30/12/20

Florencio González venceu no Aniversario

Dezaseis era o máximo de xogadores permitidos para esta actividade presencial e dezaseis foron os anotados para esta actividade, con cinco partidas.

E as cinco partidas as contou como vitorias Florencio González.

Cunha  sóa partida perdida finalizaron Brais Martínez (que remataba o seu último ano sub18) e Rubén Troiteiro, cun gran torneo para este sub10.

Con esta actividade rematabamos o 2020 un ano que foi bastante complexo no organizativo, pero no que intentamos salvar todas as nosas actividades adaptándonos ao que nos tocou vivir.


1 FLORENCIO GONZALEZ, 1529 5 8.0 13.0 15.0 13.00 78.0 13.0
2 BRAIS MARTINEZ, 4 8.0 14.0 12.0 9.00 84.0 14.0
3 RUBEN TROITEIRO, 4 8.0 13.0 10.0 10.00 78.0 13.0
4 NOA GARCIA-MUÑOZ, 1100 3 10.0 17.0 12.0 8.00 102.0 17.0
5 DAVID PEREZ, 3 9.0 14.0 9.0 7.00 84.0 14.0
6 PABLO FURELOS, 3 7.0 13.0 9.0 6.00 78.0 13.0
7 PABLO IGLESIAS, 3 7.0 11.0 10.0 5.00 66.0 11.0
8 VERA GARCIA-MUÑOZ, 3 7.0 11.0 8.0 3.00 66.0 11.0
9 CARLOS PARDO, 2 11.0 18.0 8.0 5.00 108.0 18.0
10 MARCOS RIAL, 2 8.0 14.0 5.0 4.00 84.0 14.0
11 ARTURO RIVAS, 2 7.0 10.0 6.0 2.00 60.0 10.0
12 NICOLAS RIVAS, 2 6.0 10.0 6.0 3.00 60.0 10.0
13 CELIA LORENZO, 2 5.0 8.0 3.0 1.00 48.0 8.0
14 JACOBO LOPEZ, 1 8.0 13.0 3.0 0.00 78.0 13.0
15 YAGO MARTINEZ, 1 8.0 12.0 4.0 0.00 72.0 12.0
16 NICO VIGO, 0 5.0 9.0 0.0 0.00 54.0 9.0

29/12/20

ANIVERSARIO DO CIDU

ANIVERSARIO DO CIDU
Seguimos coas actividades de remate deste 2020. A actividade ten a condición de adestramento / partidas amigables federadas, polo que é obrigatorio contar coa licenza federativa de 2020.

ASPECTOS ESPECIAIS POLA COVID
Será de aplicación a normativa de prevención antiCOVID de adestramentos da Federación Galega de Xadrez. As seguintes normas tamén serán de aplicación en tanto complementan algunhas das anteriores e non as limitan. 
1. É obrigatorio levar posta unha máscara en todo momento. Non estará permitido comer ou beber na sala de xogo. 
2. É obrigatorio o uso do xel na entrada da sala. Así mesmo deberá usarse sempre que as mans entren en contacto con superficies non desinfectadas e especialmente tras tocar as pezas manipuladas anteriormente polo rival (no caso das capturas). Polo tanto cada xogador debe levar un frasco de xel.
3. Será obrigatorio o uso da alfombra desinfectante colocada á entrada sa Sala de Xogo.
4. Os xogadores non permanecerán na sala de xogo mais tempo do necesario para xogar a partida. Polo tanto non haberá análise posterior. Tampouco poderán pasear pola sala.
5. Os xogadores non deberán darse a man ao inicio ou fin da partida. 
6. Antes de entrar na sala medirase a temperatura dos participantes.
7. Os aspectos aqui expostos poden verse complementados, antes e durante o torneo co fin de garantir na medida do posible unha actividade segura.

1. Participantes.
Poderán participar nesta proba os xadrecistas que o desexen. Só haberá 16 prazas,  que deberán contar con licenza federativa. 
2. Modalidade.
Xogaranse cinco partidas en sistema suizo.
3. Ritmo de xogo.
Haberá 15 minutos de tempo por xogador. 
4. Lugar. 
Centro Comercial Los Rosales
5. Horario.
1ª Rolda:
17,30 / 2ª Rolda: 18,00 / 3ª Rolda: 18,30 / 4ª Rolda: 19,00 / 5ª Rolda: 19,30 
Dentro da sala de xogo hai dous espazos diferenciados que alternaranse para facilitar a desinfeción do material de xogo.
6. Premios.
Trofeo para os tres primeiros clasificados.
Todos os anotados recibirán un pequeno bote de xel.
Tamén recibirán un vale para unha pizza a empregar os días 29, 30 ou 31 de decembro no Pizza Movil de Manuel Murguía.
7. Inscricións.
A inscrición é de 3 euros.
Prégase traer a cantidade exacta.
Como en anos pasados solicitamos unha doazón de alimentos non perecedeiros.
(en anos anteriores ó destinatario foi o Banco de Alimentos https://www.facebook.com/balrial/posts/1522154844589289)

A ligazón de inscrición atópase mais abaixo.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 

Advertencia 1: Os participantes (ou os seus titores) autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa aparición nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Os participantes recibirán un correo confirmando a inscrición co documento de aceptación de risco dacordo cos protocolos anti-COVID presentes na páxina da Federación Galega de Xadrez.

