29/02/12

Datas dos Torneos Univeristarios

Aínda que este ano coa crise o CSD decidiu suprimir o Campionato de España e convertilo en bienal, a Universidade seguirá a facer os seus tradicionais torneos de lentas, semirrápidas e rápidas.

Antes deles, temos o Campionato Galego nas dúas modalidades de con ELO e sen ELO.

CAMPIONATO GALEGO DE XADREZ
Vigo, 13 de marzo
Dende 10,40 a 19,40
Os interesados deben comunicalo ao cordinador da sección antes do día 8 de marzo para ver como se organiza a expedición.

XXII TORNEO UNIVERSITARIO
18 e 25 de abril e 2, 9 e 16 de maio

XX TORNEO UNIVERSITARIO DE SEMIRRAPIDAS
21 e 28 de marzo

XX TORNEO UNIVERSITARIO DE RAPIDAS
30 de maio

Os tres torneos da Universidade da Coruña empezarán ás 19,30 horas e terán lugar no Pavillón Deportivo no Campus de Elviña

26/02/12

Un empate e unha derrota pola mínima na Liga de xadrez

ESCOLA XADREZ SIGRÁS "A" - CIDU
ALEJANDRO DE VEGA VIDAL 1/2 - SANTIAGO DOMINGUEZ FERNANDEZ 1/2
FRANCISCO PEDREIRA GIRALDA 0 - DIEGO GARCIA-MUÑOZ VAQUERO 1
DIEGO CANTORNA BERDULLAS 1/2 - ALBERTO MIGUEL LOPEZ LOUREIRO 1/2
JUAN CARLOS CALZADO CRIADO 1 - LUIS CARLOS MARTINEZ RAMOS 0
TOTAL 2 - 2

EX-ALCOHÓLICOS AFICIONADOS - CIDU-UNIVERSIDADE
DANIEL POUSADA GARCIA 0 - JESUS RODRIGUEZ CASTIÑEIRAS 1
DIEGO FERNANDEZ IGLESIAS 1 - LUIS EDISON PATIÑO LOPEZ 0
DANIEL FIGUEIRAS ARIAS 1 - ALFONSO CAMARERO ALBANDOZ 0
BENJAMIN BORNIA AGUILAR 1/2 - MANUEL ANTONIO GARCIA FERNANDEZ 1/2
TOTAL 2,5 - 1,5

Con estes resultados o equipo de primeira segue na parte baixa da táboa co risco de descenso mentres que o CIDU en segunda sitúase na metade alta da clasificación.

25/02/12

Diego Medín gaña o un novo Torneo do Circuito

Diego Medín gañou o terceiro torneo do circuíto, polo que leva dous de tres, precisamente os realizados coa modalidade tradicional. A súa victoria permítelle recuperar a primeira posición no circuíto a pesar da súa mala actuación no Torneo de Xadrez na modalidade de rei de vacacións.
O próximo venres toca a variante de xadrez Marsellés.

Clasificación da semana:
1. Diego Medín,
2. Ernesto Pérez,
3. Hector López,
4. Luis Patiño,
5. Manuel Andión,
6. Carlos Castedo,
7. José Manuel Andión,

Clasificación do circuito:
Diego Medín, 15 puntos (3 Torneos)
Ernesto Pérez, 15 puntos (3 Torneos)
Santiago Domínguez, 10 puntos (2 Torneos)
Daniel Codesido, 8 puntos (2 Torneos)
Héctor López, 7 puntos (2 Torneos)
Manuel Andión, 7 puntos (3 Torneos)
Luis Patiño, 4 puntos (1 Torneos)
Carlos Castedo, 2 puntos (1 Torneos)
José Manuel Andión, 2 puntos (2 Torneos)

23/02/12

Escola de Xadrez da Universidade

Unha partida entre Capablanca e Alekhine centrou a actividade da Escola Universitaria, que segue a desenvolverse os mércores de 19,30 a 21,30 no Pavillón de Deportes en Elviña.

(Asistentes: Isidro A., Santi D., Manuel F. e Manuel A.)

21/02/12

Torneos do Luns de Entroido

Para celebrar o Entroido fixemos dous torneíños no Sporting Club Casino.

No Torneo de Pasapezas houbo dous empates, entre os gañadores e os últimos. As parellas (que saíron por sorteo) mellor clasificadas forn Manuel Fondevila con Pablo Sánchez e Diego Medín con Santiago Domínguez.

As que menos puntos obtiveron foron Alex Astorga con J. Alberto Ortega e Ernesto Pérez con Isidro Alfaro.

