28/09/23

Resultados do Torneo en Ferrol

Hai unha semana aproveitando a actividade da Xornada de Benvida realizamos un torneo no Campus de Ferrol. Para ser unha actividade convocada con poucas horas estamos moi contentos da participación e das ganas da xente de facer cousas.

A nosa idea é que algún dos torneos universitarios desenvólvase en Ferrol, sexa o de rápidas ou o lóstrego.

Nos próximos días agardamos ter algunha proposta en firme para o Campus (e non só de xadrez).

Resultado do torneo:

1 Andrés Vázquez  5 puntos 
2 Alvaro de la Puente 4 puntos
3 Erick Estrada 3 puntos
4 José Andrés Pardo 3 puntos  
5 José Baamonde González 3 puntos 
6 Celestino Gutiérrez 2 puntos
7 Daniel Mariño 2 puntos
8 Alfonso Alba Maestre 1,5 puntos
9 Alvaro Ordiales 1 punto
10 Bruno Somoza 0,5 puntos

Fixo de árbitro o presidente do CIDU, Daniel Codesido.

21/09/23

Xornada de Benvida

Hoxe celebamos a Xornada de Benvida do Curso 2023-2024.

O noso obxectivo principal vai ser dar a coñecer a nosa entidade e como obxectivos secundarios promocionar as actividades inmediatas de Iniciativa Xove e buscar novos xogadores de xadrez especialmente no Campus de Ferrol, xa que agora tem
os xente por ali estudando.

Campus da Coruña 
Horario: De 12:00h - 14:30h e de 15:30h a 18:00h. 
Lugar: Estadio Universitario – Campus de Elviña. 

Campus de Ferrol.
Horario: 11:00h a 14:00h.
Lugar: Polideportivo de Esteiro.
Imos facer un amigable de xadrez ás 19,30 en Traballo – Aula 4.2

16/09/23

Terceiros!

A fin de semana estivo protagonizada pola vizaxe dos nosos rapaces do Calasanz a Alcalá de Henares, para participar na fase final do MasterChess.

O euipo formado por Rubén Troiteiro, Pablo Iglesias, Carlos Pardo e Nico Vigo lograron o terceiro posto, por detrás do Gredos de Alcalá que xogaba na casa e do La Salle de Alfaro.

Unha primeira participación nesta proba por colexios que reforzaremos nos próximos cursos.

08/09/23

Hoxe remata o XXXIII Universitario

Hoxe temos a derradeira rolda do Torneo Universitario que se disputa conxuntamente coa Copa González March no Sporting Club Casino.

Tras a victoria de onte de Anxo Carreira sobre Roque Bouza a clasificación dos membros da UDC é a seguinte:

1. Anxo Carreira
2. Roque Bouza
3. Hugo Herrador
4. Jaime Arangüena
5. Erick Estrada
6. Luis Medina

Hoxe temos un torneo lóstrego na mesma sala de xogo ás 17,30 previo á rolda das 19,00.

18/08/23

PROXIMAS ACTIVIDADES

Nos próximas datas temos algunhas actuacións nas que podes participar.

Domingo 20 de agosto. Xogos en Vimianzo.

Volvemos a Vimianzo a fomentar os xogos de mesa e o xadrez.

Sairemos do CUR ás 10,30. Toda a info en: www.asombrate.es

Xa en setembro temos o Torneo Universitario aproveitando a Copa González March.

Será do luns 4 de setembro ao venres 8 de setembro ás 19,00

A información en: https://www.xadrezuniversitario.org/2023/08/xxxiii-torneo-universitario.html

16/08/23

XXXIII TORNEO UNIVERSITARIO

Do curso 2022-2023 queda por celebrar o torneo de lentas e imos facelo conxuntamente coa Copa González March que organiza o Sporting Club Casino.

BASES COPA GONZALEZ MARCH 2023 - XXXIII TORNEO UNIVERSITARIO

Organizan: Sporting Club Casino e INCUDE.

Datas: Do luns 4 ao venres 8 de setembro de 2023.

Horario de xogo: O primeiro día a presentación será ás 18,30. Horario das partidas: 19,00 horas.

Local de xogo: Sporting Club Casino. Real 83 – A Coruña. 

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas 

ELO: O torneo será válido para ELO standard.

Ritmo de xogo: 60´+ 30” 

Horario de clausura: Venres 8 de setembro as 21,30 horas aproximadamente. 

Emparellamentos: Serán realizados polo programa VEGA. 

Participación: 

1. Será necesario contar con licenza federativa en vigor.

2. Haberá un máximo de 32 participantes.

3. Reservado a xogadores con ELO inferior a 2200.

Inscricións:

A cota será de 10 euros. 

Os alumnos da UDC xogadores do CIDU terán bonificada a cota nun 50%.

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:

PREME

O prazo permanecerá aberto ata o 31 de agosto ou ata que se complete o aforo previsto.

O pago realizarase durante a primeira xornada de xogo.

Desempates: a sortear tras a derradeira rolda entre criterios escollidos na primeira rolda. 

Premios: 

1º posto: Trofeo e 90 euros.

2º posto: Trofeo e 65 euros.

3º posto: Trofeo e 40 euros.

