26/11/21
Retomamos o Circuito
Lembramos que hoxe venres, tras o parón da semana pasada polos Torneos de Outono, retomamos o Circuito de Outono, ás 20,15 no CUR.
25/11/21
SITUACION DA COMBINADA DOS TORNEOS DE OUTONO
Tras a publicación dos resultados das probas realizadas e a falta tan só do remate do Torneo Escolar (o que aínda será dentro de dúas semanas) a clasificación é a seguinte:
22/11/21
Resultado dos Torneos de Outono
Despois dunha fin de semana chea de actividades chegamos á finalización dos Torneos de Outono. Foi unha interesante serie de probas que contou con participación internacional grazas á participación de erasmus de Polonia e Portugal.
Os resultados de cada torneo foron os seguintes:
Torneo de Outono de Rápidas
1 Rodrigo Pena, 4.5 7.5 14.0 12.5
2 Daniel Codesido, 4 7.5 14.0 13.0
3 Martín Hervada, 3 7.5 14.0 9.0
4 Jesús Ramos Suárez, 3 6.5 9.5 10.0
5 Francisco García, 2.5 9.0 15.0 7.5
6 Ernesto Pérez, 2.5 8.5 14.5 5.5
7 David Pérez, 2.5 8.0 13.0 7.5
8 Gonzalo Cambón, 2 7.5 12.0 3.0
9 José Pardo, 2 7.0 11.5 6.0
10 Pedro Romallo Vidal, 2 6.0 9.0 8.0
11 Anxo Castro Alonso, 1 7.0 11.5 3.0
Torneo Online
1 danidt
2 jacebo
3 Toarri
4 Vimara
5 SirJhonMoore
Campionato Mundial de Pasapezas por parellas
1. Francisco Pedreira - Rodrigo Pena
2. Daniel Codesido - Ernesto Pérez
3. Jesús Ramos - José Pardo
1. Francisco Pedreira - Rodrigo Pena
2. Daniel Codesido - Ernesto Pérez
3. Jesús Ramos - José Pardo
Liga de Outono por equipos
1. Sigrás grandes (Francisco Pedreira - Rodrigo Pena - Martín Hervada)
2. Pollos sin cabeza (Daniel Codesido - Ernesto Pérez - Francisco Troiteiro)
3. Enanitos pulgosos (Rubén Troiteiro - Pablo Iglesias - Carlos Pardo)
4. CIDU (Félix García - Jesús Ramos - José Pardo)
5. Sigrás enanitos (José Fernández Otero - Iván Santiso - Mateo Álvarez)
Torneo de Outono individual
1 Martín Hervada, 5 12.0 8.0 15.0
2 Klara Czaplewska, 4 14.0 8.0 13.0
3 David Pérez, 3 14.0 8.0 11.0
4 Rubén Troiteiro, 3 13.0 9.0 9.0
5 Rodrigo Pena, 3 13.0 7.0 9.0
6 Luis Rodríguez, 3 10.0 6.0 6.0
7 Adrián Quevedo, 2 13.0 8.0 6.0
8 Fran Troiteiro, 1 13.0 9.0 2.0
9 Pablo Iglesias, 1 11.0 8.0 4.0
10 Nuno de Oliveira, 0 12.0 6.0 0.0
Quedan en xogo o Torneo Escolar e o Circuito de Outono, así como a suma da combinada.
15/11/21
TORNEOS DE OUTONO
É unha proba aberta a tódolos interesados. Poden participar tódolos xogadores que o desexen que sexan estudantes da UDC ou ben teñan licenza federativa en vigor (consultar en caso de non tela).
As probas presenciais terán lugar no Centro Universitario de Riazor, sede de INCUDE, na rúa Almirante Lángara de A Coruña.
Venres 19/11/2021
Torneo Lóstrego.
20,30 – 21,30 aproximadamente.
Premio: Trofeo para o primeiro clasificado.

