19/09/24

Xornada de Benvida no Campus da Coruña

Hoxe xoves temos a Xornada de Benvida na UDC.

Na Coruña este será o horario

Lugar: Estadio Universitario Mariña Dourada– Campus de Elviña 

Horario: De 11:30h - 14:00h e de 15:30h a 18:00h 

Os membros da nosa asociación contarán as distintas acciónd da nosa entidade e especialmente dúas:

O novo Torneo de LOL e o Amigable de xadrez que realizaremos o venres, xa que o propio xoves non teremos tempo.

Será unha actividade no Centro Comercial Los Rosales ás 20,30 o venres 20.

O Torneo está reservado a membros da Comunidade Universitaria (poderán xogar tamén socios do noso club de xadrez).

Xogas ao LOL ou ao xadrez? Gostas das viaxes culturais?

Entón INCUDE é o teu sitio!

18/09/24

Xorneo de Benvida no Campus de Ferrol

Este xoves temos a Xornada de Benvida na UDC.

En Ferrol o horario é o seguinte:

Lugar: Praza Humanidades – Campus Esteiro

Horario: De 11:00h ás 14:00h 

Pola mañá teremos a xente da nosa asociación comentando as nosas actividades e especialmente dúas accións:

O novo Torneo de LOL e o Amigable de xadrez que realizaremos a partir das 18,30 no Centro Cultural.

O Torneo está reservado a membros da Comunidade Universitaria da Coruña (poderán participar tamén socios do noso club de xadrez).

Xogas ao LOL ou ao xadrez? Gostas das viaxes culturais?

Entón INCUDE é o teu sitio!

08/09/24

Jorge Rodríguez gaña o Torneo

Jorge Rodriguez, que iniciaba o torneo como número 1 do ranking logrou manter a posición realizando 4,5 puntos dos 5 posibles, o mesmo que o presidente de Incude,  Iago Soto, sobre o que se impuso polo sistema de desempate.

Iago que partía como número oito do ranking realizou un bo torneo e engadiu ao premio da segunda praza o premio ao mellor estudante da UDC, a uns días de entregar o seu TFM.

En terceira posición outro xogador do noso club; Pablo Espárrago, con 4 puntos, que a pesar de ser dos poucos xogadores sen ranking ELO logrou superar a outros xogadores de maior traxectoria.

O cuarto posto foi para Marcos Martínez, segundo no ranking inicial.

Clasificación:

11Rodriguez Guillen, JorgeESP4,516.013.0414.02117TDFC
28Soto Paino, IagoESP4,514.513.0413.51721CIDU
318Esparrago Roson, PabloESP4,014.010.0412.00CIDU
42Martinez Ramos, Marcos JavierESP4,012.514.0411.51993XDM
53Casares Ripol, Fernando JoseESP3,016.012.0314.01903EXA
66Lopez Robles, Rodrigo JulioESP3,012.510.0311.01774SIGRAS
711Martinez Insua, AdrianESP2,514.56.5213.01633XDM
810Aranguena Laffon, JaimeESP2,511.56.029.01675CIDU
913Del Valle Rodriguez, RamiroESP2,511.55.0210.01589ETX
109Redondo Varela, CelestinoESP2,59.56.028.01687EXA
114Sanchez Bardanca, AlbertoESP2,015.09.0213.51850MIRKO
1215Blandon Pao, RobertoESP2,013.06.5111.51464SIGRAS
1319Garcia Cobas, PabloESP2,012.07.0211.00CIDU
1412Martinez Nalda, Juan PedroESP2,011.55.0010.01619XDM
1521Sanchez Torreiro, OliverESP2,010.04.518.00MIRKO
1616Rodriguez Collazo, ZoeESP1,512.04.0010.51455TDFC
1720Lamas Perez-Cepeda, Jose ManuelESP1,510.56.009.00ETX
1817Rodriguez Collazo, MarESP1,510.04.509.01432TDFC
1914Novo Rego, DavidESP1,510.03.019.01546ETX
207Rodriguez Montero, Pablo SergioESP1,013.55.0112.01742EXA
215Villodas Vazquez, AlejandroESP0,02.00.002.01780EXA

01/09/24

GRUPO INCUDE

Que é o grupo INCUDE?

Entidades creadas en torno a INCUDE para as súas distintas actividades.

INCUDE
Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias
Creada en 1993 é unha asociación cultural e deportiva de estudantes da Universidade da Coruña.
É a entidade principal e a súa actividade fundaméntase na normativa de asociacións de estudantes da UDC.
Os seus directivos teñen que ser estudantes da UDC en activo (que poden ter ou non interese no xadrez).
A actividade é variada aínda que é coñecida por viaxes culturais e xogos de mesa.
A súa páxina principal é: https://incude.udc.es/
e para certos proxectos tamén www.asombrate.es
O presidente actual é Iago Soto.

CIDU
Club de Iniciativas Deportivas Universitarias
O obxectivo é a competición. A súa actividade está dirixida á participar nas competicións federadas e a organizar diversos torneos ao ano.
Creado en 1994 é un dos clubes de xadrez mais representativos de Galicia, tanto por anos de funcionamento como pola súa capacidade organizativa. Sendo historicamente un dos clubes mais apoiados para estar na Asemblea da Federación Galega.
Destinado fundamentalmente á comunidade universitaria e a alumnos das nosas escolas.
A súa páxina principal é www.xadrezuniversitario.org
O presidente actual é Daniel Codesido.

ESCOLA UNIVERSITARIA
Club Escola Universitaria de Xadrez de INCUDE
Como resultado do aumento das actividades de ensino do xadrez e tras o asesoramento de asesoría e administracións chegou en 2019 a terceira entidade do grupo; un club adicado só a este propósito.
É a entidade que coordina pagos a árbitros e monitores do noso grupo e tamén doutras entidades e a única que ten persoal contratado.
A súa páxina principal tamén é www.xadrezuniversitario.org
O presidente actual é Héctor Rodríguez.

Imos crecer mais?
Efectivamente temos algún proxecto mais pero vai depender de se hai xente interesdada en levar a xestión das mesmas. En principio sería para realzar actividades que xa realiza INCUDE e darlles unha maior imporancia.

COLABORACIÓNS
Para algunhas das nosas actuacións de xadrez contamos coa axuda de tres entidades que non forman parte do xadrez universitario. As tres mais destacadas son a Asociación Galega de Xadrecistas AGAX (www.xadrez.gal), a SCD Palaestra que realiza actividades no Casino e no Centro Comercial Los Rosales (www.palaestra.net) e Xadrez das Mariñas (www.xadrezdasmariñas.org)