PREME PARA ANOTARSE

22/12/20

Roberto Serrano gañou o XXX Universitario

O PAS Roberto Serrano gañou o XXX Universitario, que con estrictas medidas de prevención anti-covid veu desenvolvéndose no Centro Universitario de Riazor dende o pasado día 9.

Empatado a puntos, tras a derrota do campión na última xornada, quedou o estudante de socioloxia Rodrigo Pena, a priori favorito no torneo, e que quedou segundo polo desempate.

Manuel Cascallar, estudante de arquitectura, Samuel Dieste, estudante de Ciencias do Deporte e Juan Carlos Barderas, estudante de ADE, lograron vencer en tres das cinco partidas.



CLASIFICACION

1 ROBERTO SERRANO BUJAN, 1473 4 8.0 14.0 14.0
2 RODRIGO PENA,                 1718 4 7.0 11.5 13.0
3 MANUEL CASCALLAR,                 3 7.5 12.5 7.0
4 SAMUEL DIESTE,                 1465 3 7.5 12.0 10.0
5 JUAN CARLOS BARDERAS, 1071 3 6.0 11.0 10.0
6 PABLO FURELOS,                         2 7.5 12.5 5.0
7 ANTONIO GARDA,                         1 8.0 13.5 1.0
8 PABLO PLAZA,                                 1 7.5 12.5 5.0
9 IAGO BLANCO,                                 0 3.5 3.5 0.0


CADRO
1 ROBERTO SERRANO BUJAN, 1473 9:+ 8:W 4:W 2:W 3:L
2 RODRIGO PENA,                 1718 7:W 5:W 3:W 1:L 6:W
3 MANUEL CASCALLAR,                 4:L 6:W 2:L 7:W 1:W
4 SAMUEL DIESTE,                 1465 3:W 7:W 1:L 5:L 8:+
5 JUAN CARLOS BARDERAS, 1071 6:W 2:L 8:+ 4:W 7:L
6 PABLO FURELOS,                         5:L 3:L 7:W 8:+ 2:L
7 ANTONIO GARDA,                         2:L 4:L 6:L 3:L 5:W
8 PABLO PLAZA,                                 0:W 1:L 5:- 6:- 4:-
9 IAGO BLANCO,                                 1:- 0: 0: 0: 0:




FINAL CIRCUITO DE OUTONO


David Pérez Cuns (jajaquemate) foi o gañador do Circuito de Outono, consistente en seis torneos celebrados os venres nas últimas semanas.

A entrega do trofeo acreditativo realizouse tras o Xadrez de Navidad no Círculo de Artesanos, un espazo emblemático da historia do xadrez galego.


O cadro final da actividade é o seguinte:




16/12/20

SITUACION DO XXX UNIVERSITARIO

CLASIFICACION TRAS TRES ROLDAS

1 ROBERTO SERRANO BUJAN, 1473 3 4.0 8.0 9.0
2 RODRIGO PENA,         1718 3 2.5 5.0 9.0
3 JUAN CARLOS BARDERAS, 1071 2 3.0 7.0 6.0
4 SAMUEL DIESTE,         1465 2 2.5 5.0 7.0
5 PABLO PLAZA,                         1 3.5 7.0 4.0
6 MANUEL CASACALLAR,                 1 3.0 6.0 3.0
7 PABLO FURELOS,                 1 2.0 3.5 2.0
8 ANTONIO GARDA,                 0 3.0 7.0 0.0
9 IAGO BLANCO,                         0 2.5 2.5 0.0

XOVES 17/12/2020 - 20,30
1 ROBERTO SERRANO BUJAN, [3] : RODRIGO PENA, [3]
2 JUAN CARLOS BARDERAS, [2] : SAMUEL DIESTE, [2]

VENRES 18/12/2020 - 20,30
3 PABLO PLAZA, [1]         : PABLO FURELOS, [1]
4 MANUEL CASACALLAR, [1] : ANTONIO GARDA, [0]

06/12/20

MEDIDAS ANTI COVID

Máscara, "salvaorellas" e un pequeno bote de xel.

Esté conxunto entregarase a tódolos asistentes ás actividades de outono.

A máscara cumpre a norma europea EN 14683, que cobre os métodos experimentais e as características de fabricación e rendemento das máscaras cirúrxicas.

Para 25 lavados. 

03/12/20

CIRCUITO OUTONO

Este venres xogamos o 4º torneo do Circuito de Outono. A clasificación actual é a seguinte:

O Torneo terás lugar ás 21,30 en chess.com

https://www.chess.com/live#t=1824525

Lembrade toda a actividade que teremos esta ponte.

02/12/20

XADREZ DO OUTONO PARA RAPACES

Xadrez de Outono este ano é moi distinto pero vai ter diferentes actividades grazas ao apoio do Concello da Coruña.

ACTIVIDADES PRESENCIAIS NO CENTRO COMERCIAL LOS ROSALES
As actividades presenciais das categorías inferiores serán no Centro Comercial Los Rosales.

Terán a condición de adestramento / partidas amistosas federadas, polo que é obrigatoria contar coa licenza federativa de 2020.

