28/12/17

Calendario da Liga para o equipo dos peques.

A idea é que Equipo Escola UDC sería este ano o que englobase aos xogadores mais peques, os que van xogar en categoría benxamin en escolares.

A Liga sería por tanto un adestramento para eses torneos.

Por certo... parece que o último venres de xaneiro empezarán os xogos escolares.

27 de xaneiro: Escola UDC - Sada

3 de febreiro: Alexandre Bóveda - Escola UDC

O 10 de febreiro non se xoga por ser Entroido. Xoganse nestas datas algúns campionatos galegos e supoñemos que Casino e Palaestra organizarán de novo o Torneo de Entroido.

17 de febreiro: Alexandre Bóveda - Escola UDC (hai dous equipos de Alexandre Bóveda)

24 de febreiro: Escola UDC - Casino
(este sería un encontro entre os nosos benxamins e os nosos alevíns)

3 de marzo: Regatas Perillo - Escola UDC

10 de marzo: Escola UDC - Perillo

17 de marzo: Xadrez das Mariñas - Escola UDC
(A última partida sería un encontro entre os alumnos da Normal -xoves 16,00- e os benxamins).
Como é o último encontro da Liga igoal facemos algo distinto.

26/12/17

ACTIVIDADES NA ULTIMA SEMANA DO ANO

Para rematar este ano temos as seguintes actividades, todas elas de balde:

Mércores 27:

XXVII Torneo Universitario de Xadrez.
Para os membros da comunidade universitaria da UDC, exalumnos e socios do CIDU.
Partidas a 15 minutos.
Dende as 19,30 ás 22,00

Xoves 28:

Facendo relatos e debuxos.
Para participar no concurso de relatos e debuxos de AGAX.
Xornada de libre acceso para axudar a facer o libro de relatos.
Dende as 12,00 ás 14,00

Campionato "Mundial" de Pasapezas
O noso tradicional torneo anual, que non puido celebrarse durante o Torneo de Outono.
Dende as 19,00 ás 20,00

XII Torneo de Rápidas de Ludo
Dende as 20,00 ás 21,00

Torneo por equipos.
Os equipos deberán estar formados por tres persoas.
Debde ás 21,00 ás 22,00

Sábado 30:

Xornada de Convivencia e Torneo Dúas Torres.
Saída en bus dende o CUR ás 11,00
Paseo por Vilalba, comida por conta de cada viaxeiro, torneo (de 17,00 a 19,30) na Casa da Xuventude de Vilalba e retorno a Coruña.

Para participar en calquera das actividades inscríbete no noso formulario: PREME

E fora do xadrez o venres 29 ás 17,30 faremos un Torneo de Fifa.

Anímate a participar.