27/05/21

Penúltimo torneo do Circuito

Este venres 28 teremos o penúltimo torneo do Circuito de Primavera.

Nas últimas semanas RoiandRoll foi recurtando a distancia con ramiro72. E agora é so dun punto.

Unha situación moi axustada que veremos a favor de quen se inclina


Próximo torneo:
Venres 28/05/2021 ás 21,30 en chess.com

25/05/21

ROBERTO SERRANO GAÑA O TORNEO ONLINE. LANZAMOS TORNEO 960.

Roberto Serrano (PAS), que foi segundo nos torneos de 2019 Online e 960 ven de impoñerse no Torneo Online da UDC deste curso. Roberto xa gañou no pasado decembro o XXX Torneo Universitario presencial.

Tras Roberto Serrano quedou Rodrigo Pena (alumno de Socioloxía) e en terceiro lugar Diego Medín (exalumno de Aparelladores) que gañara na edición anterior.

A clasificación completa (2 páxinas) pode verse en: 

https://www.chess.com/tournament/vii-torneo-online-da-udc/players?&page=1

TORNEO 960

Deixamos pouco menos dun mes para empezar outro torneo online; a segunda edición do Torneo 960.

Lembra que nesta modalidade as pezas da primeira fila sorteánse dentro dunha serie de restriccións.

Neste torneo poden participar os membros do noso club UDC en chess.com (Comunidade Universitaria e exalumnos).

O Torneo empezará o 14 de xuño, ao remate dos exames.

https://www.chess.com/tournament/ii-torneo-de-xadrez-960

20/05/21

Retomamos o circuito

O Circuito de Primavera volve o próximo venres.

ramiro72, que lidera o Circuito,  recolleu esta semana o trofeo das actividades COVID de marzo e abril.

Por outra banda a falta dunha soa partida JoinFreeEasy é o virtual vencedor do Torneo Online da UDC deste curso. En canto remate faremos o torneo online 960.

Próximo torneo:

Venres 21 de maio ás 21,30 en chess.com

https://www.chess.com/play/tournament/2330877


08/05/21

ramiro72 lidera o circuito

ramiro72 está a liderar o Circuito de Primavera e tamén logrou a vitoria das actividades especiais pola COVID de marzo e abril, que tivo a seguinte clasificación:


No Circuito de Primavera, o torneo deste venres tivo unha participación maior e catro dos que puntuaron no mesmo non conseguiran puntos antes, polo que o grupo de xogadores dentro do circuito agora é mais grande. Levamos xa a metade dos torneos que compeñen este circuito.


O próximo venres non temos torneo do Circuito, xa que tentaremos facer algunha actividade distinta aproveitando o fin de semana das Letras Galegas.

06/05/21

VOLVE O CIRCUITO DE PRIMAVERA

Este venres temos de novo torneo do Circuito de Primavera.

En maio haberá torneos os días 21 e 28. O próximo día 14, previo á ponte das Letras Galegas, non haberá.

Venres 7 de maio ás 21,30

https://www.chess.com/play/tournament/2300554