Para ter a maior seguridade posible, só haberá 8 participantes por cada grupo de idade e as partidas que se disputen serán eliminatorias. Deste xeito cada xogador disputará unha, duas ou tres partidas permanecendo na sala entre media hora e hora e media.

A actividade é gratuita pero solicitamos, como en anos anteriores, a entrega de alimentos non perecederos (é unha actividade modesta, así que poder ser 1 kilo de pasta).

Os asistentes levarán obrigatoriamente máscara e empregarán xel cada vez que toquen pezas do rival.

Os participantes recibirán unha máscara con motivos de xadrez, un salvaorellas e un pequeno bote de xel. O mellor de cada categoría levará un trofeo.

Categoría Sub8 - Sábado 5 (nados en 2012 ou seguintes).
1ª rolda 18:00
2ª rolda 18:30
3ª rolda 19:00

Categoría Sub10 - Domingo 6 (nados en 2010 ou 2011).
1ª rolda 18:00
2ª rolda 18:30
3ª rolda 19:00

Categoría Sub12 - Martes 8 (nados en 2008 ou 2009).
1ª rolda 12:00
2ª rolda 12:30
3ª rolda 13:00

Categoría Sub14 - Martes 8 (nados en 2006 ou 2007).
1ª rolda 18:00
2ª rolda 18:30
3ª rolda 19:00

Advertencia 1: Os participantes autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Os participantes recibirán un correo confirmando a inscrición co documento de aceptación de risco dacordo cos protocolos anti-COVID presentes na páxina da Federación Galega de Xadrez.

INSCRIPCION NAS ACTIVIDADES SUB8, SUB10, SUB12 E SUB14

OUTRAS ACTIVIDADES PREVISTAS

Rápidas Presencial. 
Centro Universitario de Riazor. Neste caso 6 participantes máximo polo aforo da Sala do CUR.
Será o luns 7.
En principio unha liga neste horario: 
1ª rolda 20:00
2ª rolda 20:15
3ª rolda 20:30
4ª rolda 20:45
5ª rolda 21:00 
Inscríbete por correo en incude@udc.es

ACTIVIDADES ONLINE

Torneo de Outono por equipos
https://lichess.org/tournament/wk5qVgD3
Sábado 5 - 21:30
Ritmo 3 min con 2 seg incremento

Torneo Outono individual
https://www.chess.com/live#t=1824738
Domingo 6 - 21:30
Ritmo 5 min con 3 segundos de incremento

Torneo de Pasapezas
https://www.chess.com/live#t=1824741
Martes 8 - 21:30
Ritmo 5 min finish

25/11/20

XADREZ XXX ANIVERSARIO

O XXX Torneo Universitario de Xadrez estaba programado para o pasado mes de marzo, pero loxicamente tivo que ser aprazado e agora convocamos esta actividade xadrecistica presencial. Queremos ir recuperando a actividade, como pasou no online da semana pasada que contou con 26 participantes.

Xadrez do XXX Aniversario é unha actividade de práctica presencial de xadrez a desenvolver do 9 de decembro ao 22 de decembro. Cada xogador disputará partidas un máximo de 5 días en función do número de inscritos e o sistema resultante, resumido na parte baixa.

Participantes: Poderán participar nesta proba os alumnos, os PAS e os PDI da Universidade da Coruña.

Modalidade: Pola situación actual marcaranse partidas entre os participantes nun sistema que variará para adaptarse a un máximo de 6 xogadores cada día na sala de xogo.

Haberá un grupo de whatsapp para informar das roldas, especialmente no caso de ter que recurrir a un modelo de eliminatorias.

Ritmo de xogo: 15 minutos + 3 segundos de incremento.

Lugar: Centro Universitario de Riazor. Planta Baixa. Sala na que só coincidrán 6 xogadores cada día e con ventilación axeitada.

Horario: 20,00 (Poderá haber certa flexibilidade horaria en caso de solicitude xustificada)

Premios: O mellor desta actividade recibirá un trofeo. Ademais os 10 primeiros clasificados recibirán un vale dunha pizza mediana do noso colaborador Pizza Movil.

Máximo de inscritos: Estimamos que os xogadores que finalmente se animen non serán tantos, pero queda estabrecido un máximo de participantes de 24.

Inscricións: A inscrición é de balde e debe realizarse nesta ligazón 
Os inscritos autorizan a publicación das fotos realizadas no Torneo e das listaxes de clasificacións parciais e finais.

Arbitraxe e dirección do torneo: O árbitro da proba será Brais Casas, arbitro titulado da Federación Galega e presidente no curso pasado de INCUDE. Será asistido e complementarán o Comité do Torneo Ernesto Pérez, coordinador de xadrez e arbitro titulado e Pablo Furelos, presidente actual de INCUDE.

ASPECTOS ESPECIAIS POLA COVID

Será de aplicación a normativa de prevención antiCOVID da UDC e o protocolo de adestramento da Federación Galega de Xadrez. As seguintes normas tamén serán de aplicación en tanto complementan algunhas das anteriores e non as limitan. 

1. É obrigatorio levar posta unha máscara en todo momento. Non estará permitido comer ou beber na sala de xogo. INCUDE entregará ademais unha máscara a tódolos participantes e un "salvaorellas".

