26/05/24

XXXII UNIVERSITARIO LOSTREGO - ODEÓN

Tras os dous torneos do Campus da Coruña imos cos seguintes que serán no Campus de Ferrol e en Vimianzo. O seguinte será xa a nosa terceira colaboración co Centro Comercial Odeón, que acollerá o XXXII Torneo Lóstrego da UDC o sábado 29 de xuño. Igoalmenmte agardamos contar coa axuda anual da Deputación da Coruña. A todos eles expresarlles o noso maior agradecemento.

BASES DO XXXII UNIVERSITARIO LOSTREGO - TORNEO ODEÓN.

DATA: 
Sábado 29 de xuño de 2024.

LOCAL DE XOGO:
Centro Comercial Odeón.
Narón.

HORARIO:
Presentación: 17,00-17,25
1ª Rolda: 17,30
2ª Rolda: 17,45
3ª Rolda: 18,00
4ª Rolda: 18,15
5ª Rolda: 18,30
Entrega de trofeos estimada: 18,45.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a cinco roldas.
Válido para ELO FIDE
O ritmo será de 5' + 3''
Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais.

DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.

XOGADORES E CATEGORÍAS:
Poderán participar calquera xadrecista que teña licencia federativa en vigor. 
Todos os xogadores formarán unha única categoría.
Por ser un torneo a cinco roldas cumpriremos co máximo recomendado de 32 xogadores.

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros clasificados.
Trofeo para o mellor membro da Universidade da Coruña, que será o campión do XXXII Torneo Universitario Lóstrego.
Libro e pequeno agasallo para todos os asistentes.
Para a entrega dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIONS
De balde. Teñen preferncia ata o 10 de xuño os participantes nos torneos anteriores dos días 1 e 17 de maio. 
A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:


OUTROS TORNEOS DO ANIVERSARIO
En 2024 seguiremos coa liña de ampliar os torneos do aniversario, os participantes en cada torneo contarán para unha proba combinada.
Outros torneos previstos actualmente:
TORNEO ASALTO AO CASTELO (Vimianzo). 6 de xullo. Válido para ELO FIDE en ritmo lóstrego.
TORNEO EN CARIÑO. 13 de xullo. Torneo por categorías.

CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

24/05/24

Vídeo rápido

Un vídeo para entreter a todos e lembraros que hoxe venres estaremos no CUR a partir das 19,30.

Lembra que este sábado hai un torneo organizado pola AA.VV de Los Rosales.

20/05/24

Situación da Combinada - Maratón

Os Torneos do Aniversario van a ir creando unha combinada que conformará os premios do Maratón formado por estes torneos.

Como vai funcionar o Maratón?
Os primeiros clasificados de cada torneo recibirán 3, 2 e 1 puntos segundo a súa orde en cada proba. Nas probas por categorías estes puntos serán dados en cada categoría. Nos torneos de categoría única só os tres primeiros da clasificación.
Ao remate da serie dos torneos os tres primeiros recibirán un trofeo conmemorativo.

Que probas forman parte?
Campus Coruña
Torneo por categorías: Aniversario (1 de maio)
Torneo categoría única lóstrego: Letras Galegas (17 de maio)
Campus Ferrol
Torneo por categorías: Cariño (13 de xullo) 
Torneo categoría única lóstrego: Odeón (29 de xuño)
Outras probas:
Torneo categoría única lóstrego: Asalto ao Castelo Vimianzo (6 de xullo)
Estamos pendentes da confirmación de dúas probas mais.

É unha aposta forte do noso club por levar o xadrez a distintos puntos da provincia.

Tras a celebración de dous torneos o mellor clasificado é o noso xogador Iago Soto.


19/05/24

Resultados Torneo Día das Letras

O Torneo Día das Letras Galegas rematou con éxito para os nosos xogadores, xa que xogadores do CIDU ocuparon os dous primeiros postos do torneo.

Agardamos que os asistentes disfrutaran desta actividade e seguro que repetiremos a experiencia no futuro.

Lembramos que dentro dos torneos do aniversario deste 2024 xa temos previstos os do Campus de Ferrol de Blitz (29 de xuño en Narón) e Rápidas (13 de xullo en Cariño).

Estes torneos serán completados co Torneo do Asalto ao Castelo (6 de xullo, Vimianzo).

