30/06/11

Torneo de Damas no Match

Gustavo Pulleiro gañou o Torneo de Damas disputado tras o match.
Unha proba totalmente amistosa co seguinte resultado:

1 Gustavo Pulleiro,     4
2 Francisco García,     3.5
3 Ernesto Pérez,     3.5
4 Javier Campelo,     3
5 Ayrton Sardina,     2.5
6 Fran Pedreira,     2
7 Diego Bugliot,     1
8 Alex Astorga,     0.5

29/06/11

Walter López gaña o Torneo de Rápidas do Match

Sin sorpresas Walter López gañou con autoridade o torneo de rápidas celebrado tras o Match.

1 Walter López,     5
2 Santi Domínguez,     4
3 Ayrton Sardina,     3.5
4 Julio Bugliot,     3.5
5 Fran Pedreira,     3.5
6 Diego García-Muñoz,     3
7 Javier Campelo,     3
8 Marcos Laíño,     3
9 Ernesto Pérez,     3
10 Diego Bugliot,     2.5
11 Fran Domínguez,     2.5
12 Francisco García,     2.5
13 Alex Astorga,     2
14 Guillermo Ambroa,     2
15 José Tojo,     2
16 Manuel García,     1.5
17 Silja Molist,     1.5
18 Gustavo Pulleiro,     1
19 Matias Penela,     1

28/06/11

Match contra Sigrás

O equipo presentado polo noco Club foi o seguinte:

Ernesto Pérez
Santi Domínguez
Diego García-Muñoz
Francisco Domínguez
Manuel García
Ayrton Sardina
Alex Astorga
Silja Molist

Sigrás presentou este outro:

Walter López
Fran Pedreira
Gustavo Pulleiro
Guillermo Ambroa
Marcos Laiño
Julio Bugliot
Diego Bugliot
Jose Tojo

Victorias do noso equipo nos taboleiros 3, 4, 5, 6 e 8
Táboas no taboleiro 7
Derrota nos taboleiros 1 e 2

Resultado 5,5 - 2,5 ao noso favor.

26/06/11

Santi Domínguez gaña o Torneo de Verán

O venres anterior ao match contra Sigrás xogouse un torneo de partidas rápidas coa seguinte clasificación:
1. Santi Domíonguez
2. Luis Carlos Martínez
3. Ernesto Pérez
4. Fran Domínguez
5. Héctor López
6. Manuel Andión
7. Florencio González
8. Silja Molist

24/06/11

Fin de semana marcado pola actividade con Sigrás.

Venres 24
Apertura do CUR á hora de sempre (19,30).
Torneo de Verán de Partidas Rápidas ás 20,30

Sábado 25
Actividades co Club de Xadrez Sigrás (imos de visitantes).

16,30: Match a 8 taboleiros. 30 minutos finish.
17,30: Torneo de Partidas Rápidas. 5 rondas. 5 minutos.
18,30: Torneo de Damas. 5 rondas. 5 minutos.
19,30: Actividade Mixta (segundo participantes) con Wii e/ou cartas.

A actividade en boa medida é para seguir animando a xente de cara á fusión das entidades, que nas categorías inferiores amosouse exitosa varias veces.

(Na foto o equipo subcampión de Galicia en escolares. De esquerda a dereita: Pedro Siaba (Palaestra), Alex Astorga (Palaestra), Jaime del Río (Betanzos), Ayrton Sardina (Palaestra), Damián Moar (Sigrás) e José Tojo (Sigrás)

23/06/11

Premios dos Circuitos

Finalmente a entrega dos premios do Circuíto será o día 1 de xullo.

Clasificación do circuito Apertura:

1º Santiago Dominguez,
2º Ernesto Pérez,
3º Jaime Rodríguez,

Clasificación do circuíto xaneiro-maio:

1º Ayrton Sardina,
2º Santiago Dominguez,
3º Ernesto Pérez,

Premios de participación:

Pin, carteira, reloxo, bolsiño do CIDU e camisola de AGAX:

Ernesto Pérez, 27 torneos
Ayrton Sardina, 23 torneos
Santiago Dominguez, 23 torneos
Florencio González, 20 torneos

Pin, carteira, reloxo e bolsiño do CIDU:

Héctor López, 19 torneos
Manuel Andión, 18 torneos
Diego García-Muñoz, 16 torneos
Diego Medin, 16 torneos

Pin, carteira e reloxo do CIDU:

Francisco Domínguez, 13 torneos

Pin e carteira do CIDU:

José Manuel Andión, 11 torneos
Manuel García, 8 torneos

Pin do CIDU:

Jaime Rodríguez, 7 torneos
Luis Carlos Martínez, 4 torneos
Luis Patiño, 4 torneos
Alejandro de León, 4 torneos

Se hai algún erro, avisar durante o fin de semana. Grazas.

20/06/11

Iago Porto, campión de Semirrápidas da Universidade

O XIX Torneo Universitario de Partidas Semirrápidas tivo como campión a Iago Porto (Informática).
O segundo posto foi tamén para un informático; José Manuel Andión.

11/06/11

Diego Medín, campión universitario de rápidas

Diego Medín proclamouse hoxe campión do XIX Torneo Universitario de Rápidas.

A última partida do torneo contra Iago Porto, a quen lle valían as táboas para ser o vencedor, foi a decisiva no resultado final desta proba.

1. Diego Medín. Arquitectura Técnica.
2. Santiago Domínguez. Arquitectura.
3. Iago Porto. Informática.
4. Manuel Fondevila. Dereito
5. Luis Carlos Martínez. Económicas
6. Alfonso Sangiao. INEF

09/06/11

Santiago Domínguez gaña o torneo Semanal

Fora xa do Circuíto, Santiago Domínguez gañou o torneo semanal organizado no primeiro venres de xuño.

A clasificación foi a seguinte:

1. Santiago Dominguez
2. Luis Carlos Martínez
3. Ernesto Pérez
4. Héctor López
5. Francisco Domínguez
6. Diego Medín
7. Manuel Andión

03/06/11

Avance da actividade no mes de xuño

Estas son algunhas das actividades previstas para o mes de xuño, que agardamos completar nos vindeiros días.

Venres 3: Finalizada a actividade da Escola Universitaria de Xadrez, realizaremos un torneo de xadrez a cinco minutos ás 20,30.

Venres 10: XIX Torneo de Rápidas da Universidade da Coruña. 5 minutos finish. Só para membros da Comunidade Universitaria. Determina o campión de rápidas da Universidade. De 20,30 a 21,30 5 roldas.

Venres 17: Primeira xornada do XIX Torneo de Semirrápidas da Universidade da Coruña. 25 minutos finish. Só para membros da Comunidade Universitaria. Determina o campión de semirrápidas da Universidade. De 19,30 a 21,30 2 roldas.

Venres 24: Segunda xornada do XIX Torneo de Semirrápidas da Universidade da Coruña. 25 minutos finish. Só para membros da Comunidade Universitaria. Determina o campión de semirrápidas da Universidade. De 19,30 a 21,30/22,30 2 ou 3 roldas segundo o número de participantes.

A continuación entrega de trofeos dos circuitos.

Sábado 25: Match con Sigrás.