2. É obrigatorio o uso do xel na entrada do edificio e de novo na entrada da sala de xogo. Así mesmo deberá usarse sempre que as mans entren en contacto con superficies non desinfectadas e especialmente tras tocar as pezas manipuladas anteriormente polo rival (no caso das capturas). INCUDE facilitará un pequeno frasco de xel a cada xogador.

3. Tamén será obrigatorio o uso da alfombra desinfectante que se coloque á entrada sa Sala de Xogo.

4. A sala estará permanentemente ventilada, coas portas e ventás abertas do xeito que se considere oportuno para a renovación do aire.

5. Os xogadores non permanecerán na sala de xogo mais tempo do necesario para xogar a partida. Polo tanto non haberá análise posterior. Tampouco poderán pasear pola sala.

6. Os xogadores non deberán darse a man ao inicio ou fin da partida. 

7. Antes de entrar na sala medirase a temperatura dos participantes.

8. Os aspectos aqui expostos poden verse complementados, antes e durante o torneo co fin de garantir na medida do posible unha actividade segura.

Anexo. Estrutura do torneo segundo número de asistentes:

Até 6 xogadores:
Liga a unha volta.
Días de xogo: 9, 11, 14, 16 e 18

7 ou 8 xogadores:
Eliminatoria os días 9 e 11 (un dos dous días)
Liga entre clasificados 14, 16 e 18

De 9 a 13 xogadores:
Sistema suízo a cinco roldas. Cada rolda disputarase en dous días. 
Primeira Rolda: 9 ou 10
Segunda Rolda: 11 ou 14
Terceira Rolda: 15 ou 16
Cuarta Rolda: 17 ou 18
Quinta Rolda: 21 ou 22

De 14 a 21 xogadores:
Primeiras eliminatorias os días 9, 10 e 11 (un dos tres días)
Segundas eliminatorias os días 14 e 15 (un dos dous días)
Terceiras eliminatorias o día 16
Semifinais o día 17
Final o día 18

22, 23 ou 24 xogadores:
Primeiras eliminatorias os días 9, 10, 11 e 14 (un dos catro días)
Segundas eliminatorias os días 15 e 16 (un dos dous días)
Terceiras eliminatorias o día 17
Semifinais o día 18
Final o día 21

24/11/20

BOA PARTICIPACION NO XXVIII LOSTREGO

Coa situación actual non éramos moi optimistas coa celebración do XXVIII Torneo Lóstrego, que este ano tivemos que facer en chess.com

Ao final foi un éxito con 27 inscritos, ainda que xogaron 26 persoas.


O campión foi Rodrigo Pena, estudante de socioloxia e directivo de INCUDE. O segundo posto foi para o PAS Roberto Serrano, xogador do noso equipo federado e no terceiro posto Mauro Rivas, estudante de Ciencias.

Resultados completos en: https://www.chess.com/tournament/live/universitario-lostrego-1723143

Torneo do vindeiro venres día 29 ás 21,30: https://www.chess.com/play/tournament/1788316



17/11/20

XXVIII TORNEO UNIVERSITARIO DE XADREZ LÓSTREGO

Este 2020 está a ser un ano extrano, pero en condicións normais xa teríamos celebrado o XXVIII Torneo de Xadrez Lóstrego.

Pero como non queremos rematar o ano sen realizar este torneos, procedemos a súa convocatoria, se ben será en formato de torneo online.

XXVIII TORNEO UNIVERSITARIO DE XADREZ LOSTREGO
Venres 20 de novembro ás 21,00 na plataforma chess.com
Trofeo para o mellor xogador.

E semella que foi non hai tanto, pero do baul das fotos perdidas de google ademais da que ilustra o torneo de hai 10 anos no Campionato de España, sacamos outra un pouco menos vella con Pablo Furelos, hoxe xa na UDC e novo presidente de INCUDE.

12/11/20

David Pérez gaña o primeiro torneo do circuito.

O pasado venres comezou o Circuito Torneos de Outono. 
Seguiremos varios venres ata final de ano ás 21,30 horas na plataforma Chess.com.
Son torneos suizos a cinco roldas e cinco minutos. 
Disputaranse os venres 6, 13 e 27 de novembro e 4, 11 e 18 de decembro. 

Esta foi a clasificación do torneo do pasado venres:



A ligazón para o Torneo do día 13: https://www.chess.com/play/tournament/1709264

23/10/20

Finalización da Temporada 2020


 A Asemblea Xeral da FEGAXA acordou a suspensión definitiva da Temporada 2020 para a Liga Galega de Xadrez. Unha decisión difícil pero que viron necesaria ante a situación sanitaria actual no país.


A decisión vén acompañada duns criterios que se decidiron para resolver as dúbidas cos ascensos e descensos.

- O gañadores ascenderán á seguinte categoría.

- Non haberá descensos.

-Nas próximas tempadas realizarnse os descensos oportunos para volver ao número normal de equipos por grupo e divisións.


Coa finalización da tempada os nosos equipos acabaron coa seguinte clasificación.

Na 3a división Grupo B

- CIDU Universidade da Coruña 1º posto

- CIDU Xuvenil 7º posto

- CIDU Riazor 11º posto.

