29/01/24

Calendario de Liga

En febreiro iniciaremos a Liga Galega de Xadrez.

Aquí temos o calendario dos equipos. Empezade a reservar os sábados ás 17,00 para botar unha partida.

En principio o CIDU - UNIVERSIDADE xogará os seus encontros como local no Centro Universitario de Riazor e os outros equipos xogarán na casa no Centro Comercial Los Rosales.

Lembra que este ano temos a cota voluntaria extraordinaria para axudar a economía do club.

ROLDA-1 17-02-2024
CIDU INCUDE - CIDU RIAZOR
AIR-HOSTESS A - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
 
ROLDA-2 24-02-2024
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA -  AVV O GAITEIRO - SIGRAS
CIDU RIAZOR - CLUB XADREZ IRINDO
XIRIA GARAYSA CARBALLO B - CIDU INCUDE
 
ROLDA-3 02-03-2024
CIDU INCUDE - GILLANCIÑOS
PIRATA TITO - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
ESCOLA XADREZ CLUBEXA B - CIDU RIAZOR
 
ROLDA-4 09-03-2024
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - CLUB XADREZ ARTEIXO B
CLUB DE AJEDREZ MACONDO C - CIDU RIAZOR
TDFC7 - CIDU INCUDE
 
ROLDA-5 16-03-2024
CIDU INCUDE - ESCOLA TECNICA DE XADREZ DA CORUÑA
CIDU RIAZOR - XIRIA GARAYSA CARBALLO B
E.L.X. ABSOLUTO - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
 
ROLDA-6 06-04-2024
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - E.L.X. BOBBY FISCHER
GILLANCIÑOS - CIDU RIAZOR
XIRIA A´XAMONERÍA CARBALLO C - CIDU INCUDE
 
ROLDA-7 13-04-2024
CIDU INCUDE - CLUB DE AJEDREZ MACONDO C
CIDU RIAZOR - TDFC7
XDM - GRUPO OCA - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA

ROLDA-8 20-04-2024
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - MACONDEROS
CIDU INCUDE - CLUB XADREZ IRINDO
ESCOLA TECNICA DE XADREZ DA CORUÑA - CIDU RIAZOR
 
ROLDA-9 27-04-2024
CIDU RIAZOR - XIRIA A´XAMONERÍA CARBALLO C
ESCOLA XADREZ CLUBEXA A - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
ESCOLA XADREZ CLUBEXA B - CIDU INCUDE
 
ROLDA-10 04-05-2024
MIRKO A - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
 
ROLDA-11 11-05-2024
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - TDFC

17/01/24

Fedérate co CIDU!

Cota anual do CIDU 2024: 25 euros (nados en 2010 ou seguintes 15 euros).

Lembramos que os alumnos das actividades de xadrez de CBIS, Calasanz e Prácticas teñen a inscrición de balde. 

Formulario de inscrición; 


2. Este ano imos ter unha cota especial voluntaria para fortalecer a economía do club: 20 euros a maiores. A cota imaxe corporativa permitirá recibir un lote con distintos obxectos, entre os que os mais salientables serán a taza do club e a nova sudadeira.

3. No formulario tamén verás a opción de anotarse nas novas clases no CUR. 

12/01/24

Clases no CUR

Estamos nos últimos días para confirmar os equipos de xadrez para a Liga Galega.

Así que lembramos a necesidade de cubrir o formulario xa publicado na web.

Ademais advertimos das dúas clases que lanzamos neste xaneiro no Centro Universitario de Riazor:

Mércores de 18,00 a 19,00, xadrez de competición con Iago Soto.

Venres de 19,30 a 20,30, xadrez básico con Pablo Espárrago.

Despois destas dúas clases (o preso é de 15 € ao mes para socios e 20 € para non socios do CIDU) os xogadores do equipo e outros universitarios poden vir a botar unhas partidas.

03/01/24

Actividade polo Aniversario de INCUDE

INCUDE
naceu o 4 de xaneiro de 1993, polo que estamos a cumprir 31 anos, un ano mais dos que cumprirá o CIDU o 1 de maio.

Aproveitando a data sempre facemos algunha cousa e queremos que este ano sexa o inicio dunha actividade que permanezca no tempo, ligando a una actividade como "Día do Club", unha pequena actividade na que ademais entregar a camiseta aos xogadores do CIDU.

1. Hoxe día 3 remata o prazo para inscribir os equipos na Federación Galega de Xadrez (aínda que normalmente o prazo é mais flexible en terceira). Temos que saber canta xente quere xogar asi que temos o típico formulario de inscrición:

Cota anual do CIDU 2024: 25 euros (nados en 2010 ou seguintes 15 euros).
Lembramos que os alumnos das actividades de xadrez de CBIS, Calasanz e Prácticas teñen a inscrición de balde. 

Formulario de inscrición; 


2.
Este ano imos ter unha cota especial voluntaria para fortalecer a economía do club: 20 euros a maiores. A cota imaxe corporativa permitirá recibir un lote con distintos obxectos, entre os que os mais salientables serán a taza do club e a nova sudadeira.

3. No formulario tamén verás a opción de anotarse nas novas clases no CUR. O prezo será de 15 euros ao mes. Nestes días publicaremos mais detalles.

ACTIVIDADE DO ANIVERSARIO

Temos previsto realizar un pequeno torneo, pero xa que estamos en época de exames seguramente o pospañamos ata o remate dos mesmos. Pero para este xoves poremos en xogo un trofeo, o da Xornada Lúdica do Aniversario de INCUDE.

Invitamos a todos os socios de INCUDE e/ou CIDU a acudir ao Centro Universitario de Riazor dende as 17,00 horas, para poder retirar a súa camiseta (e o resto das cousas se ten a cota corporativa). Algúns ainda teñen por alí a taza do 2022 sen recoller.

Teremos partidas para xogar a distintos xogos de mesa de temática medieval como Carcasonne, Os constructores da Idade Media e loxicamente o noso xogo Irmandiños.

De 19,30 a 20,30 realizaremos un torneo de xadrez.

O gañador das distintas probas que fagamos (torneo de xadrez e partidas aos xogos de mesa) levará o trofeo das Xornadas Lúdicas do Aniversario de INCUDE. 

Ademais recibiremos ideas para crear a entidade social de INCUDE para exalumnos da UDC.