30/10/21

Daniel Codesido vence no Circuito de Outono

Daniel Codesido adxudicouse o segundo dos torneos do Circuito de Outono.

A segunda praza de Rodrigo Pena, empatado a puntos con Daniel, permítelle manter o primeiro posto do Circuito.

Clasificación do Torneo

1. Daniel Codesido 4
2. Rodrigo Pena 4
3. Ernesto Pérez 3
4. Roberto Serrano 2
5. David Novoa 2
6. José Pardo

O próximo día de torneo será o venres día 5 no Centro Comercial Los Rosales.

29/10/21

A ponte do Samain

Estas son as nosas recomendacións para esta ponte, na que realizaremos varias actividades distintas.

VENRES 29

En colaboración con AGAX dende as 19,00 teremos mesas dispostas no Centro Comercial Los Rosales para poder botar partidas de xadrez e nese mesmo espazo ás 20,15 teremos un torneo do noso Circuito de Outono, consistente en cinco partidas a cinco minutos.

Tras as partidas de xadrez realizaremos algunha partida a outros xogos.

Se o que te va é a maxia o noso exdirectivo e antigo alumno de Socioloxía, David Maestro, actúa no auditorio de Arteixo ás 20,00.

Tamén este venres detérminase cal será a directiva de INCUDE para o presente curso.

SÁBADO 30

AGAX realiza no Centro Comercial Los Rosales unha interesante tarde de xadrez coa Copa AGAX e torneo Tódolos Santos.
Podes ver a información e anotarte en www.xadrecista.eu. Unha combinación de torneo suizo e de Copa con eliminatorias. 
De 17,00 a 20,40 aproximadamente.

Tras as partidas de xadrez realizaremos algunha partida a outros xogos.

DOMINGO 31

Tamén AGAX organiza o domingo un novo torneo do seu Circuito dos Domingos Online. Ás 17,00 horas.

Importante: Últimas datas para anotarse no TORNEO UNIVERSITARIO ONLINE.

É en chess.com no noso club pechado para membros da comunidade universitaria da Coruña.


LUNS 1

Inicia o Torneo Universitario Online.
(agardamos que te anotaras)

O mago David Maestro actúa en Cedeira. 

16/10/21

EMPEZOU O CIRCUITO DE OUTONO

Tras estes meses con actividade a medio gas, este venres retornábamos á nosa actividade presencial, recuperando unha das actividades que mais teñen caracterizado a nosa actividade nos últimos anos; a xuntanzas dos venres pola tarde.

Coa mellora da situación COVID decidimos recuperar estas accións ainda que empregando unha sala distinta de maior ventilación que o noso semisoto do Centro Universitario de Riazor.

Este circuito comezou coa vitoria do gañador dos anteriores circuitos de 2021; Rodrigo Pena, que esta vez xa non disputaba a proba como alumno da Universidade, se non como exalumno tras rematar no pasado curso o seu master.

Tras Rodrigo Pena quedou Manuel Cascallar, alumno de arquitectura e no terceiro posto o exalumno e expresidente de INCUDE, Daniel Codesido.

A clasificación foi a seguinte:

1 RODRIGO PENA,     5 8.0 14.0 15.0
2 MANUEL CASCALLAR,     4 9.0 16.5 13.0
3 DANIEL CODESIDO,     3 8.5 15.0 11.0
4 DAVID NOVOA,     3 8.5 13.5 10.0
5 ROBERTO SERRANO,     3 7.5 13.0 7.0
6 ANXO CASTRO,     3 6.5 10.5 8.0
7 VERA GARCIA-MUÑOZ,     2 7.5 10.5 7.0
8 ADRIAN QUEVEDO,     2 7.0 12.0 8.0
9 NOA GARCIA-MUÑOZ,     2 7.0 10.0 4.0
10 DAVID PEREZ,     1 3.0 9.5 2.0
11 DAVID PRESNO,     0 6.5 11.0 0.0

Como nos anteriores casos, os cinco primeiros puntuan para o Circuito.



13/10/21

CIRCUITO DE OUTONO

Aínda que manteremos as precaucións lóxicas, dende INCUDE anunciamos que o Circuito de Outono será presencial.
O circuito de outono de 2019, hai dous anos, foi o último que se puido facer presencial. O seguinte, o de inverno xa se veu modificado pola pandemia.
Seguiremos no noso estilo... 6 torneos cun circuito no que sumarán os cinco mellores clasificados.

Ritmo: 5 minutos finish.

Datas previstas de xogo:

Primeiro Torneo: venres 15 de outubro.
Segundo Torneo: venres 22 de outubro.
Terceiro Torneo: venres 5 de novembro.
Cuarto Torneo: venres 12 de novembro.
Quinto Torneo: venres 26 de novembro.
Sexto e último torneo: venres 3 de decembro.

Serán ás 20,15 no CUR. Planta baixa. Sala ventilada.

Cota de participación por cada torneo: 1 €
Premio en cada torneo: Camisola.

Premio do circuito: Trofeo.

O límite de participación será anunciado conforme as directrices da Universidade.