Na 3a Division Grupo C

- CIDU Dominicos 10º posto

- CIDU Calasanz 11º posto.


O equipo dos maiores (CIDU UDC) consegue volver á segunda división despois dun par de anos fóra.


A nosa participación foi posible grazas á colaboración do Concello da Coruña




24/09/20

ADESTRAMENTO ONLINE

Pois aínda que tiñamos previsto publicar xa este mércores algunha proposta presencial, aínda non temos todas as confirmacións. Imos con todo, coa nosa primeira proposta deste curso; os grupos de adestramento online.

O curso desenvolverase de outubro a decembro.

Os luns (empezando o día 5/10/2020) publicaremos un videos sobre unha apertura e material diverso doutros temas. Entre visionado e lectura dará para unha hora aproximadamente, aínda que variará segundo o nivel do participante. Os anotados poden velo cando desexen.

Os mércores os participantes terán unha pequena charla de media hora por zoom ou similar co MI Wilson Palencia, xogador de Venezuela, á que representou nas Olimpiadas de Xadrez, e que durante un tempo foi o director técnico de AGAX. Tras a explicación os membros do grupo xogarán un torneo cunha apertura determinada (a apertura da que se fale o luns). 

Cada grupo de adestramento estará formado por un máximo de 8 persoas. Para facer mais persoal o adestramento, algunhas das partidas dos torneos aparecerán comentadas nas semanas seguintes. Ademais unha vez durante o trimestre cada un dos alumnos terá oportunidade de contar cunha clase persoal de 45 minutos con Wilson Palencia.

As primeiras clases dos mércores serán dos seguintes temas: 1-Aprender a evaluar posicións con Moskalenco, 2-Puntos de ruptura, 3-Sacrificios posicionais, 4-Tipos de centro e 5-Carreira de tempos no ataque. Os temas seguintes serán escollidos en función da evolución dos grupos.

GRUPO A. SUB 14 (Aínda que a idade é o de menos no xadrez)
Mércores de 17,00 a 18,15.

GRUPO B. Maiores
Mércores de 19,00 a 20,15.

Os grupos empezarán en canto haxa un mínimo de 5 en cada un deles.

Custo: 40 euros polo trimestre.

Que inclue:

- Grupo reducido de 8 persoas con seguimento persoal.
- Material dos luns
- Clase en zoom os mércores de 30 minutos.
- Torneo posterior coa presenza sempre que sexa posible do propio Wilson Palencia.
- A final do curso aquel xogador que lograse gañar a Wilson (ou se hai moitos quen o fixera mellor) recibirá un trofeo.
- Unha clase particular de Wilson Palencia de 45 minutos onde resolver calquera tipo de dúbidas.

E por 10 euros mais no trimestre.
Como sabedes a nosa economía non vai ben tras parar dende marzo, pero aínda así somos quen de estirarnos e se axudas ao club con 10 euros mais terás dereito a:

- Camisola do CIDU (a de Come-Durme-Xoga)
- O libro Finais Básicos da Colección de Libros de AGAX.
- Unha máscara hixiénica de INCUDE con tema de xadrez (están encargadas)
- E o que fará que se anote o presidente do CIDU; un vale de Pizza Mediana dos nosos colaboradores de PizzaMovil.

Anímate a colaborar.

Para inscribirse: mensaxe de whatsapp ao 654603716 co nome e o grupo (e xa respostaremos coas instruccións de pago) ou ao correo escola@xadrezuniversitario.org

Tamén pódenos escribir para suxerir outro día para facer grupo ou se sodes 5 e queredes outra hora intentar cuadrar xa unha data que veña ben.

22/09/20

Un curso atípico

A estas alturas aínda non temos todo listo para o inicio do novo curso, parecera que a COVID ralentizase a algunha xente ou impedira a toma de decisións.

Escudados en protocolos varios, botan o balón duns a outros, ao modo que fan certas administracións.

O certo é que imposible unha actividade absolutamente segura, haxa ou non virus por medio. Tentaremos facer unha actividade onde a maioría sintase cómoda e acepte o nivel de risco. Pero sempre algúns percibirán risco (a enquisa do CIS da semana pasada dicia que a metade da poboación é partidaria de endurecer as medidas preventivas).

Pensamos publicar este mércores algunhas das nosas propostas online e presenciais e deixamos unhas poucas horas por se alguén quere facer unha suxerencia, sexa por algo que ten pensado, sexa por algo que se lle ocurra tras leer estas liñas.

Algunhas cousas:

* A antiga cafetaría do CUR non reune o mínimo para facer actividades alí, xa que non hai ventilación. Sobre o resto do edificio hai moita presión de uso xa que mesmo están a darse clases de facultades que non teñen espazo nos seus respectivos edificios. Loxicamente asumimos que primeiro vai a docencia universitaria que a actividade de xadrez.

* Sobre espazos alternativos que temos usado, a Normal este curso non vai acoller actividades presenciais da Universidade Senior, polo que parece lóxico que non se farán os grupos que tíñamos alí, e mesmo o colexio que está no mesmo edificio suspendeu todas as extraescolares ata o mes de xaneiro. No caso do Sporting Club Casino, agora para entrar na rúa Real é necesario contar co carnet de socio.