En canto ao Torneo das Letras Galegas o resultado foi o seguinte:

14Soto Paino, IagoESP4,5414.514.513.517830CIDU
22Codesido Sanchez, DanielESP4,5414.013.512.518150CIDU
33Pena Barbeito, RodrigoESP4,0413.512.011.518090MAGIC
45Rodriguez Castineiras, JesusESP4,0315.013.013.517820XDM
56Lopez Robles, Rodrigo JulioESP3,0316.012.014.517710SIGRAS
619Queijeiro Grueiro, IanESP3,0313.59.011.500MIRKO
71Sanchez Bardanca, AlbertoESP3,0313.09.011.518370MIRKO
818Lopez Vazquez, GonzaloESP2,5214.58.513.000CIDU
97Buedo Fernandez, SebastianESP2,5212.57.512.016990MIRKO
108Andion Fernandez, Jose ManuelESP2,5211.57.510.516540CIDU
119Troiteiro Arenas, RubenESP2,5211.06.59.516460CIDU
1217Lin, RuowanESP2,0213.57.012.000SIGRAS
1312Sanchez Torreiro, OliverESP2,0211.55.011.014850MIRKO
1414Esparrogo Roson, PabloESP2,0211.55.010.500CIDU
1511Fernandez Canon, VictorESP2,0210.55.010.015190MIRKO
1610Troiteiro Iglesias, Francisco JaESP2,0210.05.09.515630CIDU
1715Franco Perez, FrancoESP2,028.53.08.000CIDU
1813Bravo Blazquez, Jose RomanESP1,0112.54.011.000CASINO
1916Garcia Rodriguez, RupertoESP1,019.03.08.000XDM

06/05/24

Terceiros no provincial

O pasado sábado o noso equipo CIDU-Infantil competiu na fase final do programa de xadrez escolar Xogade.

Un equipo formado polos mesmos catro xogadores dende a fase local; Gonzalo do Calasanz, Franco do Rafael Dieste e os irmáns Sergio e Adrián do FESD-Santo Domingo.

Un terceiro posto que non está nada mal tendo en conta cos maiores do equipo empezaron a competir no xadrez hai menos dun ano e que os outros dous son de primeiro ano da categoría e ascendido da categoría inferior, polo que aínda poderá participar nesta proba dous anos mais.

Ademais o terceiro posto foi empatado a puntos co segundo e a só medio punto do primeiros, que mostra a gran rivalidade existente nesta categoría superior do xadrez escolar.

Adeamais o noso conxunto foi o único equipo da cidade da Coruña que logrou clasificarse para esta fase final.

Para o vindeiro curso agardamos presentar mais equipos como CIDU e no inicio do curso xa comentaremos as distintas opcións para preparar os escolares.

En calquera caso noraboa para os nosos catro xogadores por este resultado.

05/05/24

TORNEO DO DIA DAS LETRAS GALEGAS

Seguimos cos torneos do noso aniversario neste 2024 no que chegamos aos 30 anos o pasado 1 de maio. Tras celebrar o primeiro dos torneos a ritmo rápido imos agora con outro a ritmo lóstrego.

Aproveitamos para crear un novo torneo que agardamos vaia a ser fixo no noso calendario; o Torneo do Día das Letras Galegas.

Para a actividade imos contar co apoio da nosa entidade matriz; a asociación de estudantes da UDC INCUDE e realizaremos o torneo na súa sé no Centro Universitario de Riazoror. Igoalmenmte agardamos contar coa axuda anual da Deputación da Coruña. A todos eles expresarlles o noso maior agradecemento.

BASES DO TORNEO ADIA DAS LETRAS GALEGAS.

DATA: 
Venres 17 de maio de 2024.

LOCAL DE XOGO:
Centro Universitario de Riazor.
Almirante Lángara s.n.

HORARIO:
Presentación: 16,45-16,55
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,15
3ª Rolda: 17,30
4ª Rolda: 17,45
5ª Rolda: 18,00
Entrega de trofeos estimada: 18,30.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a cinco roldas.
Válido para ELO FIDE
O ritmo será de 5' + 3''
Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais.

DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.

XOGADORES E CATEGORÍAS:
Poderán participar calquera xadrecista que teña licencia federativa en vigor. 
Todos os xogadores formarán unha única categoría.
Por ser un torneo a cinco roldas cumpriremos co máximo recomendado de 32 xogadores.

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros clasificados.
Libro e pequeno agasallo para todos os asistentes.
Para a entrega dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIONS
Como xa indicamos no primeiro dos torneos, nos torneos de maio teremos unha pequena cota, mentres que os xa programados para xuño e xullo serán de balde.
A participación neste torneo será de 5 euros. 
A data tope para anotarse será o 16 de maio.
Os xogadores participantes terán preferencia na inscrición dos demais torneos do Aniversario.
A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:


OUTROS TORNEOS DO ANIVERSARIO
En 2024 seguiremos coa liña de ampliar os torneos do aniversario, os participantes en cada torneo contarán para unha proba combinada.
Outros torneos previstos actualmente e que agardamos duplicar:
TORNEO ODEÓN (Narón). 29 de xuño. Válido para ELO FIDE en ritmo lóstrego.
TORNEO ASALTO AO CASTELO (Vimianzo). 6 de xullo. Válido para ELO FIDE en ritmo lóstrego.
TORNEO EN CARIÑO. 13 de xullo. Torneo por categorías.

CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

02/05/24

Resultados Torneo Día 1

Este mércores tivemos o primeiro dos nosos torneos do Aniversario.
Para este ano a nosa idea é facer mais torneos que outros anos pero mais pequenos en canto a participación.
Só manteremos a final de ano o Torneo de Outono como torneo no que buscaremos maior participación.
En canto á participación dos nosos xogadores, os mellores resultados foron en absoluta o terceiro posto, en Sub14 o primeiro posto, en Sub12 o quinto posto, en Sub10 non tíñamos representación e en Sub8 tamén primeiros.
O próximo Torneo de Aniversario será o Día das Letras Galegas, o Día 17, lembra que o formulario de participación é o mesmo:


A clasificación final do Grupo Absoluto e Sub14 foi a seguinte:

  1    JORGE RODRIGUEZ GUILLEN,    ABS  2134     4.5            4 16.0   14.0    10.0
  2    MARCOS MARTINEZ,            ABS  1853     4.5            3 16.0   14.0     9.0
  3    IAGO SOTO,                  ABS  1756     4              4 11.5   11.0     6.0
  4    DANIEL CODESIDO,            ABS  1781     3              3 15.0   10.0     9.0
  5    ALBERTO SANCHEZ,            ABS  1762     3              3 14.5   11.0     8.5
  6    JOSE ANGEL RODRIGUEZ,      ABS  1762     3              3 14.0   10.0     8.5
  7    ALAN FLOYD,                ABS          2.5            2 11.5    7.5     7.5
  8    GONZALO LOPEZ,              S14  1632     2.5            2   9.5    6.0     5.5
  9    JUAN PEDRO MARTINEZ NALDA, ABS  1641     2.5            1   8.5    6.0     5.0
  10  RODRIGO LOPEZ,              ABS  1708     2              2 13.0    7.0     8.0
  11  ADRIAN MARTINEZ,            ABS  1639     2              2 13.0    7.0     7.5
  12  FRANCO FRANCO,              S14          2              1 11.0    6.0     7.0
  13  RUOWAN LIN,                ABS  1503     2              1   9.0    4.0     5.0
  14  GABRIEL DEL RIO,            S14  1446     1.5            0 12.5    2.5     7.5
  15  FELIX GARCIA,              ABS          1              1 13.5    5.0     7.5
  16  JULIO CAÑÁS,                ABS  1491     1              1 10.0    2.0     6.0
 


A clasificación do Grupo Sub12, Sub10 e Sub8 foi a seguinte:

  1    OLIVER SANCHEZ,    S12  1498     4.5            4 16.5   13.0    10.0
  2    MAR RODRIGUEZ,    S10  1406     4              4 11.5   11.0     6.5
  3    MARCO MARCOTE,    S12  1540     3.5            3 17.5   12.5    10.5
  4    ZOE RODRIGUEZ,    S12  1481     3.5            3 14.0   11.5     8.0
  5    ANTON CASTRO,      S12          3.5            3 12.0   10.0     6.5
  6    XOAN SANDE,        S12  1446     3              3 14.5   12.0    10.0
  7    XABIER CAÑÁS,      S12  1524     3              3 13.0    8.0     7.0
  8    JOAQUIN DEL RIO,  S10          3              3 12.0    9.0     6.5
  9    ENZO RODRIGUEZ,    S12          2.5            2   8.5    6.0     5.0
  10  DARIO TRILLO,      S12          2.5            2   8.0    5.0     4.0
  11  NUNO MORO,        S8            2              2 12.5    8.0     7.5
  12  PABLO CASTELEIRO, S8            2              1 14.5    7.0     8.5
  13  JORGE ABELLAN,    S8            2              1 13.5    5.0     8.0
  14  VICTOR MENDEZ,    S12          2              0 14.0    6.5     8.5
  15  LUCAS RODRIGUEZ,  S10          2              0 13.5    4.5     8.0
  16  ALEX ESPERON,      S12          1              1 11.5    4.0     7.5
  17  KATIA ABELLAN,    S12          1              0 11.5    2.0     7.5

OUTROS TORNEOS DO ANIVERSARIO
En 2024 seguiremos coa liña de ampliar os torneos do aniversario, os participantes en cada torneo contarán para unha proba combinada.
Outros torneos previstos actualmente:
TORNEO DIA DAS LETRAS GALEGAS. 17 de maio. Válido para ELO FIDE en ritmo lóstrego.
TORNEO ODEÓN (Narón). 29 de xuño. Válido para ELO FIDE en ritmo lóstrego.
TORNEO ASALTO AO CASTELO (Vimianzo). 6 de xullo. Válido para ELO FIDE en ritmo lóstrego.
TORNEO EN CARIÑO. 13 de xullo. Torneo por categorías.

01/05/24

1994-2024

Hoxe un de maio o noso club cumple trinta anos de existencia.

Teremos un torneo por categorías no Sporting Club Casino.

Se aínda estás interesado en participar anótate no formulario que aparece na nova desta actividade na nosa web.