Logo do torneo de pasapezas disputouse un torneo de rápidas na que a clasificación foi encabezada por Santi Domínguez, seguido de Luis Carlos Martínez, Ernesto Pérez, Pablo Sánchez, Manuel Fondevila e Diego Medín.

18/02/12

Santiago Domínguez gañou o Torneo Semanal

Santiago Domínguez gañou o segundo torneo do circuito. A modalidade era o de "rei de vacacións" que consiste en ter o Rei fora do taboleiro ata que a súa casa inicial sexa atacada.
En calquera caso pode que como no caso do xadrez atómico caiga dos calendarios futuros.
A próxima semana teremos de novo xadrez normal.
A victoria de Santi o leva a encabezar o circuíto, desaloxando da primeira praza a Diego Medín.

Clasificación da semana:
1. Santiago Domínguez
2. Daniel Codesido
3. Ernesto Pérez
4. Manuel Andión
5. Diego Medín
6. José Manuel Andión

Clasificación do circuito:
Santiago Domínguez, 10 puntos (2 Torneos)
Ernesto Pérez, 9 puntos (2 Torneos)
Diego Medín, 8 puntos (2 Torneos)
Daniel Codesido, 8 puntos (2 Torneos)
Manuel Andión, 4 puntos (2 Torneos)
Héctor López, 2 puntos (1 Torneos)
José Manuel Andión, 1 puntos (1 Torneos)

17/02/12

Segundo Torneo do Circuíto: Torneo de Xadrez Vacacións

Hoxe ás 20,00 teremos o segundo Torneo do Circuito.

A modalidade é o de Rei de Vacacións.

É moi sinxelo. Os dous bandos escomezan a partida sen Rei.

Pero cando o bando oposto ameza e1 ou e8 (onde deberían ter escomenzado) no seguinte movemento o bando atacado coloca o Rei na casa do taboleiro que considere oportuno, sempre que non estea ameazada.

Veremos que tal resulta...

16/02/12

Escola de Xadrez da Universidade

Seguimos analizando partidas de Santi e algunha cousa mais. Animamos a todos a participar nesta actividade. Tras a clase do Entroido iniciaremos o Torneo Universitario anual.

(Asistentes: Isidro A., Juan A., Manuel A., Manuel F. Santi D.)

13/02/12

Liga Galega de Xadrez.

ESCOLA TÉCNICA DE XADREZ - CIDU
JORGE GRAÑA LOIS 1 - SANTIAGO DOMINGUEZ FERNANDEZ 0
PEDRO SUAREZ CASAL 0 - DIEGO GARCIA-MUÑOZ VAQUERO 1
RICARDO VILARIÑO GESTAL 1 - ALBERTO MIGUEL LOPEZ LOUREIRO 0
ALBERTO SANCHEZ BARDANCA 1 - ALFONSO CAMARERO ALBANDOZ 0
TOTAL 3 - 1

GILLÁN-EL PROGRESO "A" - CIDU-UNIVERSIDADE
FRANCISCO LUIS ABELLA CRUZ 0 - JESUS RODRIGUEZ CASTIÑEIRAS 1
JOSE ANTONIO CRUZ CAMBON 0 - LUIS EDISON PATIÑO LOPEZ 1
ANGEL RUBIO GRANADOS 0 - MANUEL ANTONIO GARCIA FERNANDEZ 1
LUIS PENAS CABALEIRO 0 - DANIEL CODESIDO SANCHEZ 1
TOTAL 0 - 4

O CIDU en primeira é décimo en zona de promoción polo descenso. En Segunda é quinto.

11/02/12

Diego Medín gaña o primeiro Torneo do Circuito

Diego Medín gañou o primeiro torneo do circuito.

Clasificación da semana:

1. Diego Medín
2. Ernesto Pérez
3. Santiago Dopmínguez
4. Daniel Codesido
5. Héctor López
6. Manuel Andión

Clasificación do circuito:


Diego Medín, 6 puntos (1 Torneos)
Ernesto Pérez, 5 puntos (1 Torneos)
Santiago Dopmínguez, 4 puntos (1 Torneos)
Daniel Codesido, 3 puntos (1 Torneos)
Héctor López, 2 puntos (1 Torneos)
Manuel Andión, 1 puntos (1 Torneos)

09/02/12

Circuíto de Torneos de Rápidas dos Venres

Anunciamos o Circuíto de Torneos dos Venres:


Circuíto 2012

* 10 de febreiro: Torneo de xadrez.
* 17 de febreiro: Torneo de xadrez vacación.
* 24 de febreiro: Torneo de xadrez.