* A Escola está en ERTE dende marzo e para sair do ERTE habería que ter a carga de traballo que o permita, cousa que agora non acontece. Moitos colexios aínda non comentaron nada da súa actividade extraescolar e outros fixerono para comunicar a súa cancelación.

*  Por outra banda aínda que practicamente houbera a mesma actividade xa hai pais que comentaron a súa inquedanza polo feito de que os monitores asistan a varios centros. Hector por exemplo o ano pasado iba a sete centros distintos a dar clases.

Así que estamos diante dunha nova situación na que temos perdido a actividade de Xadrez Senior e Xadrez e Alzheimer e boa parte da actividade dos colexios, polo que posiblemente a liña de actuación no curso 2020-2021 sexa a de fomentar as clases online (mañán anunciaremos o noso modelo) e no presencial facer poucos grupos, con pouca xente e de maior duración. Prácticamente non hai ningunha posibilidade de que continuen este ano os grupos típicos do noso club dunha hora á semana. Unha vez usada a sala quedaría inutilizable e non compensa por unha soa hora.

Calquera idea será ben valorada. En calquera caso este mércores publicaremos as propostas que temos argallado para empezar en outubro.

As fotos corresponden ao Campionato de España de Segunda División onde houbo un brote, a asemblea da Federación Española e da Liga Portuguesa (as dúas últimas da pasada fin de semana). Parece que algúns toman a cousa con mais lóxica ou seriedade que outros.

20/09/20

Vencedor do curso 2019-2020

Tras sumar os puntos obtidos nos tres circuitos que houbo o ano pasados, gañados por José Manuel Andión, Florencio González e Fran Pedreira (este circuito todo online durante confinamento) o resultado foi que José Manuel Andión foi o mellor no curso 2019-2020.

13/08/20

JOSE MANUEL ANDION REMATA DE VENCEDOR DO CIRCUITO

Nos próximos días imos ir anunciando novas actividades de INCUDE e CIDU ademais das que prepara AGAX. Tras a proba dos adestramentos presenciais en xullo, imos ir retomando certas accións. 
Tal como estaba previsto a serie de torneos de adestramento completou o circuito que estabamos a facer antes de marzo. Neste caso non houbo cambios e José Manuel Andión que lideraba a proba, quedou finalmente como campión do circuito. O trofeo entregarase nalgunha actividade futura.

30/07/20

ACTIVIDADES DE XADREZ

ADESTRAMENTO VENRES 30
Ás 19,00 no CUR. Nunha sala da planta baixa, non do soto. Ventás e portas abertas. Máximo 6 persoas que manterán a distancia de 1,5 metros (salvo os dous xogadores da partida). É obrigatorio o uso de máscara en todo o edificio e de xel (haberá na entrada do edificio e na sala).
Desenvolvemento: De 19,00 a 19,30 charla técnica e resolución de problemas. De 19,30 a 20,30 Torneo de rápidas. Daremos unha camisola de actividades pasadas ao vencedor. Os torneos do 17 e do 24 engadiranse ao paralizado circuito presencial de xaneiro e febreiro. O vencedor do circuito terá tamén un trofeo.
Sorteo dun vale de pizza entre os participantes.
Cota: 5 € (levar o diñeiro xusto).
As inscricións deben facerse por Whatsapp no 654 60 37 16.
***Sen confirmación non se pode acudir á sala***

TORNEO DE XADREZ 960 OU FISCHERRANDOM
Imos facer a segunda edición do Torneo de Xadrez FischerRandom, disputándose por grupos de máximo 6 persoas a dobre partida e a empezar o 9 de agosto

Xogarase na plataforma chess.com
https://www.chess.com/tournament/ii-torneo-universitario-de-xadrez-960

16/07/20

Venres 17 e sábado 18

ADESTRAMENTO DIA 17

Imos facer a primeira proba de actividade presencial; adestramento venres 17 ás 19,00 no CUR. Nunha sala da planta baixa, non do soto. Ventás e portas abertas. Máximo 8 e mínimo de 4 persoas que manterán a distancia de 1,5 metros (salvo os dous xogadores da partida). É obrigatorio o uso de máscara en todo o edificio e de xel (haberá na entrada do edificio e na sala).

Desenvolvemento: De 19,00 a 19,30 charla técnica e resolución de problemas. De 19,30 a 20,30 Torneo de rápidas. Daremos unha camisola de actividades pasadas ao vencedor. Os torneos do 17 e do 24 engadiranse ao paralizado circuito presencial de xaneiro e febreiro. O vencedor do circuito terá tamén un trofeo.

Sorteo dun vale de pizza entre os oito participantes.

Cota: 5 € (levar o diñeiro xusto).

As inscricións deben facerse por Whatsapp no 654 60 37 16.
***Sen confirmación non se pode acudir á sala***

Se hai un mínimo de cinco persoas que desexen un adestramento similar outro día poden facer unha solicitude.

