29/06/10

Paliza no Match contra Sigrás

O match denominado "Dominicos-Sigrás", que con diferentes modificacións vimos disputando dende hai aproximadamente vinte anos, viviu o sábado 26 de xuño a súa edición anual, que celebramos no local social de Sigrás.

Ainda que o CIDU apostou por un equipo novo (o 50% era sub14) o resultado foi peor do agardado, xa que dos oito taboleiros en xogo, so se lograron dous puntos.

Por aquelo do nome de Dominicos, tres dos xogadores eran alumnos do colexio e dous mais ex-alumnos.

Diego Cantorna - Alberto Lopez 1-0
Fran Pedreira (sub-18)- Ernesto Perez 0-1
Javier Campelo - Enrique Villodas 1-0
Francisco Garcia - Francisco Conde 0,5-0,5
Marcos Laiño - Ayrton Sardina (sub-14) 0,5-0,5
Diego Martinez - Alejandro Astorga (sub-14) 1-0
Sergio Vilaboa (sub-16)- Pedro Siaba (sub-14) 1-0
Diego Bugliot(sub-12) - Angel Roade (sub-14) 1-0

Total: 6-2

27/06/10

O derradeiro torneo do curso tamén para Ernesto Pérez


Ernesto Pérez gañou o último torneo do curso, no que se notou a ausencia de diferentes xogadores, entre eles Luis Carlos Martínez, ingresado no Modelo cunha neumonía. Agardamos que se recupere axiña.

Evidentemente tamén se notou que á mesma hora no Mundial de Futbol estaban a xogar España e Chile, polo que houbo un ordenador retransmitindo o partido

A clasificación final foi a seguinte:

1. Ernesto Pérez
2. Ayrton Sardina
3. Florencio Gonzalez
4. José Manuel Andión
5. Manuel García
6. Pedro Siaba
7. Manuel Andión

25/06/10

Derradeiro fin de semana do Curso


Hoxe venres e máñán sábado teremos as últimas actividades do curso 2009-2010.

Venres 25
19,30: Apertura da sala de xadrez no CUR
20,30: Torneo (se hai xente, xa que temos un pequeno problema chamado España-Chile)

Sábado 26
17,00: Match Dominicos-Sigrás
No local de Sigrás.
(Aproveitarase para falar dalgunha actividade no verán)

23/06/10

Ernesto Pérez gaña o Torneo Semanal

Tras unha semana sen vencer de novo Ernesto Pérez logrou o torneo semanal. As probas dos venres parecen un man a man entre Ernesto e Diego GM.

A clasificación foi a seguinte:

1.Ernesto Pérez,
2.Diego García-Muñoz,
3.Héctor López,
4.Ayrton Sardina,
5.Diego Medín,
6.Luis Patiño,
7.Manuel García,
8.José Manuel Andión,
9.Florencio González,
10.Manuel Andión,

16/06/10

Proxecto de actividades entre cursos

Xuño
Manteremos a actividade dos venres os días 18 e 25.
Ás 19,30 abrimos o local e ás 20,30 realizamos o torneo suizo a 5 roldas.
O 26 de xuño celebraríamos o Match Dominicos - Sigrás.

Xullo a Setembro.
En principio o local permanecerá pechado.
Posiblemente teñamos actividades puntuais. Hai que estar atentos á web ou á lista de correo.
En calquera caso agardamos que AGAX faga un calendario para estes meses.

Outubro.
Aínda que a actividade da Universidade non empeza ata novembro, posiblemente o mesmo día 1 de outubro volvamos a abrir, dependendo de cando se dispute o Virxe do Rosario de Xadrez e de como se organicen os clubes. En calquera caso será necesario empezar a actividade da temporada para ir facendo as fichas federativas.

15/06/10

Diego García-Muñoz gaña o Torneo Semanal

Diego gañou o torneo dos venres e deste xeito a racha de victorias de Ernesto Pérez quedou interrumpida.

O resultado foi o seguinte:

1 Diego García-Muñoz,
2 Hector López,
3 Ayrton Sardina,
4 Diego Medín,
5 Ernesto Pérez,
6 Florencio González,
7 Manuel García,
8 Fran Domínguez,
9 Manuel Andión,
10 Pedro Siaba,
11 Alfonso Sangiao,
12 José Manuel Andión,
13 Alejandro de León,

Aproveitouse para facer a entrega dos premios do Circuíto desenvolvido neste primeiro semestre do ano.

11/06/10

Actividade do venres 11 de xuño.

O venres 11 de xuño seguiremos con actividades no CUR.

A idea é seguir ata final de mes e logo xa quedaría pechado ata outubro ou novembro.

Faremos un torneo de rápidas ás 20,30 e antes planificaremos que facemos estes 4 días.

Tamén faremos a entrega dos trofeos do circuíto.