* 02 de marzo: Torneo de xadrez marsellés.
* 09 de marzo: Torneo de xadrez.
* 16 de marzo: Torneo de xadrez de San Xosé. Escaramuza.
* 23 de marzo: Torneo de xadrez.
* 30 de marzo:  Torneo de Masacre de Peóns.

* 13 de abril: Torneo de xadrez.
* 20 de abril: Torneo de xadrez en progresión.
* 27 de abril: Torneo de xadrez.

* 04 de maio: Torneo de xadrez come-come
* 11 de maio: Torneo de xadrez.
* 18 de maio: Torneo de xadrez non me gusta.
* 25 de maio: Torneo de clausura. Final do Curso.

Aspectos organizativos

As modalidades poden verse no libro “O Taboleiro Lúdico”, editado por AGAX na Colección de Libros de Peto de Asencudega.


1.- Os torneos empezarán os días sinalados ás 20,00 horas.
2.- Os torneos disputaranse por Liga ou suízo a 5 roldas. Inscripcións limitadas pola sala.
3.- Ritmo de xogo de 5 minutos por xogador.
4.- Cota de participación de 1 euro por participante e torneo. 
5.- O campión de cada torneo recibirá unha camisola de agasallo.
6.- Realizarase unha clasificación da totalidade do circuíto. Os participantes recibirán puntos segundo a súa clasificación e o número de participantes. Os tres primeiros clasificados ao final do circuíto recibirán un trofeo.
7.- Ademais pola súa participación, haberá agasallos segundo o número de torneos xogados.

08/02/12

Escola Universitaria de Xadrez

Seguimos estes días analizando as partidas de Santiago Domínguez, que parece ter sempre partidas de moito contido.

(Asistentes: Isidro A., Santiago D., Manuel A., José Manuel A.)

06/02/12

Boa xornada na Liga de Xadrez

CIDU - CÍRCULO XADREZ NARÓN "TUIMAR"
SANTIAGO DOMINGUEZ FERNANDEZ 1 - JOSE MEDEROS AGUILA 0
DIEGO GARCIA-MUÑOZ VAQUERO 0 - ROBERTO TUIMIL PARAPAR 1
ALBERTO MIGUEL LOPEZ LOUREIRO 1 - DANIEL FORMOSO LEAL 0
LUIS EDISON PATIÑO LOPEZ 1 - SANTIAGO PAZ PEREZ 0
TOTAL 3 - 1

CIDU-UNIVERSIDADE - ARTESANOS "A"
MANUEL ANTONIO GARCIA FERNANDEZ 1 - JAVIER SUAREZ MARTINEZ 0
DANIEL CODESIDO SANCHEZ 1/2 - MATIAS GONZALEZ-CHAS PICO 1/2
ISIDRO ALFARO BARBARÁ 0 - CELESTINO REDONDO VARELA 1
CARLOS ALBERTO CASTEDO DE CASTRO 1/2 - JOSE CARLOS EIRIZ CAAMAÑO 1/2
TOTAL 2 - 2

Agora o CIDU en primeira ocupa a novena praza (zona de promoción de descenso) e en segunda vai sexto.

04/02/12

Ernesto Pérez gaña o Torneo da Semana

Ernesto Pérez gañou o Torneo da Semana, último antes do inicio do circuíto.
A clasificación foi a seguinte: 1.- Ernesto Pérez, 2.- Santiago Domínguez, 3.- José María Dorado, 4.- Manuel Andión, 5.- Diego Medín, 6.- Héctor López y 7.- Isidro Alfaro.

03/02/12

Encontros para este Sábado

Rolda 4 (04/02/2012)- CIDU - CÍRCULO XADREZ NARÓN "TUIMAR"
- CIDU-UNIVERSIDADE - ARTESANOS "A"
- PEÑA AJEDRECISTICA-EXA - A.D. PALAESTRA "A"

Convocados en Primeira: Santi, Diego, Alberto e Luis P.
Convocados en Segunda: Manuel, Dani, Isidro e Carlos.

17,00 no Sporting Club Casino.

02/02/12

Escola de Xadrez da Universidade

Un mércores mais sendo protagonista a partida de Santiago Domínguez, nesta ocasión con empate moi sufrido e tendo en conta que o rival ofreceu táboas cando gañaba de xeito inmediato a partida. Sorte para Santi nunha situación moi complexa.

(Asistentes: Isidro A., Manuel A., Santi D., Manuel F., José M. A.)