontos acumulativos -5 euros xogadores do CIDU en 2025 ou compromiso de xogo para 2026. -5 euros alumnos da Universidade da Coruña.

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:

PREME

O prazo permanecerá aberto ata o 28 de xuño ou ata que se complete o aforo previsto.

O pago realizarase durante a primeira xornada de xogo.

Premios: 

1º posto: Trofeo e 90 euros.

2º posto: Trofeo e 65 euros.

3º posto: Trofeo e 40 euros.

4º posto: 20 euros.

1º clasificado estudante da UDC: Trofeo e 20 euros.

E obrigatoria a presenza na clausura para recoller os premios. 

Director do Torneo: Ernesto Pérez Ramil.

Árbitro do Torneo: Francisco Javier García Veiras.

Comité de Competición: Non haberá Comité de Competición. As decisións do árbitro poderán ser reclamadas ante o director do torneo que resolverá.

Actividades complementarias: A organización marcará diversas actividades en horario previa a cada rolda.

Aspectos varios:

A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización para publicar datos persoais e/ou fotografías nos diversos medios de difusión e comunicación que a organización considere oportunos para a mellor divulgación do torneo e dos seus resultados.

Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE. 

En caso de xogadores que se inscriban e non asistan ou se retiren sen aviso previo do torneo a organización vetará a súa participación en calquera outro torneo organizado polas entidades convocantes nos próximos dous anos.

A organización reservase o dereito de admisión e o dereito de modificar as bases do torneo sen outro requisito que a publicación na web da entidade.

09/06/25

Clases con Brais

Tras comentar coa xente interesada nestas dúas semanas as clases con Brais quedan do seguinte xeito:
Luns 9, mércores 11, venres 13, luns 16, mércores 18 e venres 20.
En horario de 17,30 a 19,30.
No Centro Universitario de Riazor.
Prezo por día: 15 euros (a pagar directamente ao monitor).
Teléfono de consulta con Brais: 698 12 98 63

Nestes días agardamos publicaremos mais actividades para estes días.