18 DE XULLO: TORNEO SUB 12

Continuando os torneos online sub12 dos últimos sábados de cada mes temos o 18 e 25 o TORNEO DIA DE GALICIA ás 12,00 en Lichess. Seguramente sendo un sábado de verán non haxa moita xente, pero ai vai a ligazón para participar:

https://lichess.org/tournament/xlTEly48

Contrasinal: SANTIAGO

01/07/20

Algunhas conclusións da enquisa

Grazas aos que participaron na enquisa destes días. Asumíamos que habería moitos que non participarían, pero que polo menos chegaríamos a ter opinións diversas.

Aqui deixamos algúns resultados, ainda que depois son matizables.

Xa de entrada a participación estivo en porcentaxe moi similar ao que a conformación do Club con maioría relativa dos sub12 e maioría absoluta de sub18.


* Mais da metade dos que respostaron a enquisa recoñecen ter pouco coñecemento dos protocolos de xadrez fronte a COVID

* Unha boa maioria expresa temor ao reinicio dos torneos presenciais, pero case un 33% sitúase nos puntos mais favorables ao reinicio (8, 9 e 10 na escala).

* A maioría quere que se reduzan os ritmos de xogo para evitar posibles exposicións longas.

* A maioría expresa que non deben realizarse no interior.

* Hai case igualdade na posibilidade de empregar mobil ou tablet como sustitutos.

* Un 40% aproximadamente considera que deberían empregar luvas.

* A maioría considera que deberíamos rebaixar premios/trofeos e aumentar en prevención.

* Unha maioría moi ampla non ten problemas de alerxia ou temor a un posible abuso de desinfectante.

* Hai un empate prácticamente na solicitude de que se reanude a Liga en tódalas categorías.

No tocante aos torneos online:


* A gran maioría considera que hai que aumentar os torneos online.

* Hai empate na posibilidade de cobrar cotas e dar trofeos.

* A gran maioría considera que hai que facer proba oficial por equipos online.

* Sobre reinicio das clases presenciais os que expresan temor baixa un pouco, pero mantense nun 60%-40%

* Hai menos problema ao uso de material de xogo habitual que nos torneos, e mesmo a posibilidade de empregar luvas, pero tamén aumenta a porcentaxe dos que consideran que deben empregarse mobil ou tablet.

* Unha maioría considera que se poden aumentar as cotas se é por protección.

* Un 33% considera que 8 alumnos por grupo sería excesivo.

* Unha curta maioría prefire pagar mais e que os grupos sexan mais pequenos.

* Só un 20% considera que debemos facer mais de 2 horas de clase.

* Un 33% cree que debemos facer actividade tipo campus en xullo e agosto.

* So un 33% prefire as clases telemáticas.

* Hai empate entre os que pagarían por clases telemáticas e os que non.

* Un 33% estaría disposto a pagar mais se o profesor é un GM o un MI.

A diversidade de opinións tamén se ve nos comentarios abertos nos que parte dos enquisados sin que aínda é cedo para calquera actividad presencial e outros pensan que hai que facer xa cousas o quedaremos atrás.

Poñémonos a traballar xa con estes datos. Grazas a todos polas vosas opinións.

27/06/20

XADREZ NA NOVA NORMALIDADE

COMPETICION

En marzo quedaron suspendidas todos os torneos. A federación Galega de Xadrez ven de convocar esta semana os campionatos galegos que deberan celebrarse na Semana Santa.
Coa chegada do mes de xullo retómase a vida federativa ainda que o proxecto para a Liga e que non continue en setembro (si reiniciarían as divisións superiores).
En calquera caso o día 11 teremos unha asamblea xeral onde serán aprobados os cambios dos calendarios.

ESCOLAS

Do mesmo xeito no mes de marzo quedaron suspendidas as actividades da Escola.
No noso caso aprobouse un ERTE que seguramente continúe e só se foi tres días dende o confinamento as oficiñas.
Na vindeira semana, unha vez que xa tivemos acceso ao ordenador dos datos, tentaremos poñer ao dia o noso listado de pagos, para saber quen ten débedas coa escola e a quen lle debemos diñeiro.
Se hai algunha dúbida o mellor será contactar a partir do 1 de xullo con escola@xadrezuniversitario.org

NOVA NORMALIDADE

Cómo afrontar a chamada "nova normalidade" e a previsible segunda onda vai ser o principal tema nestes días. Queremos saber o que pensan os xadrecistas a través da seguinte enquisa que vai permanecer aberta ata o martes 30 de xuño, pouco mais de tres días.

ENQUISA


14/03/20

O XADREZ ESTES DIAS

Imos tentar que esta corentena sexa máis levadía para todos cunha serie de propostas que vos propomos.

No voso móbil ou tableta aconsellámosvos instalar as aplicacións de lichess.org e de chess.com.

Ademais tamén botar unha ollada ás apps de Chess King, que van desde o máis básico a un nivel bastante elevado. En calquera destas aplicacións non é necesario facer pagos. Nas de Chess King hai pausas publicitarias cada 10 exercicios, pero tamén podeis desconectar o movil ou a tablet de internet e evitarvos este problema.

Instaladas estas aplicacións animámosvos a que se teneis facebook sigais o perfil da nosa escola (https://www.facebook.com/incude/).
Se teneis twitter sigais a conta @xadrecistas, o mesmo nome en instagram.
Imos tentar estes días facelas máis activas e que axuden a que pasen máis rápido.