4º posto: 20 euros.

1º clasificado socio do Sporting Club Casino: 20 euros.

1º clasificado da Universidade da Coruña: Trofeo.

Todos os participantes recibirán unha taza cun motivo de xadrez como agasallo.

E obrigatoria a presencia na clausura para recoller o premio. 

Director do torneo: Ernesto Pérez Ramil.

Árbitro do Torneo: Francisco Javier García Veiras.

Comité de Competición: As decisións arbitrais tomadas polo árbitro principal ou polo director do torneo como auxiliar poderán ser reclamadas ante o Comité de Competición formado polo director, o árbitro e tres xogadores escollidos por sorteo, dos cales un será membro do equipo federado do Sporting Club Casino.

Actividades complementarias: A organización marcará diversas actividades para as horas previas en cada unha das roldas.

Aspectos varios:

A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización para publicar datos persoais e/ou fotografías nos diversos medios de difusión e comunicación que a organización considere oportunos para a mellor divulgación do torneo e dos seus resultados.

Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE. 

En caso de xogadores que se inscriban e non asistan ou ben abandoen o torneo a organización vetará a súa participación en calquera outro torneo organizado polas entidades convocantes nos próximos dous anos.

A organización reservase o dereito de admisión e o dereito a modificar as bases do torneo sen outro requisito que a súa publicación na web.

27/07/23

Actividade Fin de semana

Este venres estaremos montando cousas polo CUR, para o desprazamento a Monforte do sábado. 

Aproveitando o programa de Iniciativa Universitaria (ver web www.asombrate.es) imos facer un circuíto de "Xadrez e Patrimonio" nos seis espazos onde se desenvolverá esta acción.

A primeira cita o sábado 29 ás 17,00 no Pazo de Tor. Se queres podes acudir con nos en bus que sae ás 10,00 simplemente anotando en incude@udc.es


25/07/23

SABADO 29 PAZO DE TOR

O próximo sábado teremos a xa tradicional Tarde de Xadrez no Pazo de Tor.

Como sabedes en 2019 iniciamos unha actividade neste espazo, non tan coñecido como se debería, combinando xadrez e visitas especiais.

Nos anos que levamos celebrando esta tarde tivemos ocasión de disputar as partidas en salas distintas.

Este ano a actividade vai estar enmarcada dentro do programa "Iniciativa Universitaria" apoiado pola Dirección Xeral de Xuventude.

Teremos dúas actividades:

16,00 - 17,00: Torneo de Damas.

17,00 - 18,00: Torneo de Xadrez.

Serán torneos suizos a cinco roldas, para pasar un rato agradable neste espazo. Como premios teremos unhas tazas nas que se reproduce algunhas das pezas que aparecen na imaxe que ilustra a páxina.

Como actividades complementarias teremos dúas accións:

A visita ao pazo (coas interesantes pezas e taboleiros de xadrez)

A creación do club de xadrez Savilemos.

Pero ademais pola mañán estaremos no Campo dos Condes dende as 12,00 ás 15,00 animando a disputar distintos xogos de taboleiro.

Se queres participar simplemente escríbenos a incude@udc.es 

30/06/23

Xadrez en Vimianzo

O mes de xullo que comeza este sábado chega un ano mais para nos coa colaboración nas actividades do Asalto ao Castelo en Vimianzo. Este curso ademais tivemos un xogador no equipo de xadrez que vive por aló, así que todo perfecto para incrementar as nosas actividades naqueles lugares.

No referente ao xadrez aquí tes as actividades:

11:20: Torneo presencial de xadrez.

Torneo suizo, cinco roldas e a ritmo de cinco minutos. O mellor recibirá un trofeo.

Será na praza do Concello.

16:00: Torneo de Xadrez Online

Segundo ano que realizamos este torneo de partidas a 3 + 2 en modalidade area, dunha hora de duración.

En lichess.org, aberto a todos os interesados: ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO Arena #t7Clwq3z • lichess.org

Os participantes nas actividades presenciais recibirán tamén un libro de agasallo. 

Se non coñecedes o Asalto, botádelle un ollo á programación e preparar a excursión.

Info: https://www.asaltoaocastelo.gal/programacion/

28/06/23

TORNEO DE SAN PEDRO

Hoxe mércores temos o torneo amigable das fogueiras de San Pedro.

Temos un pequeno trofeo para o vencedor.

Será ás 20,00 no Centro Comercial Los Rosales.

Partidas a cinco minutos.

O nome do torneo recolle a vella tradición de facer lumes nesta noite, que aínda teñen lugar en diferentes localidade do país como en Ribadeo, Bueu ou a Comarca do Val Miñor.

Era a Festa do Lume Vello, ao tirar neste día a borralla da lareira e de limpar esta área do fogar prendendo un lume novo, a xeito de renovación. A celebración, moi vencellada aos ritos de San Xoán, inclúe tamén a recollida de herbas aromáticas. 

23/06/23

Actividades do verán

A fin de semana será tranquila. Hoxe a pouca distancia da nosa sé celebrarase a noite mais espectacular do ano así que pasádeo ben no San Xoan.

A data ten moitos ditos, pero queremos lembrar este para os nosos xogadores:

A noite de san Xoán, pasaralo ben, e o día seguinte, mal.

