30/04/21

Actividades para este venres

A Xornada Lúdica dos Irmandiños tivo como vencedor a David Pérez Cuns e en segundo lugar quedou Pablo Iglesias, xogador sub10.

A proba presencial foi a primeira doutras que agardamos ir facendo ao longo do mes de maio.

Empezamos este fin de semana coa celebración da Xornada Lúdica de Beltaine, unha proba que será a suma de catro torneos e que se superpón a outra acción sobre o mellor das actividades COVID de marzo e abril.



Clasificación da Xornada Lúdica dos Irmandiños

1 DAVID PEREZ,         5 5 7.5 12.0 15.0
2 PABLO IGLESIAS, 3 3 6.5 11.5 8.0
3 ADRIAN QUEVEDO, 3 2 7.5 10.5 9.0
4 FLORENCIO GONZALEZ, 1000 3 2 7.0 12.0 7.0
5 DAVID NOVOA,         2.5 2 8.0 13.0 9.0
6 CARLOS PARDO, 2 2 8.5 15.0 8.0
7 RUBEN TROITEIRO, 1.5 1 8.0 13.0 4.0
8 SIMON GARCIA,         0 0 8.5 13.0 0.0

As Xornadas Lúdicas de Entroido teñen pendente de entregar o Trofeo de Imbolc, no que a clasificación dos torneos de xadrez e doutros xogos levou a vitoria de Jacobo Vieites, que foi seguido de Ruben Troiteiro. En breve entregaremos o trofeo a Jacobo.

Outra das accións a piques de rematar é a do trofeo ao mellor das actividades especiais COVID de marzo e abril. A clasificación vai como segue.


Ramiro72 grazas ás súas vitorias nos torneos do Circuito de Primavera lidera a clasificación, seguido de cerca polo vencedor do Circuito de Inverno, RoiandRoll. O desenlace verémolo tras os tres torneos indicados, que son de distintas modalidades, que se celebran hoxe venres; A Xornada Lúdica de Beltaine. 

XORNADA LUDICA DE BELTAINE



Unha xornada especial que se desenvolve só o venres 30 de abril, lembrando esta antiga festividade celta. Catro torneos, todos moi distintos.

1. TORNEO 3 XAQUES. VENRES ÁS 16,00 EN CHESS.COM



2. TORNEO REI DO OUTEIRO. VENRES ÁS 17,15 EN CHESS.COM


3. ADESTRAMENTO PRESENCIAL TIPO TORNEO LOSTREGO. ÁS 19,00 EN CC.LOS ROSALES.

5 roldas a 5 minutos que terán lugar no C.C. Los Rosales de 19,00 a 20,00.
Cota: 2 euros
O mellor clasificado recibirá unha camisola de AGAX.
A actividade terá lugar cun mínimo de 4 anotados. As inscricións teñen que facerse no 654 60 37 16.
O máximo posible de anotados será de 12 xogadores.

4. TORNEO DA NOITIÑA. VENRES ÁS 21,30 EN CHESS.COM

27/04/21

Ramiro72 gañou os dous torneos

O Circuito de Primavera está tendo menos participantes que o do inverno, será que o tempo e o retraso do "toque de queda" leva a xente a estar fora na hora de xogo.

Ramiro72 conta os torneos por vitorias e o gañador do Circuito de Inverno, RoiandRoll non foi esta vez capaz de catapultarse á primeira praza.

Por outra banda David Pérez (na foto) pasou a polo seu trofeo do Torneo Almirante Lángara, celebrado despois da semana Santa.

O Circuito, como os demais, conta con 6 torneos e o próximo venres non toca.

Voltaremos a xogar o 7 de maio co terceiro dos torneos.



22/04/21

CLASES ONLINE DOS VENRES

Este venres iniciaremos unha nova tanda de adestramentos online con Héctor. En principio os últimos do curso.

A planificación é a seguinte:

Venres de 16,00 a 17,30

Día 23 de abril: Patróns de finais 

Día 30 de abril: Día a dedicado a torneos.

Día 7 de maio : Apertura Italiana en profundidade

Día 14 de maio: Finais de peóns 

Día 21 de maio: India de Rei en profundidade

Día 28 de maio : Tácticas (sacrificios de calidade, de liberación de espazo, sobrecarga etc)

Cota: 35 euros, 25 se estás federado no noso club.

Inscricións e mais info no whatsApp: 654 60 37 16

19/04/21

Primeiro torneo do Circuito de Primavera

O pasado venres iniciou o Circuito de Primavera organizado por INCUDE.

ramiro72 foi o vencedor deste primeiro torneo.

O circuito ten a seguinte clasificación:


Próximo torneo do circuito; venres 23 ás 21,30

https://www.chess.com/play/tournament/2257355

16/04/21

CIRCUITO DE PRIMAVERA

Imos empezar o Circuito de Primavera. Como no caso dos xa celebrados o circuito contará con seis probas.

16 e 23 de abril.
7, 21 e 28 de maio.
4 de xuño

Como nos casos anteriores disputarase en chess.com

Haberá un trofeo para o mellor do circuito.

Torneo do 16 de abril de 2021:

15/04/21

Resultados Torneo Almirante Lángara

Jajaquemate venceu no torneo Almirante Lángara.

En breve agardamos entregar o trofeo e facer o sorteo entre os participantes.



04/04/21

TORNEO ALMIRANTE LANGARA

O día 8 de abril a Universidade da Coruña organiza en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h a través de Teams, unha XORNADA VIRTUAL DE PORTAS ABERTAS

A aportación do xadrez universitario de INCUDE vai ser a organización do Torneo Almirante Lángara

1. O nome 
O nome do torneo fai referencia á persoa que da nome á avenida onde está o Centro Universitario de Riazor, sé da nosa asociación. Lángara naceu na Coruña en 1736 e foi mariñeiro, militar, matemático e cartógrafo e exerceu os cargos de Ministro de Mariña e de Director Xeral da Armada. 

2. Tipo de torneo 
Xogaremos un torneo suizo a cinco roldas 

3. Cando? 
Xoves 8 de abril ás 19,00 horas (aproximadamente 50 minutos de duración en función dos participantes) 

4. Onde?
Na plataforma www.chess.com
Se non tes unha conta crea unha. É de balde.

5. Equipo organizador.
INCUDE ten dous clubes en chess.com. Un para a comunidade universitaria e outro de tipo aberto. Neste caso empregaremos o segundo, chamado INCUDE-CIDU ABERTOS. Se xa tes a conta de chess.com e ainda non es membro, pide acceso aqui: https://www.chess.com/club/incude-cidu-abertos

6. Inscrición.
Unha vez cumpridos os puntos 4 e 5 podes participar aqui: 
As inscricións poden facerse dende as 18,00 horas.

7. Premios
O gañador recibirá un trofeo.
Sortearemos unhas sudaderas entre os participantes.

Lembra que a partir do día 16 os venres temos o Circuito de Primavera.

Contacta con nos en escola@xadrezuniversitario.org