28/01/22

Xuntanza previa á Liga

Hoxe venres 28, como temos pechado o CUR pola festividade de Santo Tomás imos facer unha xuntanza preliga no Centro Comercial dos Rosales (planta superior).

Aproveitaremos para botar unhas partidas ao xadrez e a pasapezas e avanzar na configuración dos equipos para a Liga Galega que se non hai novidade empezará o sábado 12 de febreiro.

Quen sexa mellor hoxe levara o trofeo Imbolc.

Imbolc é unha das catro principais festas do calendario celta, e celebrçabase na noite do 31 de xaneiro ao 1 de febreiro. Era unha festa no medio do inverno. En varios sitios derivou á Candeloria. Unha festa da luz, reflectindo os días cada vez máis longos e a esperanza da primavera. Na antiga Roma celebrábase as "Lupercales", cunha procesión con candeas acendidas de noite. 

A festa do Imbolc é un culto de tipo agrario no que valorábase a función produtiva, coincidindo tamén coa chegada do período de lactación das ovellas, aprestas a dar a luz na primavera, así que é tradición comer queixo e produtos lácteos, e beber leite.

A festividade parecía estar dedicada á deusa Brigit, señora da mediciña, as artes e a profecía cristianizada en Santa Brígida, a segunda patroa de Irlanda. 

Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar.

Venres 28 de xaneiro
20,00
Centro Comercial Los Rosales.
Para alumnado da Univesidade da Coruña e socios do CIDU

12/01/22

Torneo Aniversario

Resultados do Torneo Aniversario celenbrado hai uns dias

1 RODRIGO PENA, 1600 5 5 11.5 15.0 7.0
2 BRAIS CASAS, 1400 4 4 14.0 13.0 7.5
3 PABLO ESPARRAGO, 3 3 14.5 11.0 9.0
4 DANIEL SUAREZ, 3 2 13.5 6.0 7.0
5 GONZALO CAMBON, 3 2 12.0 8.0 7.5
6 ALFONSO LARA, 2 2 10.0 6.0 5.5
7 HUGO MONDRAGON, 2 1 13.5 6.0 7.0
8 TEO SANTAMARTA, 2 1 12.5 8.0 7.0
9 DANIEL CARRERA, 1 0 15.0 2.0 8.0

03/01/22

COTAS SOCIAIS 2022

Como os dous últimos anos, este vai ser seguramente moi distinto nas competicións oficiais da Federación Galega de Xadrez.

A Asemblea do mes de decembro aprobou unha liga curta, de sete xornadas en principio cunha posible partida mais de play off, que se disputaría a partir do primeiro fin de semana de febreiro.

Esta semana, ata o domingo, temos que indicar os equipos que vai presentar o noso club, asi que necesitamos tramitar as fichas e coñecer a vosa disponibilidade o mais pronto posible.

Así que tras un ano prácticamente parados en canto a competición oficial se refire, volvemos a solicitar e esta vez con certa urxencia, que renovedes co CIDU. Lembramos que contar coa licenza federativa é obrigatorio para participar en prácticamente todas as actividades que realizamos.

A cota anual conxunta de socio de CIDU e INCUDE é de 25 euros.

Para aqueles nados en 2008 ou seguintes a cota é de 15 euros.

Os socios este ano recibirán:

1. Licenza da Federación Galega de Xadrez.
2. Camisola do CIDU.
3. Máscara lavable con motivo de xadrez.
4. Bote de xel desinfectante para levar ás partidas.
(Por certo que algúns teñen isto pendente do ano pasado)

Apuntaros canto antes, grazas!


02/01/22

TORNEO ANIVERSARIO

TORNEO DE ANIVERSARIO

O martes 4 celebramos o aniversario de INCUDE, que se fundou en 1993, así que cumprirá 29 anos.
Para aproveitar os trofeos do aniversario do CIDU, que non funcionou, convocamos un novo torneo, no que facer entrega destres trofeos.

1. Participantes.
Poderán participar nesta proba os xadrecistas que o desexen. Só haberá 16 prazas,  que deberán contar con licenza federativa. <-- Lembra que as fichas da Fegaxa remataron o pasado día 31.

2. Modalidade.
Xogaranse cinco partidas en sistema suizo.

3. Ritmo de xogo.
Haberá 15 minutos de tempo por xogador. 

4. Lugar. 
Centro Comercial Los Rosales

5. Día e Hora.
Martes 4 de xaneiro
1ª Rolda: 18,00 / 2ª Rolda: 18,30 / 3ª Rolda: 19,00 / 4ª Rolda: 19,30 / 5ª Rolda: 20,30 

6. Premios.
Trofeo para os tres primeiros clasificados.

7. Inscricións.
Inscrición de balde. 
---> Como en anos pasados solicitamos unha doazón de alimentos non perecedeiros.
Para inscribirse só e necesario enviar un correo co nome completo e equipo no que está federado a escola@xadrezuniversitario.org