En calquera caso, imos con outros datos, queremos dar as grazas ao Servizo Municipal de Deportes que na lista provicional de concesións axudará ao CIDU para disputar a Liga e para organizar o Torneo de Outono. Ambas accións xa veñen sendo axudadas dende hai anos, pero este ano o Torneo de Outono forma parte do Circuito de Xadrez Promoción da FEGAXA, así que agardamos ter un gran torneo como o do pasado 1 de maio.

Por outra banda este espazo na web cumpriu hai uns meses 15 anos e hoxe publicamos con esta a entrada 1.000 e temos a día de hoxe mais de 300.000 visitantes. 

E por último AGAX ven de publicar as distintas actividades do verán, nas que aínda faltan algunhas das nosas.

Visita a ligazón, porqué xa comezan este luns!

https://www.xogandocoxadrez.eu/2023/06/rematado-o-curso-hai-varias-actividades.html

19/06/23

Gañadores do Torneo de Colexios

O sábado mentras o equipo dos maiores quedaba terceiro na Liga das Mariñas, mandabamos tamén un equipo ao torneo de Colexios que se celebraba no Centro Comercial Vialia, en Vigo.

O torneo tivo menos participación do agardado ao coincidir cun torneo en Nigrán do circuito Promoción pero en calquera caso o resultado foi que Calasanz quedou primeiro e isto permitiría ao equipo participar na fase final en Alacalá de Henares en setembro xunto a outros cinco representantes de distintas fases celebradas noutros puntos de España.

Noraboa a Ruben, Pablo, Carlos e  Nico que xogando nesta orde lograron unha boa pocentaxe dos puntos en xogo.



15/06/23

PRÓXIMAS ACTIVIDADES

ACTIVIDADES DE XADREZ

VENRES 16 DE XUÑO
20,30 - 21,30: TORNEO NO CENTRO UNIVERSITARIO DE RIAZOR.
Aberto a membros da Comunidade Universitaria, xogadores do CIDU e rapaces nacidos en 2009 ou seguintes (haberá trofeo para os tres mellores destes últimos).

SÁBADO 17 DE XUÑO
17,00: Un equipo do Colexio Calasanz competirá en Vigo no Torneo de Colexios organizado no Centro Comercial Vialia.
17,00: Un equipo do CIDU tomará parte na Liga das Mariñas a celebrar en Vila Concepción.

DOMINGO 18 DE XUÑO
11,00: Día do Deporte na Rúa. O xadrez estará na Praza de Portugal.

ACTIVIDADES DIVERSAS

MERCORES 21 DE XUÑO
13,00: Visita a exposición de Pablo Picasso no Museo de Belas Artes da Coruña. 
Para todos os interesados. Mais info en:

SÁBADO 1 DE XULLO
Participación nas actividades do Asalto ao Castelo de Vimianzo

SABADO 29 DE XULLO
Visita ao Pazo de Tor (Monforte de Lemos)

14/06/23

Rematando o curso. Proba Sub14.

A pasada fin de semana celebrouse no CC Los Rosales o Torneo de Primavera. Ademais da vitoria en blitz e segundo posto en rápidas de Iago Soto hai que destacar o terceiro posto de Victor Méndez en sub12. Varios xogadores da nosa actividade en Pardo Bazán participaron na proba, aos que vemos na foto.

O vindeiro venres realizaremos unha xornada de peche de actividades. Atentos ao que publiquemos nesta web.

13/06/23

Iago Soto campión do torneo lóstrego

Iago Soto, xogador do noso club de xadrez e alumno de camiños foi o campión do Torneo Lóstrego de Primavera e do XXXI Torneo Universitario desta modalidade de partidas a cinco minutos.

O segundo posto foi para o profesor da UDC José Manuel Andión.

Lembramos que o venres teremos a última proba do Circuito de Primavera.

07/06/23

TORNEO UNIVERSITARIO LOSTREGO

A piques de rematar o curso convocamos para este venres 9 o XXXI Torneo Universitario de Xadrez Lóstrego.

Será unha proba simultánea co Torneo de Rápidas a celebrar no Centro Comercial Los Rosales.

Hora de inicio: 20,15 (duración aproximada de unha hora).

O primeiro clasificado da Comunidade Universitaria recibirá o trofeo acreditativo do primeiro posto desta edición. Os cinco primeiros contarán para o Circuito de Xadrez de Primavera que vimos desenvolvendo nas últimas semanas

Para anotarse visita o formulario PREME e anotate no torneo do venres. Caso de non estar federado pon UDC. 

02/06/23

Venres no CUR

Hoxe venres un novo día de xadrez no CUR dende 19,30 a 21,30 aprox.

Teremos para os membros da comunidade universitaria e socios do CIDU o quinto circuito do Torneo de Primavera ás 20,30.

Para a próxima semana o torneo traslarase ao Centro Comercial Los Rosales, onde o día 10 terá lugar o Torneo de Primavera.

30/05/23

Resultados Torneo AAVV Rosales

O pasado sábado a Asociación de Veciños de Los Rosales organizou un pequeno torneo no Centro Cívico e a nosa entidade colaborou coa organizacións.