Que faremos en cada unha delas?

Chess.com sérvenos para xogar e na conta gratuíta permítenos unha lección ao día. É bo facela, pero tamén queremos que tentes o quebracabezas Rush, resolución de problemas en 5 minutos.
O primeiro día deixarache facer varias probas.
Téntao todos os días.
Pero ademais clica ao noso club aberto:
https://www.chess.com/club/incude-cidu-abertos

Lichess.org. Hai unhas leccións moi interesantes que che axudarán a pasar estes días, ademais de poder xogar nun espazo que utilizan moitos dos nosos coñecidos, entre outros o O meu Wilson Pañencia, colaborador de AGAX.

Chess King. Dependerá do teu nivel, pero entre todas as súas aplicacións podes empezar por dúas aplicacións básicas; mates en 1 e finais básicos. Antes de inicar o test, lembra marcar a casa mesturar, para evitar que todos os problemas semellantes vaian xuntos. Se resúltanche sinxelos pasa á aplicación seguinte de mates en 2 e finais 2.

Que imos facer todos con elas?

Temos varias ideas; pero de entrada imos disputar torneos en chess.com a diferentes ritmos. Os de rápidas todos os días varios.

Queres estar informado? usa as nosas redes sociais e tamén este espazo web, que imos revivir entre AGAX e INCUDE/CIDU:


Onde iremos publicando diferentes iniciativas, incluíndo concurso de relatos breves e de debuxos baseados no xadrez.

Empezamos Xa.

28/02/20

RESULTADOS XXVIII TORNEO UNIVERSITARIO ACTIVO

O Torneo Universitario Activo (antes semirrápidas) celebrouse conxuntamente co Torneo de Entroido da Asociación Palaestra, como ven sendo normal estes últimos anos.

A actividade conxunta reuniu a mais de 130 xogadores.


A clasificación do noso Torneo foi a seguinte, sendo o mellor universitario na clasificación o PAS Roberto Serrano no posto sexto:


  1    ALBERTO SÁNCHEZ BARDANCA,  A BOVEDA            4      15.5     9.5         3   13.5
  2    JUAN LUIS MUÑIZ VICENTE,    MARIN              4      14.5     9.5         4   10.0
  3    BELARMINO GARCÍA CAMIÑA,    MARCOTE            4      13.5     9.5         3   13.5
  4    JOSE LUIS CASTELO,                              3.5    16.5    10.0         3   13.0
  5    JORGE JUAREZ,                                  3.5    13.5     8.5         3   10.0
  6    ROBERTO SERRANO BUJÁN,      CIDU                3.5    11.5     6.5         3    9.5
  7    BRAIS MARTINEZ IGLESIAS,    CIDU                3      15.0     9.0         3   10.0
  8    PEDRO TOMÉ VEIRA,          A BOVEDA            3      13.0     8.0         3   10.0
  9    CARLOS CASTEDO,            XADREZ DAS MARIÑAS 3      13.0     7.5         1    8.0
  10  SERGIO COUTO WORNER,        ETX                3      10.0     6.0         3    7.0
  11  MARCOS MADERUELO ÁLVAREZ,  A BOVEDA            2.5    13.5     9.0         2    8.5
  12  ALFONSO CAMARERO,                              2.5    13.0     7.5         2    6.0
  13  ARIEL MONTES,                                  2.5      9.0     6.0         2    6.0
  14  ROBERTO BLANDON,                                2      15.5     9.5         2    9.0
  15  RUDDY ELIEZER GARCIA SOSA, FOGAR STA. MARG 2      14.0     8.5         2    8.0
  16  PABLO FURELOS DIEGUEZ,      CASINO              2      11.0     6.5         2    6.0
  17  DANIEL MADERUELO GONZÁLEZ, A BOVEDA            2      11.0     6.0         2    7.0
  18  ANDRÉS FERNÁNDEZ VÁZQUEZ,  CIDU            2      10.0     5.5         2    3.0
  19  JOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ VÁZ, CIDU                1      11.5     7.0         1    3.0
  20  ALEXANDRO MONTES DIRLAU,    A BOVEDA        1      10.0     7.0         1    3.0
  21  YAGO SÁNCHEZ MORALES,       A BOVEDA        1        9.0     5.0         1    1.0
  22  MIGUEL ÁLVAREZ VARELA,       CASINO          0      11.5     6.5         0    0.0

26/02/20

Circuito Inverno

1º Torneo

1. Ernesto Pérez
2. Francisco J. García
3. Enrique Espárrago
4. José Manuel Andión
5. Manuel Andión
6. Fernando Castro

Torneo 21 de febreiro

1º Santiago Dominguez
2º José Manuel Andión
3º Carlos Castedo
4º Daniel Codesido
5º Manuel Andión
6ª Silja Molist

CIRCUITO INVERNO
NOME 24X 21F 6M 13M 20M 27M TOTAL
José Manuel Andión 3 5 8
Santiago Dominguez 6 6
Ernesto Pérez 6 6
Francisco García Veiras 5 5
Enrique Esparrago 4 4
Manuel Andión 2 2 4
Carlos Castedo 4 4
Daniel Codesido 3 3
Silja Molist 1 1
Fernando Castro 1 1