30/06/13

Actividades de Iniciación no verán

CURSO DE INICIACIÓN AOS XOGOS DE MESA
Datas: Dende o Luns 1 de xullo ao Venres 5 de xullo
Horario: De 11,00 a 14,00
Lugar: Centro Universitario de Riazor
Máximo de alumnos por grupo: 12
Cota: 10 euros por alumno.  Os alumnos recibirán un pequeno agasallo.
Das 15 horas do curso, un mínimo de 9 serán destinadas ao xadrez e as restantes a outros xogos como damas, dominó, solitarios e outros xogos.

CURSO DE INICIACIÓN AO XADREZ
Datas: Dende o Luns 19 de agosto ao Venres 23 de agosto
Horario: De 11,00 a 14,00
Lugar: Centro Universitario de Riazor
Máximo de alumnos por grupo: 12
Cota: 10 euros por alumno. Os alumnos recibirán un pequeno agasallo.

O profesor será Walter López. Os cursos están dirixidos a rapaces de primaria.

29/06/13

Elo xuño 2013

As novas listas de elo de xuño incluen a liga galega, polo que houbo cambios e novas nos xogadores do CIDU. Desta vez imos ordenar a lista por orden de elo feda, xa que o teñen a meirande parte dos nosos xogadores:

1. Santiago Domínguez    1924 feda   1951 fide
2. Diego García-Muñoz   1813 feda    1833 fide
3. Luis Carlos Martínez   1804 feda
4. Manuel Fondevila        1750 feda   1829 fide
5. Jesús Rodríguez           1750 feda   1682 fide
6. Ernesto Pérez               1728 feda
7. Alberto López               1685 feda   1771 fide
8. Alfonso Camarero         1644 feda   1690 fide
9. Luis Patiño                    1634 feda   1710 fide
10. Carlos Castedo           1582 feda
11. Manuel García           1511 feda  1573 fide

E os bloque de elo feda dos xogadores que non o teñen serían:

Francisco Domínguez    1704 (6partidas) feda                                          1823 fide
Daniel Codesido             1664(5 partidas) e 1697 (3 partidas)  feda          1712 fide
Dani Mayo                      1369(4 partidas) feda                                         1451 fide