Ista foi a clasificación:

 1    DAVID PEREZ CUNS,    
  2    ROBERTO BLANDON,           
  3    HUGO JIN LOPEZ,           
  4    GONZALO LOPEZ,             
  5    VICTOR MENDEZ,          
  6    VICTOR FLORIDO,     
  7    YAGO MARTINEZ,       
  8    SIMON FREIRE,             
  9    ROQUE MOSQUERA,     
  10  SANTIAGO RODRIGUEZ, 
  11 NUNO MORO,
  12 JOSE ANTONIO FREIRE, 
  13 GAEL LAMAS, 

Lembramos que o sábado 10 terá lugar o Torneo de Primavera no Centro Comercial Los Rosales.

26/05/23

Última fin de semana de maio

Hoxe venres temos un torneo do Circuito de Primavera. Para todos os membros da comunidade universitaria e socios do CIDU. Estaremos dende as 19,30 no CUR e o torneo será as 20,30.

O sábado pola mañán as 11,00 celébrase un torneo amigable da AAVV dos Rosales, dentro do programa das súas festas de barrio, será ao lado do Centro Cívico.


19/05/23

Última xornada de Liga

Chegamos por fin ao remate da Liga Galega de Xadrez.

Lembramos que hoxe venres temos actividade dende as 19,30 no CUR.

A última xornada de Liga levará ao equipo CIDU - UNIVERSIDADE á casa do Air Hostess.

12/05/23

Fin de semana

Hoxe ás 20,30 retomaremos o Circuito de Primavera, so para estudantes da UDC, resto da comunidade universitaria e xogadores do CIDU.

Será a terceira rolda deste circuito previsto para 6.

Rematadas as competicións dos equipos dos rapaces este sábado o CIDU-UDC recibe na casa ao Air-Hostess, quedan só dúas xornadas para rematar a Liga e despois virá a Copa Galicia e os campionatos individuais de rápidas.

Este ano queremos organizar un verán intenso con distintas actividades. Agardamos nos oróximos días ter xa información definitiva, para os que xa preguntaron por dúas accións que xa se convertiron en tradicionais da nosa entidade; o sábado 1 de xullo estaremos no Asalto ao Castelo de Vimianzo e o 29 de xullo celebraremos a tarde de xadrez no Pazo de Tor (Monforte de Lemos). 

Antes teremos moitas actividades que agardamos concretar esta fin de semana ou nos primeiros días da próxima.


09/05/23

Remataron os equipos de rapaces

Acabou a Liga para os dous equipos da Escola e quedan ainda dúas xornadas mais para o CIDU - UNIVERSIDADE.

Os nosos equipos remataron con 15,5 e 6,5 puntos (terían sido 10,5 de non ter a incomparecencia co Xiria). O vencedor no grupo foi Clubexa.

Nas próximas semanas haberá que decidir si participar na Copa Galicia, no Campionato Galego de Rápidas ou en torneos por colexios.

A ver que se vai decindo estes días.

05/05/23

Fin de semana do Día da Nai

Actividade desta Fin de semana.

Venres 5 de maio

Os socios do CIDU teñen a opción de pasar hoxe polo CUR, pero como celébrase a Cea do Deporte non haberá xornada do Circuito de promoción, xa que algúns terán que estar ás 20,30 no Pazo dos Deportes.

Sábado 6 de maio

Día da ciencia na Rúa dende 11,00 a 19,00

17,00: Liga Galega de Xadrez

O CIDU - UDC ten que ir a Lugo a xogar e o CIDU Calasanz xogará nas instalacións do Casino.

A información en www.xogandocoxadrez.eu

Domingo 7 de maio

Hai un torneo online para celebrar o Día da Nai. Serás 20,00. Información en www.xogandocoxadrez.eu


02/05/23

Resumen Torneo Aniversario

Os Torneos do Aniversario tiveron moita mais aceptación do agardado.

Para o futuro tentaremos modificar os sistemas de inscrición e posiblemente establecer maiores límites de participación ou separar o torneo absoluto. Xa veremos de aquí a un ano cando celebremos o nos 30º aniversario.

Un resume rápido sería o seguinte:


Categoría absoluta.

Disputábase fora do Circuito promoción e englobando o XXXI Torneo Universitario de Rápidas e o Torneo Senior da UDC.

O primeiro clasificado foi Fernando Casares. que xa resultara gañador no torneo do aniversario en 2022.

O segundo posto foi para Anxo Carreira, directivo de INCUDE, que tamén levou o trofeo do XXXI Torneo Universitario. Destacar que no acto de entrega estivo a vicerreitora de estudantes María José Lombardía.

Terceira praza para Alberto Sánchez Bardanca.

O Trofeo para o mellor senior foi para Matías González-Chas no posto 5º

Participaron 53 xogadores. 

Ligazón en info64: https://info64.org/torneo-aniversario-cidu-1/standings








Categoría Sub14

A categoría menos concurrida, como ven sendo habitual. O suizo previsto inicialmente tivo que ser modificado a un pechado round robin

Moi boa loita de Iago Fernandez e Noel Casares empatados a 5,5. O desempate favoreceu a Iago e o terceiro posto foi para Hugo Rivero.