Cota: 1 euro e 1 kilo de arroz ou pasta. Todos os asistentes recibirán unha máscara FFP2.
Torneo Lóstrego Online.
22,30-23,30
A través de Lichess e o club que mantén a Asociación Galega de Axedrecistas nesta plataforma.
Para participar é obrigatorio estar rexistrado no Club antes comentado (é de balde). Información para facerse premendo AQUI
Premio: Trofeo para o primeiro clasificado (terá que recollelo na sede do Club).
Sábado 20/11/2021
Torneo de pasapezas.
17,30 – 18,30 aproximadamente.
Partidas lóstrego desta divertida modalidade. O noso CAMPIONATO DO MUNDO.

Premio: Trofeo para os dous componentes da parella gañadora.
Cota: 1 euro e 1 kilo de arroz ou pasta. Todos os asistentes nalgunha das actividades da tarde recibirán unha máscara FFP2.
Liga de Outono por equipos.
18,30 – 21,00 aproximadamente.
Torneo de partidas a 10' + 3'' para equipos integrados por 3 persoas.

A clasificación será por resultados globais dos encontros, sendo os puntos dos taboleiros o desempate.
Premios: Trofeos para os tres primeiros equipos.
Cota: 1 euro e 1 kilo de arroz ou pasta. Todos os asistentes nalgunha das actividades da tarde recibirán unha máscara FFP2.
Domingo 21/11/2021
Torneo de Outono
Torneo de partidas a 10' + 3''. Suizo a 5 roldas. (17,00/17,30/18,00/18,30/19,00)
Premios: Trofeo para os tres primeiros clasificados na categoría absoluta e tres primeiros na categoría sub12. Medalla para todos os participantes sub12.

Cota: 2 euros e 1 kilo de arroz ou pasta. Todos os asistentes recibirán unha máscara FFP2.
Campión da Combinada:
O campión da combinada resultará da aplicación do sistema cotián de circuitos de INCUDE nas cinco probas anteriormente descritas.
Outras probas dentro da serie de torneos de outono: Os Torneo Escolar de Outono e Circuito de Outono non se disputarán durante esta fin de semana e retomaranse na seguinte.
Advertencia 1: Dacordo coa normativa COVID aprobada pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Xadrez esta proba que non vale para ELO será considerada unha actividade de adestramento. Os asistentes ou os seus pais deberán cubrir o formulario de aceptación de riscos antes do inicio do torneo.
Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.
A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

