30/01/23

XXXIII TORNEO UNIVERSITARIO

Tras estes cursos pasados con menos actividade pola COVID, este iniciou con forza cos torneos de outono e aniversario nos últimos meses de 2022 e durante 2023 agardamos manter o ritmo de actividades.

XXXIII TORNEO UNIVERSITARIO DE XADREZ

Local de xogo: Sporting Club Casino na rúa Real 83 da Coruña.

Horario dos torneos: 

Sábado 4 de febreiro: 16,00, 17,30 e 19,00. 

Domingo 5 de febreiro: 16,00, 17,30 e 19,00. 

Ritmo de xogo: 30 minutos + 15 segundos de incremento (30’+15’’).

Premios: Trofeo para o mellor universitario e para o mellor en xeneral (torneo imbolc)

Inscricións: Por correo a cidu@xadrezuniversitario.org

Información complementaria: Por whatsapp 654 60 37 16 ou no correo indicado.

LEMBRA QUE O VENRES 3 ESTAREMOS DE 19,30 A 21,30 NO CENTRO UNIVERSITARIO DE RIAZOR.

O DOMINGO 12 REALIZAREMOS OUTRO TORNEO A RITMO MAIS RAPIDO.

26/01/23

Cotas sociais 2023

Neste 2023 imos tentar que as competicións sexan mais parecidas a época anterior a COVID. 

A Liga Galega empezará o sábado seguinte ao entroido e continuará ata maio co parón típico da Semana Santa.

Este ano temos en pouco mais de 10 días os campionatos provinciais e para xogar hai que estar federado.

No Sporting Club Casino xogaranse os campionatos sub14, sub8 e sub10 os días 4 e 5 e en Vila Concepción o sub12 o día 12.

Estaría xenial que os rapaces xoguen a súa categoría e a seguinte.

Os maiores terán que viaxar a Santiago para participar no sub16, sub18 e absoluto.

A cota anual conxunta de socio de CIDU e INCUDE é de 25 euros.

Para aqueles nados en 2009 ou seguintes a cota é de 15 euros.

Os socios este ano recibirán coma sempre un pequeno agasallo (hai que dicir que moitos non pasaron polo CUR a retirar o do ano pasado)

Apuntaros canto antes, grazas!


20/01/23

Xadrez no CUR

Hoxe venres ás 19,30 temos un torneo no CUR a ritmo de 10 minutos.

Daremos como premio o Trofeo de Xadrez Rápido do curso pasado que non realizamos.

E aproveitaremos para falar da Liga que hoxe hai xuntanza da Federación para ir mirando calendario e posible locais de xogo dos provinciais.

Lembramos que moitos tedes aínda por recoller a taza que se daba aos xogadores en 2022.

Así que sexa para xogar ou para levar a taza, podedes pasar de 19,30 en adiante.

04/01/23

Empezamos o ano.

Hoxe 4 de xaneiro, a Asociación de Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias, INCUDE, cumple 30 anos, aínda que a nosa actividade empezara xa en 1990 coa separación das universidades galegas.

Sabías que o xadrez foi un dos primeiros deportes da Universidade da Coruña? Xadrez, Béisbol e Iudo que levaba a mesma persoa; Jorge Rey, un dos fundadores da asociación, entón estudante de económicas.

Para celebrar esta data hoxe faremos un pequeno torneo de xadrez. Como a nosa casa está pechada por aforro enerxético ata o vindeiro luns faremos a actividade no Centro Comercial Los Rosales na Sala de xadrez da SCD Palaestra.

Torneo Aniversario de INCUDE

19,00 no Centro Comercial Los Rosales.

A participación é de balde pero pedirase un quilo de pasta ou arroz.

Suizo a cinco roldas a ritmo de 5 minutos.

Trofeo para o vencedor.

Nos próximos días agardamos coñecer o calendario oficial da Federación Galega de Xadrez e empezar o periodo de afiliación para os que desexen xogar con nos a competición federada.