28/02/09

Santiago Domínguez gaña por terceira semana consecutiva.

O xogador Santiago Domínguez, primeiro taboleiro do CIDU na Liga Galega, gañou por terceira vez consecutiva o torneo dos venres no Centro Universitario de Riazor.

Un torneo moi competido, no que tal como se anunciara a semana anterior empezou a disputarse por sistema suizo e a cinco roldas. Ao non darse clase o mércores anterior non houbo ningunha apertura imposta.

Clasificación.

1 Domínguez, Santiago 4
2 Rey, Jose 4
3 Pérez, Ernesto 3
4 Porto, Iago 3
5 García-Muñoz, Diego 3
6 Iglesias, Alfonso 3
7 López, Héctor 3
8 González, Florencio 2
9 Andion, José Manuel 1
10 Patiño, Luis 1
11 Andion, Manuel 0

21/02/09

Santiago Dominguez gaña o Primeiro temático do cuatrimestre


Empezou a serie de temáticos do cuatrimestre.
Nesta ocasión Toné Pazos escolleu unha liña da Siciliana.
O gañador foi Santiago Domínguez, nun torneo no que a clasificación final foi como segue:
1.- Santiago Domínguez
2.- Diego García-Muñoz
3.- Ernesto Pérez
4.- Luis Patiño
5.- José Manuel Andión
6.- Héctor López
7.- Manuel Andión.
Dada a ausencia de actividade o mércores por ser día non lectivo o vindeiro venres retomaremos o sorteo para decidir que variante se xoga.

20/02/09

Programación dende o entroido


A partir do venres de entroido a programación das actividades da Escola de Xadrez da Universidade da Coruña serán como seguen:

Os mércores no Pabillón de Deportes Antonio Pazos continuará coas suas charlas, incluindo agora un breve resumo dalgunha apertura que será a que se xogue despois o venres. Aínda que a hora segue sendo de 19,30 a 21,00 se non hai problema é posible que empece media hora antes e finalice tamén media hora antes.

Os venres no Centro Universitario de Riazor teremos as típicas partidas amistosas, resolución de problemas e Torneo Temático. A partir de agora os torneos cando teñan máis de seis participantes serán por sistema suizo a cinco roldas o que evitará as presas de última hora para sacar o coche do aparcadoiro.

Nos torneos cobrarase unha cota de 1 euro e o campión levará unha camiseta dalgunha das actividades levadas a termo por AGAX. Asemade aqueles que participen en cinco probas recibirán unha bolsiña do CIDU.

14/02/09

Santiago Domínguez gaña o último Temático de Gambito de Dama

Santiago Dominguez gañou o último temático de Gambito de Dama.
Empatado a puntos co gañador quedou José Rey
A clasificación foi como segue:
1.- Santiago Domínguez
2.- José Rey
3.- José Manuel Andión
4.- Ernesto Pérez
5.- Diego García Muñoz
6.- Luis Patiño
7.- Héctor López

07/02/09

Francisco Conde gaña o torneo da Tartakower

Francisco Conde, que nesta campaña xoga co equipo de Informática, gañou o torneo temático da Tartakower.
Francisco Conde gañou con autoridade, impoñéndose en tódalas partidas.
A clasificación foi como segue:
1º.- Francisco Conde
2º.- Santiago Domínguez
3º.- Héctor López
4º.- José Manuel Andión
5º.- Ernesto Pérez
6º.- Manuel Andión.