Participaron 7 xogadores

Ligazón en info64: https://info64.org/torneo-aniversario-cidu-sub14-round-robin/standings



Categoría sub12

O primeiro posto foi para Luis Barreiro, seguido de Brais Vázquez e Oliver Sánchez.


Participaron 36 xogadores

Ligazón en info64: https://info64.org/torneo-aniversario-sub12/standings





Categoría sub10

Javier Lema levou o título nesta categoría, seguido de Marcos Iglesias e Xoel Roo.

Participaron tamén 36 xogadores

Ligazón en info64: https://info64.org/torneo-aniversario-sub10/standings






Categoría sub8

Na categoría dos mais pequenos Mateo Rey foi o primeiro clasificado seguido de Telmo Vicente e Hugo Boquete.

Participaron 30 xogadores

Ligazón en info64: https://info64.org/torneo-aniversario-cidu-sub8/standings






Ao final foron 162 os xogadores destas probas, e quedaron fora algúns na categoría absoluta.

Aproveitamos a ocasión para facerlle entrega a Yago Martínez e Sergio Fernández dos trofeos como primeiros clasificados nos torneos escolares representando ao noso club.

Como ben sabedes o ano pasado iniciamos unha serie de torneos chamados do aniversario e nos próximos meses teremos algunhas actividades mais fora da nosa cidade.

Ademais premiaremos aos mellores nesta serie de torneos.

Seguide a nosa web para coñecer estes eventos.


28/04/23

GRAZAS. 170 anotados!

Dar as grazas pola boa acollida que tiveron estes Torneos do Aniversario que celebramos con certa normalidade despois dos atrancos dos anos pasados coa COVID.

A falta dalgún xogador mais da Universidade que poida anotarse por outras vías e pechada xa as inscricións con lista de espera na categoría absoluta, 116 xadrecistas das categorías sub8, sub10, sub12 e sub14 e 54 da categoría absoluta xuntan 170 xogadores.

Coas listas publicadas en info64 se hai algun erro ou baixa agradecemos que nos indiquen no correo cidu@xadrezuniversitario.org

Torneo Aniversario - Circuito Promoción

Categoría sub8: 30 anotados

Categoría sub10: 38 anotados

Categoría sub12: 39 anotados

Categoría sub14: 9 anotados

Torneo na categoría absoluta - XXXI Torneo de Rápidas da UDC

Categoría Absoluta: 54 anotados

26/04/23

TORNEOS DO ANIVERSARIO. INFORMACION ACTUALIZADA.

Xa pasamos claramente dos 100 anotados nos distontos Torneos Aniversario do vindeiro día 1 de maio no Sporting Club Casino.

Un resume das distintas ligazóns.

Torneo Aniversario - Circuito Promoción



Torneo na categoría absoluta - XXXI Torneo de Rápidas da UDC


25/04/23

XXXI TORNEO UNIVERSITARIO ACTIVO

O día 1 de maio coincidindo co torneo promoción do aniversario do CIDU celebraremos o torneo universitario a ritmo rápido, que chega a súa 31ª edición.

Será un torneo aberto a calquera interesado que organizamos dende CIDU e INCUDE no Sporting Club Casino que nos deixará empregar as súas instalacións unha vez mais. 

HORARIO:
Presentación: 11,00 - 11,20
1ª Rolda: 11,30
2ª Rolda: 12,30
3ª Rolda: 13,30
4ª Rolda: 17,00
5ª Rolda: 18,00
6ª Rolda: 19,00
Entrega de trofeos estimada: 20,00 a 20,30.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a seis roldas.
O ritmo será de 15' + 3''
Os xogadores poden solicitar non ser emparellados sempre que o fagan ao inicio da rolda anterior.

ARBITRAXE E DIRECCION DO TORNEO:
Aplicarase o regulamento de partidas disputadas sen a supervisión axeitadas. Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais.

XOGADORES:
Poderá participar calquera xadrecista que teña licencia federativa en vigor ou que sexa alumno da UDC. 

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros. 
Trofeo para o mellor membro da UDC. 
Trofeo para o mellor senior (Nado en 1963 ou anteriores).

Haberá un pequeno libro de INCUDE para todos os participantes que finalicen o torneo. 

Para a entrega dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIONS
A participación no torneo é gratuíta. 
O máximo de participantes por categoría será de 50.
A data tope para anotarse será o xoves 27 de abril.
Na inscrición os xogadores universitarios non federados colocarán como club UDC.
A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico.:


CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

24/04/23

Fin de semana pasada

Na Liga Galega fin de semana complicada. O CIDU Calasanz-Rosales non pido presentarse contra o Xiria, bo resultado do CIDU Escola na súa visita a Baio. 

O equipo dos maiores lograba un punto contra o lider do grupo.

No Circuito de Primavera os primeiros foron Dani Codesido, Ernesto Pérez, José M. Andion e Pablo E.

Lembraros que temos a próximo fin de semana o Torneo Aniversario, que xa vai por 100 inscritos. 

20/04/23

Actividade na Fin de semana

Para esta fin de semana temos as seguintes accións:

Venres 21
Circuíto de Primavera.
Ás 20,00 no Centro Universitario de Riazor. Para alumnos, pas e PDI da Universidade da Coruña e membros do CIDU e da Escola de Xadrez de INCUDE. Segundo torneo do circuito.

