30/04/09

Torneo de Beltaine - XV Aniversario

O día 1 de maio o Club de Iniciativas Deportivas Universitarias (CIDU) chega ao seu XV Aniversario.

Por este motivo celebraremos un Torneo de Xadrez.

Torneo de Beltaine - XV Aniversario
30 de abril de 2009
Centro Universitario de Riazor
Hora de inicio: 20,00
Hora de finalización: 21,00
Ritmo de xogo: 5 minutos por xogador.
Sistema: Suizo a 5 roldas.
Cota de participación: 1 euro
Premios: Camiseta de agasallo para o campión e Multixogos de Palaestra para os tres primeiros.

Beltaine - XV Aniversario do CIDU


A noite do 1 de maio que para os celtas sería a noite anterior, ou sexa a do 30 de abril , celébrase o Beltaine. Unha noite de lumes, na que os nosos antergos pasaban tanto eles como o seu gando por entre o fume nun rito de limpeza e purificación ("afumar o gando" decíase na Galicia). Este lume encomendábase ao patronazgo do Deus Belenos (o brillante).
Se Halloween/Samaín representa o principio do inverno no calendario celta, Beltaine significaría o principio do verán.
O rocío que se recollía nas mañás de Beltaine tamén se almacenaba, co fin de utilizalo en posteriores rituais.
Nalgunhas tribos celtas dispoñíase neste tempo duns días de liberdade sexual, nos cales formábanse parellas novas a proba, que duraban ata o seguinte Beltane, data na cal renovábanse os votos ou terminaban separándose.
É en Alemania (Walpurgisnacht) onde conserva un referente máis próximo coa noite de bruxas, da mesma forma que o é Halloween no mundo anglosaxón.
Do mesmo xeito que na novela post-celtica "O Señor dos Aneis", o folklore ruso documenta unha "marcha das árbores" para esta noite máxica do 30 de abril, pola que "todas as árbores, as flores, os arbustos e os seres verdes teñen a posibilidade de camiñar a condición de estar de regreso á mañá seguinte e na súa mesmo sitio".
Para os pobos celtas as celebracións máis importantes eran as que se "cruzaban" entre os solsticios e os equinoccios. Tratábase de Samhain (novembro), Imbolc (febreiro), Beltaine (maio) e Lugnasad (agosto). Dentro destas, as dúas nas que "nacen" as dúas principais estacións eran as festas maiores: Samhain como comezo do inverno e Beltaine como comezo do verán. Aqui atopamos unha gran confusión, xa que hoxe consideramos os solticios de verán e inverno como respectivos comezos das estacións, cando non era así nos pobos antigos europeos. Ata a época de William Shakespeare chega a tradición de contar o tempo segundo os celtas, pois chegou a escribir a novela titulada "A Midsummer Night's Dream"(O soño dunha noite de verán), entendendo por midsummer a noite da véspera do 24 de xuño, dia "central" do verán.
E nesta máxica data, o noso club chega ao seu XV Aniversario. Achegádevos ao CUR a xogar!

28/04/09

Ernesto Pérez e Héctor López gañan o Torneo de Tute


Dentro do programa especial polo XX Aniversario de Palaestra o pasado venres realizamos un torneo de Tute, no que os vencedores foron Ernesto Pérez e Héctor López.
Sendo festivo o vindeiro día 1 o torneo semanal pasará ao xoves.

24/04/09

José Manuel Andión gaña o Torneo de Xadrez en Progresión


José Manuel Andión gañou o Torneo de Xadrez en Progresión que se disputo o día 23 no Centro Universitario de Riazor.
A clasificación foi como segue:
1.- José Manuel Andión
2.- Ernesto Pérez
3.- Luis Carlos Martínez
4.- Florencio González
5.- Ayrton Sardina
6.- Antonio González
7.- Manuel Andión
Aproveitando o Día do Libro e o Aniversario da fundación de Asencudega, Florencio González aproveitou para presentar o seu libro "Xadreces".
O acto tamén foi aproveitado para entregarlle a Ayrton Sardina a consola nintendo DS que lle tocou nas actividades de Palaestra

Torneo de Tute


Pois facendo un descanso mínimo na nosa actividade xadrecística, o venres 24 o que se celebrará será un Torneo de Tute, no que o premio será unha caixiña con xogos que se están entregando nas actividades do XX Aniversario de Palaestra.
Agardamos veros polo CUR.

22/04/09

Nesta semana o torneo será o xoves 23.

Posto que o venres realizaremos un torneo de naipes, o clásico torneo semanal o trasladamos ao xoves.

Tampouco será propiamente un torneo clásico xa que será en "xadrez en progresión" ¿de que vai iso?

Pois simplemente os peóns cambián de movementos segundo avanzan (ou retroceden!). Así o peón deixa de comportarse como tal ao chegar a quinta fila cando se comporta coma un rei, se avanza á sexta compórtase como un bispo, na sétima fila como torre e na oitava como dama.

Ao premio normal dos torneos semanais, se lle engadirá nesta ocasión un pequeno agasallo da Asociación Palaestra, co motivo da celebración das actividades do seu XX Aniversario.