14/11/21
ACTUALIZACION DATOS DAS ENTIDADES 2.0
Vai xa para dous anos publicamos por vez primeira un resume sobre a nosa entidade e que é cada cousa. Foi poco antes do confinamento e dende entón houbo algunhas variacións.
Presentamos a version 2.0 desta guia, coa idea xa expresada entón de facer un resumo que iremos actualizando para tratar de que todos os que están na nosa organización saiban de que falamos. Se estás na actividade de xadrez debes saber que tes relación con estas entidades:
INCUDE
É a organización principal.
É unha asociación cultural e deportiva de estudantes da Universidade da Coruña.
Polo tanto a súa actividade fundaméntase na Lei de Asociacións e na Normativa de asociacións de estudantes da UDC.
Os seus directivos teñen que ser estudantes universitarios (que poden ter ou non interese no xadrez).
Cando publicamos a primeira versión o presidente era Brais Casas, que sucedera a Héctor Rodríguez. No pasado curso o presidente foi Pablo Furelos e xa no actual o presidente e Jesús Ramos, estudante de Económicas.
Como entidade universitaria emprega espazos da UDC, fundamentalmente no Centro Universitario de Riazor (CUR). Para un mellor funcionamento existen dúas organizacións ligadas a INCUDE.
ESCOLA UNIVERSITARIA DE XADREZ DE INCUDE
Adicada ao fomento e ao ensino do xadrez.
A súa acción vai dende rapaces á terceira idade. Dela dependen os monitores que colaboran co departamento de xerontoloxía e nos diferentes colexios. Dende o inicio do actual curso o seu responsable é Héctor Rodríguez, que como se comentou fora presidente de INCUDE, e que ven de suceder no cargo a Diego Medín. O coordinador segue a ser Ernesto Pérez.
A efectos prácticos dende fora non hai distinción do realizado pola Escola Universitaria e pola propia INCUDE.
CLUB DE INICIATIVAS DEPORTIVAS UNIVERSITARIAS (CIDU)
O obxectivo é a competición. O presidente dende 2016 é Daniel Codesido (que tamén fora na súa etapa de estudante presidente de INCUDE).
A súa actividade está dirixida á participar nas competicións federadas e a organizar dous torneos ao ano; o de Outono e o Aniversario.
É importante salientar que nos torneos á hora de indicar o club ao que se pertence só hai que poñer CIDU.
En principio os integrantes deste club deben estar nalgunha das seguintes categorías:
1. Membros da Comunidade Universitaria da Coruña
2. Alumnos e monitores da Escola Universitaria de Xadrez.
3. Directivos e colaboradores da entidade.
Aínda que pode haber algunha persoa que non se inclúa nunha destas tres categorías (principalmente rapaces) a filosofía do CIDU é ser basicamente un club escola, facendo equipos con aqueles que asisten regularmente a clases.
En calquera caso para os que non queren ou non teñen tempo para ir ás clases temos outras opcións.... vémolas a continuación.
..... ENTIDADES COAS QUE MANTEMOS COLABORACION .....
Ademáis das tres indicadas moi probablemente estando na nosa actividade entres en contacto con algunha das entidades indicadas a continuación. Pero en principio as que te incumben son as do apartado anterior.
SPORTING CLUB CASINO
A súa escola está destinada a socios do Sporting Club Casino. Ás veces cedemos xogadores para completar o seu equipo federado, pero no curso actual hai cerca de trinta inscritos na súa escola. A actividade de xadrez no Casino levaa a S.C.D. PALAESTRA, entidade que organiza tamén as actividades no Centro Comercial Los Rosales (que na pandemia converteuse no espazo mais activo do xadrez na cidade). O presidente de Palaestra é Ernesto Pérez, que polo tanto coordina o xadrez universitario e o do Sporting Club Casino.
XADREZ DAS MARIÑAS
Este club foi creado inicialmente para xuntar na competición escolar da Xunta aos rapaces do CIDU, Casino, Sigrás e Betanzos. Tense convertido nun dos referentes da competición escolar, gañando sempre nalgunha das categorías na comarca. Ten a súa sede oficial en Sada pero hai anos abosrveu a un dos clubes mais antigos de España; o coruñés Club de Ajedrez de Artesanos, polo que asumiu a súa historia e praza na Liga Galega. En xeral quen se achega ao xadrez universitario pero non está nalgunha das categorías sinaladas anteriormente acaba neste club. A efectos prácticos cando falamos do deporte escolar da Xunta, Xadrez das Mariñas é a nosa marca. O presidente é Francisco Javier García.
ASOCIACION GALEGA DE XADRECISTAS (AGAX)
AGAX organiza actividades ao longo do ano. Durante a pandemia mantivo unha ampla actividade en interner co seu dominio www.xogandocoxadrez.eu . Edita libros, folletos de iniciación e planiñas que veredes en diferentes actividades e clubes. O seu presidente é Ernesto Pérez.

13/11/21
Dani Codesido gaña o terceiro dos torneos
O presidente do CIDU gañou o terceiro dos torneos do Circuito.
Con esta vitoria pasa a liderar o circuito con medio punto de ventaxe sobre Rodrigo Pena.
1. Daniel Codesido
2-3. Rodrigo Pena
2-3. Ernesto Pérez
4. David Novoa
2-3. Rodrigo Pena
2-3. Ernesto Pérez
4. David Novoa
O próximo torneo será o vindeiro venres día 26, ás 20,15 no Centro Universitario de Riazor.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)