Sábado 22
Liga Galega. Rolda 7

O equipo dos maiores xoga na casa, pero os outros dous equipos teñen desprazamentos; a Baio e a Carballo.

CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - CLUB XADREZ ARTEIXO A

CLUB XADREZ O TOQUE XIRIA CARBALLO C - CIDU CALASANZ - ROSALES

CLUB XADREZ IRINDO - CIDU ESCOLA INCUDE

Lembramos que o día 1 teremos o Torneo Aniversario... Apuntaros canto antes!


18/04/23

Torneo Absoluto - XXXI TORNEO UNIVERSITARIO ACTIVO

O día 1 de maio coincidindo co torneo promoción celebraremos un torneo absoluto

Se estás interesado no torneo promoción para xadrecistas sub14 PREME AQUI

Para o torneo imos contar co apoio da nosa entidade matriz; a asociación de estudantes da UDC INCUDE e tamén do Sporting Club Casino que nos deixará empregar as súas instalacións unha vez mais. Igoalmenmte agardamos contar coa axuda anual da Deputación da Coruña. A todos eles expresarlles o noso maior agradecemento.

BASES DO TORNEO ABSOLUTO DO ANIVERSARIO.

DATA: 
Luns 1 de maio de 2023.

LOCAL DE XOGO:
Salóns da 1ª Planta do Sporting Club Casino.
Rúa Real 83 - A Coruña
Os pais permanecerán na planta baixa salvo nos inicios de cada rolda.

HORARIO:
Presentación: 11,00 - 11,20
1ª Rolda: 11,30
2ª Rolda: 12,30
3ª Rolda: 13,30
4ª Rolda: 17,00
5ª Rolda: 18,00
6ª Rolda: 19,00
Entrega de trofeos estimada: 20,00 a 20,30.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a seis roldas.
O ritmo será de 15' + 3''
O emparellamento realizarase polo sistema VEGA. Non é válido para ELO.
Os xogadores poden solicitar non ser emparellados sempre que o fagan ao inicio da rolda anterior.

ARBITRAXE E DIRECCION DO TORNEO:
O director do torneo será o presidente do CIDU, Daniel Codesido e o árbitro principal Ernesto Pérez, do Sporting Club Casino.
Aplicarase o regulamento de partidas disputadas sen a supervisión axeitadas. Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais.

DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.

XOGADORES E CATEGORIAS:
Poderá participar calquera xadrecista que teña licencia federativa en vigor. 
Os participantes sub14 disputarán o Torneo Promoción (preme nesta ligazón)  
Os nados en 2008 ou anteriores disputraán este torneo cos seguintes

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros. 
Trofeo para o mellor membro da UDC. 
Trofeo para o mellor senior (Nado en 1963 ou anteriores).

Haberá un pequeno libro de INCUDE para todos os participantes que finalicen o torneo. 

Para a entrega dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIONS
A participación no torneo é gratuíta. 
O máximo de participantes por categoría será de 50.
26 de abril: Cubertas as 50 prazas.
A data tope para anotarse será o xoves 27 de abril.

CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

17/04/23

Resultados da Fin de semana

Circuito de Primavera

1º Ernesto Pérez
2º Iago Soto
3º José Manuel Andión

Liga Galega de Xadrez
Derrotas dos nosos tres equipos, pola mínima para os maiores e moi abultadas (0,5-3,5 a Escola e 0-4 o Calasanz Rosales).
En calquera caso todos os equipos na metade da táboa.

14/04/23

Circuito de Primavera

Dentro das actividades anuais que INCUDE organiza coa Universidade da Coruña temos o Circuito de Primavera. Este ano estas serán as datas de celebración:

Abril: 14 e 21

Maio: 5, 19 e 26

Xuño: 2

As partidas terán lugar estes días ás 20,00 no Centro Universitario de Riazor. Torneos cun ritmo de cinco minutos e a cinco roldas.

A competición está reservada para membros da comunidade universitaria, membros da Escola Universitaria con ficha federativa e xogadores do CIDU.

A cota de participación é de 1 euro por día. O campión de cada xornada levará unha camiseta de agasallo e o campión do circuito un trofeo.

Lembramos que moitos dos xogadores aínda teñen por recoller as tazas de agasallo do ano pasado.


10/04/23

Torneo Aniversario: 1 de maio - CIRCUITO GALEGO

Tras tres anos marcados pola COVID os Torneos de Aniversario recuperan como data de xogo a que se marcou no seu nacemento; o día 1 de maio

Ese mesmo día, pero en 1994, seis universitarios e un profesor promoveron a creación do Club de Iniciativas Deportivas Universitarias

Este ano teremos como principal novidade que o torneo estará dentro do XVI Circuito Promoción da Federación Galega de Xadrez, no tocante as categorías sub8, sub10, sub12 e sub14.

Para a actividade imos contar co apoio da nosa entidade matriz; a asociación de estudantes da UDC INCUDE e tamén do Sporting Club Casino que nos deixará empregar as súas instalacións unha vez mais. Igoalmenmte agardamos contar coa axuda anual da Deputación da Coruña. A todos eles expresarlles o noso maior agradecemento.

