15/08/22

Mércores: Aproximación ao xadrez terapeutico.

Este mércores en Vila Concepción (Cambre) teremos a ocasión de mostrar aos interesados as nosas accións no xadrez terapéutico e os estudos que andamos a promover, moi especialmente o de xadrez e deterioro cognitivo co departamento de xerontoloxía da UDC.

Unha pequena presentación, comentarios e explicacións de xadrez e de "minixogos" baseados no mesmo.

De 19,00 a 21,00.

Anímate. 

10/08/22

O xadrez: ximnasio da mente.

INCUDE realizará a vindeira semana tres sesións para promocionar o xadrez na súa faceta de actividade saudable para o noso cerebro.

Como sabedes a entidade animou o proxecto do Departamento de Xerontoloxía sobre o beneficio do xadrez nas demencias (VER ESTUDO INICIAL). Na actualidade ademais de seguir con este estudo para o que se están a buscar fondos, a idea é iniciar outros no campo do xadrez e a saúde.

Pero centrándonos no positivo para o cerebro, as actividades, que se desenvolverán en Vila Concepción, grazas á colaboración do Concello de Cambre, son as seguintes:

Mércores 17. 19,00 — 21,00 


Presentación do programa xadrez e alzheimer desenvolto nos últimos anos pola nosa entidade e o 
Departamento de Xerontoloxía da Universidade da Coruña e dos resultados publicados na revista 
científica Geriatric Nursing. 
A actividade deste día estará dirixida especialmente a maiores , pero non exclusivamente xa que diferentes estudos iniciais desenvoltos noutros lugares amosan a importancia de xogar durante anos.
Normas básicas de xadrez e partidas.

Xoves 18. 19,00 — 21,00

 
Xogos diversos que axudan a ter o cerebro adestrado. A asociación internacional dos deportes de mente. Xogos clásicos que se poden desenvolver en taboleiros de xadrez: damas e Go/Reversi. Explicación dos mesmos. Torneos amigables de dous dos xogos.

Venres 19. 19,00 — 21,00 


Volta ao xadrez. Explicación básica das normas dos torneos de xadrez animando á participación no 
Torneo a celebrar o día seguinte. Realizaríase un torneo amigable para a aplicación práctica do 
explicado (20,00-21,00).

Anímate a asistir a todas ou algunhas das sesións e a disputar os torneos oficiais do sábado (hai que estar federado).