17/01/25

Actividades de inicio de ano

Esta semana houbo novidades porque ante a posibilidade de ter que viaxar na Liga a Carballo, Baio e Malpica decidimos non presentar o equipo de terceira. 

Nos próximos días comentaremos a actividade a crear para os xogadores de este equipo, que poderán participar nalgún encontro de segunda e ademais montaremos un torneo por colexios sub14.

Por outra banda se hai xa varios días publicamos o noso calendario de torneos, hoxe toca informar dos torneos internos dos venres.

Durante as próximas semanas estaremos no CUR de 19,30 a 21,30.

Realizaremos un torneo de blitz de 20,00 a 21,00 todos os venres ata a primavera, o CIRCUITO DE INVERNO so para xogadores do Club. Haberá unha cota de 2 euros. O campión recibirá unha camiseta. Realizarase unha clasificación con todos os torneos e o campión recibirá ao final un trofeo. Haberá outros premios sendo o principal que todos os que participen en cinco destes venres recibirán un vale de Pizza.

Hoxe estaremos mais pero xogando a algún xogo de taboleiro como Dune ou Xogo de Tronos.


10/01/25

Venres no CUR

A partir de hoxe os venres estaremos no CUR a partir das 19,30.

Hoxe realizaremos un torneo blitz a partir das 20,30.

E marcaremos as actividades de clases e torneos para os próximos meses.

A FEGAXA publicou os grupos provisionais da Liga Galega nesta LIGAZON


05/01/25

Resultados Torneo Aniversario

Iniciamos o ano co Torneo Aniversario no que o primeiro posto decidiuse polo Bucholz tras o empate a puntos entre o actual campión universitario da UDC, José Aba, e Jorge Rodríguez, que pese a perder co anterior, logrou a vitoria final ao impoñerse nos sistemas de desempate habituais nos nosos torneos.

Se non sabedes como funcionan a preguntar o próximo día con actividade, que será no CUR o venres 10 para os nosos membros e o martes 7 para os sub14 que queiran asistir a unha clase especial de Marcos Martínez na Escola de Xadrez de Palaestra no Centro Comercial Los Rosales.



Resultados do Torneo:

1 JORGE RODRIGUEZ,  4 17.0 14.0 10.0 4
2 JOSE ABA,  4  14.5 11.0 8.5 4 MELLOR UNIVERSITARIO
3 OLIVER SANCHEZ, 3.5 15.5 12.5 10.5
4 MARCO MARCOTE,  3.5 14.5 11.5 9.5 3 MELLOR SUB12
5 ALBERTO SANCHEZ,  3 15.0 9.0 9.5 3
6 PABLO ESPARRAGO, 3 12.5 8.0 7.5 3
7 ZOE RODRIGUEZ,  3 10.5 7.0 5.5 3
8 GABRIEL DEL RIO,  3 10.0 8.0 6.0 3 MELLOR SUB14 (2º)
9 MAR RODRIGUEZ,  2 12.5 5.0 8.0 2 MELLOR SUB10
10 JOSE MANUEL ANDION, 2 11.5 6.0 6.5 2
11 JOAQUIN DEL RIO,  1.5 9.5 5.5 6.0 1
12 ROQUE SANDE,  1 13.0 3.0 9.0 1
13 XOAN SANDE,  1 10.5 2.0 6.5 1
14 MANUEL LOPEZ,  0.5 8.5 2.5 4.5 0

04/01/25

Primeira fin de semana de 2025

Lembramos que hoxe día 4. aniversario de INCUDE, temos un torneo na nosa sede, con trofeos para os tres primeiros e para o mellor das categorías sub14, sub12, sub10 e sub8, así como medalla para todos os asistentes.

Tes as bases aqui: https://www.xadrezuniversitario.org/2024/12/torneo-aniversario-incude.html

E por outra banda temos que decir os equipos para a Liga Galega de 2025, no que será baixa case todos os encontros por estar de Erasmus, Jaime, a quen vemos na foto tras a súa vitoria no torneo de adestramento deste xoves pasado, levando a sudadeira do CIDU.

Sobre os equipos:

EQUIPO UN

O primeiro dos equipos tivo dous xogadores que disputaron todas as partidas e un que só faltou a unha, polo que resolver as roldas foi relativamente sinxelo. Neste 2025 en principio pensamos que o equipo será o mesmo e que as posibles baixas sigan a ser cubertas polos dous suplentes.


EQUIPO DOUS

No equipo dous, a pesar de que foron dúas roldas menos que no primeiro, só un xogador asistiu a todas as roldas. Pablo será neste 2025 o delegado do equipo e imos ver como se desenvolve coa baixa de Jaime, o primeiro taboleiro e o segundo en partidas disputadas.


EQUIPO TRES

No equipo tres xa houbo que recorrer a 15 xogadores e algúns deles xa non van estar nesta próxima Liga así que necesitaremos reforzar o equipo con xente nova e tamén conseguir unha maior implicación dos xogadores.

Se aínda non estás anotado pasa por esta ligazón e anótate no equipo:

https://www.xadrezuniversitario.org/2024/12/federate-co-cidu-no-2025.html