BASES DO TORNEO ANIVERSARIO -  CIRCUITO GALEGO DE PROMOCION.

DATA: 
Luns 1 de maio de 2023.

LOCAL DE XOGO:
Salóns da 1ª Planta do Sporting Club Casino.
Rúa Real 83 - A Coruña
Os pais permanecerán na planta baixa salvo nos inicios de cada rolda.

HORARIO:
Presentación: 11,00 - 11,20
1ª Rolda: 11,30
2ª Rolda: 12,30
3ª Rolda: 13,30
4ª Rolda: 17,00
5ª Rolda: 18,00
6ª Rolda: 19,00
Entrega de trofeos estimada: 20,00 a 20,30.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a seis roldas.
O ritmo será de 15' + 3''
O emparellamento realizarase polo sistema VEGA.
Os xogadores poden solicitar non ser emparellados sempre que o fagan ao inicio da rolda anterior.

ARBITRAXE E DIRECCION DO TORNEO:
O director do torneo será o presidente do CIDU, Daniel Codesido e o árbitro principal Ernesto Pérez, do Sporting Club Casino.
Aplicarase o regulamento de partidas disputadas sen a supervisión axeitadas. Nas categorías sub8, sub10, sub12 e sub14 serán necesarias tres xogadas ilegais para a perda da partida. Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais.

DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.

XOGADORES E CATEGORIAS:
Poderán participar calquera xadrecista sub14 teña licencia federativa en vigor. Os participantes do torneo xogarán nas seguintes categorías dacordo a súa idade:

Sub8 ou Prebenxamin. Nados en 2015 ou seguintes.
Sub10 ou Benxamin. Nados en 2013 e 2014.
Sub12 ou Alevín. Nados en 2011 e 2012.
Sub14 ou Infantil. Nados en 2009 e 2010.

As categorías anteriores contarán para o Circuito Promoción da Federación Galega de Xadrez

PREMIOS
Categoria Sub8: Trofeo para os cinco primeiros. Medalla para os postos 6º ao 20º
Categoría Sub10: Trofeo para os cinco primeiros. Medalla para os postos 6º ao 20º
Categoría Sub12: Trofeo para os cinco primeiros. Medalla para os postos 6º ao 20º
Categoría Sub14: Trofeo para os cinco primeiros. Medalla para os postos 6º ao 20º

Haberá un pequeno libro de INCUDE para todos os participantes que finalicen o torneo. 

Para a entrega dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIONS
A participación no torneo é gratuíta. 
O máximo de participantes por categoría será de 50.
(Advertencia 26 de abril. A categoría absoluta xa chegou a 50)
A data tope para anotarse será o xoves 27 de abril.
A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:


CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Nesta mesma web está publicado un torneo amigable absoluto para a mesma data, pensado en parte para os acompañantes que desexen estar entretidos (VER BASES).

Advertencia 2: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

29/03/23

Resultados Escolares

A pasada fin de semana tivemos a segunda rolda dos torneos do programa Xogade da Xunta de Galicia.

En anos anteriores sempre competíamos xunto a outros clubes (Betanzos, Sigrás e Casino) baixo a denominación Xadrez das Mariñas.

Este ano ademais desta cooperación presentamos dous equipos propios no Xogade da Coruña e estes foron os resultados dos equipos nos que tivemos representación.

Xogade Coruña. CIDU Benxamin.

O CIDU dos pequenos liderou o torneo ata a última rolda, á que chegou cunha ventaxe de dous puntos que se evaporou no último momento. En calquera caso moi destacada a actuación do equipo formado por tres xogadores do Calasanz; Alfonso, Antonio e Darío e dous do CEIP Prácticas: Roque e Estevo.

Por equipos o primeiro clasificado foi o TDFC con 18,5 puntos e segundo o CIDU con 17,5.

O terceiro foi o Liceo La Paz con 13 puntos. Importante salientar que o vencedor individual do torneo decidiuse na última partida entre dous xogadores da nosa escola en Calasanz; Xabi e Antonio. Xabi xoga co equipo do seu pai, o TDFC e este punto resultou decisivo. 

Os mellores do noso equipo foron Antonio con 5 puntos que foi 4º e Estevo con 4,5 que foi 6º. O resto do equipo estivo moi ben e obtiveron 4 puntos cada un, nos postos 7º, 8º e 9º. Moi boa actuación do noso equipo que ao ser segundo só podería pasar de rolda por renuncia do TDFC ou por ser o mellor segundo dos distintos grupos.

Actualización: A Xunta confirma o pase do noso equipo Benxamin por ser o segundo do torneo con mais participantes.

Xogade Coruña. CIDU Alevín.

En categoría Alevín o noso equipo estaba formadao por tres xogadores do Dominicos; Sergio, Nico e Adrián e un cuarto do CEIP Pardo Bazán; Yago (casualmente o seu pai é exalumno de Dominicos).

O resultado foi moito mellor do agardado, xa que se participabaMOS con 4 xogadores xustos e calquera baixa ou ausencia deixaríanos fora. Pero Yago e Sergio lograron vencer nas seis parridas que disputaron e Nico con 3,5 e Adrián con 3 puntos lograron xuntar con 18,5 puntos, 2,5 puntos por diante do Franciscanos e 5,5 puntos por diante do Santa María do Mar que foi terceiro.