06/06/10

Ernesto Pérez segue en racha e volve gañar

O Torneo de Clausura foi gañado por Ernesto Pérez, que leva unhas semanas sen dar moitas opcións.

1. Ernesto Pérez,
2. Francisco Conde,
3. Diego García-Muñoz,
4. Florencio González,
5. Héctor López,
6. Alfonso Sangiao,
7. Francisco Domínguez,
8. Ayrton Sardina,
9. Luis Patiño,
10. Manuel García,
11. Manuel Andión,
12. Pedro Siaba,
13. Angel Roade,

04/06/10

Xuntanza e Torneo de Clausura

Hoxe venres seguiremos facendo a típica reunión dos venres no CUR.

O horario será o seguinte:

19,30: Apertura do CUR

20,00: Asemblea de AGAX, para falar dos proxectos da vindeira temporada e o nomeamento dun socio de honra.

20,30: Torneo de Clausura. O Torneo que marca o final da temporada. O xogaremos coma os que viñemos celebrando todas estas semanas. 5 roldas e ritmo de 5 minutos.

21,30: Asemblea do CIDU. Para falar do que queremos facer a vindeira temporada e a posible fusión con outros clubes.

22,00: Partida de Age of Empires se a xente leva os ordenadores.

03/06/10

O CIDU na Copa Galicia. Resumo final.

O Círculo Ferrolano gañou a fase coruñesa da Copa Galicia

1 Circulo Ferrolano
2 Alexandre Boveda
3 Arteixo
4 Algalia
5 Rianxo
6 Sigras
7 Exalcoholicos
8 CIDU
9 Gallaecia
10 Ribeira

1ª Rolda Copa Galicia Fase Coruña
Alexandre Bóveda - CIDU: 3,5-0,5
Sergio Guerrero - Luis Carlos Martínez 1-0
Xosé Larrosa - Francisco Domínguez 1-0
Iván Fernández - Ayrton Sardina 1/2 - 1/2
Douglas Chávez - Ernesto Pérez 1-0

2ª Rolda Copa Galicia Fase Coruña
CIDU - Exalcohólicos: 2-2

Luis Carlos Martínez - Daniel Pousada 0-1
Francisco Domínguez - Carlos Fustes 0-1
Ayrton Sardina - Francisco Leal 1-0
Ernesto Pérez - Alejandro Villodas 1-0

3ª Rolda Copa Galicia Fase Coruña
Arteixo - CIDU: 4-0

Oscar de Prado - Luis Carlos Martínez 1-0
Alejandro Ferreiro - Francisco Domínguez 1-0
Rashid Navarro - Ayrton Sardina 1-0
Adrían Dopico - Ernesto Pérez 1-0

4ª Rolda Copa Galicia Fase Coruña
Gallaecia - CIDU: 2-2

Ulises Proia - Luis Carlos Martínez 0-1
Grigori Nedobora - Francisco Domínguez 1-0
Pablo Gómez - Ayrton Sardina 1-0
Miguel Á Vazquez - Ernesto Pérez 0-1
(aínda que logo o resultado mudou a 0-4 pola eliminación do Galaecia)

5ª Rolda Copa Galicia Fase Coruña
CIDU - Rianxo: 1-3

Luis Carlos Martínez - Manuel Abuín 0-1
Francisco Domínguez - Alberto Hevia 0-1
Ayrton Sardina - Daniel Martínez 0-1
Alejandro Astorga - Nestor Martínez 1-0

6ª Rolda Copa Galicia Fase Coruña
Sigrás - CIDU: 3 - 1

Diego Martínez - Luis Carlos Martínez 0-1
Alejandro de Vega - Francisco Domínguez 1-0
Francisco Pedreira - Ayrton Sardina 1-0
Francisco García - Alejandro Astorga 1-0

8ª Rolda Copa Galicia Fase Coruña
CIDU - Algalia: 0-4

Luis Carlos Martínez - Dan Cruz 0-1
Enrique Villodas - Marcial García 0-1
Francisco Domínguez - Carlos Pena 0-1
Ayrton Sardina - Andrés Ventas 0-1

9ª Rolda Copa Galicia Fase Coruña
Círculo Ferrolano - CIDU: 4-0

Walter López - Luis Carlos Martínez 1-0
Antonio Pazos - Francisco Domínguez 1-0
Jorge Mejuto - Ayrton Sardina 1-0
Miguel Millán - Alejandro Astorga 1-0

02/06/10

Resume da actuación do Informática na Liga

Breve resumo da actividade do equipo Informática na Liga Galega de Xadrez.


Lembrase que o venres día 4 hai xuntanza ás 21,30 para falar das actividades futuras.

01/06/10

Resume da actuación do Dominicos-Casino na Liga

Achegase o resumo da Liga do equipo Dominicos-Casino durante a Liga. Lembrade que o venres teremos unha xuntanza para falar da actividade da vindeira temporada.