Ademais sendo o aniversario da fundación da Asociación de Entidades Culturais e Deportivas de Galicia e coincidindo co Día do Libro, poremos en circulación o libro "Xadreces" de Florencio González a un custo de 3 euros por exemplar.

A cita, pois, xoves 23 de abril no Centro Universitario de Riazor.

20/04/09

Walter López repite triunfo no Torneo do venres

Walter López repetiu triunfo no Torneo de Rápidas do 17 de abril. Luis Carlos Martínez recuperou algo o seu nivel de xogo tras o mal universitario.

1 Walter López, 5 8.0 13.5 15.0
2 Luis Carlos Martínez, 3.5 8.5 13.5 11.0
3 Alfonso Iglesias, 3.5 7.5 11.0 10.0
4 Santi Dominguez, 3 9.5 15.5 12.0
5 José Manuel Andion, 2.5 8.0 14.0 7.5
6 Ernesto Pérez, 2.5 7.5 12.5 4.5
7 Francisco Conde, 2 8.0 12.5 7.0
8 Hector López, 2 5.5 10.5 4.0
9 Silja Molist, 1 6.5 9.5 4.0
10 Berta Porto, 0 8.0 12.5 0.0

Torneos disputados polos diferentes xogadores, dende que se implantou a cota e os premios:
8 Torneos: Ernesto Pérez
7 Torneos:
6 Torneos: Manuel Andión, Santiago Domínguez, José Manuel Andión, Héctor López
5 Torneos: Diego García-Muñoz,
4 Torneos:
3 Torneos: Luis Patiño
2 Torneos: Walter López, Luis Carlos, Alfonso Iglesias, Silja Molist
1 Torneos: José Rey, Iago Porto, Florencio González, Alejandro de León, Jesus Rodríguez, Francisco Conde, Berta Porto.

15/04/09

Campionato Universitario de España


A Universitat Rovira i Virgili é a encargada de organizar o Campionato na edición de 2009.

O Torneo disputarase en La Pineda (Tarragona) onde estarán aloxados os xogadores. É moi posible que a expedición coincida coa de volley praia, se ben estes estarán noutro hotel en Cambrils.

Día 11 de maio. Acreditación dende ás 16,00 horas

Días 12 e 13 de maio. Roldas ás 10,00 12,00 16,00 e 18,00 horas

Día 14 de maio. Rolda ás 10,00

Formando a selección universitaria da Coruña


Cada Universidade poderá inscribir ata seis xogadores, coas seguintes condicións:

Cada Universidade poderá presentar 3 participantes sen requisito de ELO (cambia en relación ao ano pasado).

Rematado o Torneo Universitario, estarían clasificados Walter López, Antonio Pazos e Pablo Fernández.

Ademais, cada Universidade poderá inscribir ata un máximo de dous universitarios que acrediten, na lista de Elo FIDE en vigor no momento de realizar a inscrición, unha puntuación igual ou superior a 2.150 puntos.

Aberto ó prazo de presentar candidaturas ata o día 20 de abril.

Cada Universidade poderá inscribir tamén unha xogadora incluída nas listas de Elo FEDA ou de Elo FIDE no momento de realizar a inscrición.

Aberto ó prazo de presentar candidaturas ata o día 20 de abril.

As Universidades poderán inscribir, aos efectos do disposto na convocatoria oficial dos Campionatos de España Universitarios, un Capitán/ Delegado.

A praza quedará como sempre á libre disposición do coordinador da sección.

06/04/09

Empate na cabeza do XIX Universitario da Coruña

Walter López: 3,5 puntos (2 Gañadas e 3 táboas)
Antonio Pazos: 3,5 puntos (2 Gañadas e 3 táboas)
Pablo Fernández: 3,5 puntos (2 Gañadas e 3 táboas)
Jorge Mejutos: 2,5 puntos (1 gañada, 3 táboas e 1 perdida)
Enrique Villodas: 2 puntos (2 gañadas e 3 perdidas)
Luis Carlos Martínez: 0 puntos

O desempate que se apliacará será, probablemente, o XVII Torneo Universitario de Semirrápidas ou ben o XVII Torneo Universitario de Rápidas.

Walter López gaña o Torneo de Rápidas Semanal

Walter López gañou o Torneo de Rápidas Semanal do CUR.
A clasificación foi como segue:

1 Walter López 5 8.0 12.5 15.0
2 Jesus Rodríguez 4 6.0 11.5 10.0
3 Ernesto Pérez 3 5.0 10.5 8.0
4 Santiago Domínguez 2.5 9.5 16.0 8.0
5 Hector López 2.5 8.0 14.0 9.0
6 José Manuel Andión 1.5 6.0 9.5 5.5
7 Silja Molist 1 7.0 11.5 2.0
8 Manuel Andión 0.5 8.5 14.5 2.5

Torneos disputados polos diferentes xogadores, dende que se implantou a cota e os premios:
7 Torneos: Ernesto Pérez
6 Torneos: Manuel Andión
5 Torneos: Diego García-Muñoz, José Manuel Andión, Santiago Domínguez, Héctor López
4 Torneos:
3 Torneos: Luis Patiño
2 Torneos:
1 Torneos: José Rey, Iago Porto, Alfonso Iglesias, Florencio González, Alejandro de León, Luis Carlos, Silja Molist, Walter López, Jesus Rodríguez.