Yago foi por desempate o primeiro do torneo, Sergio o 2º. Nico fo 13º e Adrián 18ª Por ser primeiros este equipo xa está directamente clasificado á fase comarcal que se disputará a catro taboleiros o sábado 29 de abril en Vila Concepción (Cambre)

Xogade As Mariñas. Categoría Bemxamín.

No equipo dos pequenos tiñamos a un xogador de Pardo Bazán; Antonio e un de Dominicos; Andres. Acompañaban no equipo a xogadores de Casino (Hugo) e Betanzos (Pablo e Hugo). Aínda que non temos queixa da actuación dos nosos representantes o equipo quedou de cuarto de oito equipos. Especial mención ao sétimo posto de Antonio. 

Xogade As Mariñas. Categoría Alevín.

O cambio de normativa deste ano facía que os nosos representantes estiveran divididos en dous equipos. Xoan, do Dominicos e Rubén e Pablo de Calasanz, compartiron equipo con Diego RF (Casino), Guillermo (Sigrás) e Angel (Betanzos).  

No outro equipo Victor e Teo do Pardo Bazán compartiron equipo con Pablo e Diego (Casino) e Carmen (Betanzos).

Mirko foi o primeiro equipo e a continuación quedaron os nosos dous conxuntos, Os xogadores que mais puntuaron foron Pablo e Xoan con catro puntos, nos postos terceiro e cuarto respectivamente.

Xogade As Mariñas. Categoría Infantil.

Un equipo no que colaborabamos con Roque e Aldara do Dominicos e que eran acompañados por xogadores de Betanzos (David e Angel) e Sigrás (Iván).

Aínda que chegábamos ás últimas partidas sen moitas posibilidades unha serie de boas actuacións e ausencias dos rivais levounos ao primeiro posto con 13 puntos, dous mais que o segundo Sada e 7 mais que o Perillo. Roque logrou tres puntos e Aldara dous.

Este é o outro equipo que participará na fase comarcal o día 29 de abril.

Estamos agardando pola decisión de que equipo é repescado (depende do número de xogadores en cada centro) e agardamos que ao CIDU Alevín e Xadrez das Mariñas Infantil se engada un equipo mais.

23/03/23

Fin de semana

Unha nova fin de semana intensa coas partidas de Xogade e da Liga Galega de Xadrez. 

Aí van as nosas actividades:

Venres 24

Dende ás 18,00 no Pavillón de Elviña. Segunda e última xornada do programa Xogade na Coruña.
Os nosos equipos van ben clasificados, pero todo dependerá destas dúas partidas que restan para finalizar a competición.
Sorte para todos!

Sábado 25

Ás 17,00 celébrase a quinta rolda da Liga Galega de Xadrez. Temos estes encontros. A ver se esta xornada vai mellor que a pasada.
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - E.L.X. BOBBY FISCHER
ESCOLA XADREZ CLUBEXA - CIDU ESCOLA INCUDE
ESCOLA TECNICA DE XADREZ DA CORUÑA - CIDU CALASANZ - ROSALES

Domingo 26
Dende ás 10,00 no Pavillón Sofía Toro. Segunda e última xornada do programa Xogade en Cambre.
Os nosos equipos como Xadrez das Mariñas non van tan ben clasificados como outros anos e como o venres todo dependerá destas dúas partidas que restan para finalizar a competición. Aqui necesitaremos aínda mais sorte.

19/03/23

Mala xornada

Ningún dos nosos equipos saiu ben parado da cuarta xornada de Liga. O que mais preto estivo foi o CIDU ESCOLA que deixou escapar na última das partidas o empate, polo que os resultados forn todos derrota amplas por 3-1 e mesmo 4-0.

Sábado pois de malos resultados... pero seguimos cos obxectivos do ano.

Lembramos que o sábado 25 teremos a quinta rolda e logo virán dúas semanas de descanso.

E o venres e domingo teremos tamén os xogos escolares.

14/03/23

Resultados primeira semana Xogade

O venres e domingo pasado competimos nos xogos escolares con resultados bastante variados.

En calquera caso agardamos que o pasarn ben nesta proba que xuntou a aproximadamente sub12 tanto no torneo da Coruña como en Cambre.

Nos próximos días pretendemos ofrecer mais actividades aos interesados e mesmo acudir ao maior festival de xadrez escolar de España.

Polo de agora estes foron os resultados:

Venres 10 na Coruña.

Categoría Benxamin

O equipo benxamin integrado por xogadores do Calasanz e do Prácticas fixo unha boa actuación e encabeza a táboa.


Categoría Alevín

Equipo formado por xogadores de Dominicos e de Pardo Bazán. Tamén obtiveron bos resulatadps e están de primeiros.


Domingo 12 en Cambre

A maioría dos nosos xogadores preferiron xogar o domingo. así que forman parte do Xadrez das Mariñas e a situación actual é a seguinte:

Categoría Benxamin

Categoria Alevín

Categoría Infantil

Moita sorte para os días 24 e 26 na segunda e última xornada.