23/03/23

Fin de semana

Unha nova fin de semana intensa coas partidas de Xogade e da Liga Galega de Xadrez. 

Aí van as nosas actividades:

Venres 24

Dende ás 18,00 no Pavillón de Elviña. Segunda e última xornada do programa Xogade na Coruña.
Os nosos equipos van ben clasificados, pero todo dependerá destas dúas partidas que restan para finalizar a competición.
Sorte para todos!

Sábado 25

Ás 17,00 celébrase a quinta rolda da Liga Galega de Xadrez. Temos estes encontros. A ver se esta xornada vai mellor que a pasada.
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - E.L.X. BOBBY FISCHER
ESCOLA XADREZ CLUBEXA - CIDU ESCOLA INCUDE
ESCOLA TECNICA DE XADREZ DA CORUÑA - CIDU CALASANZ - ROSALES

Domingo 26
Dende ás 10,00 no Pavillón Sofía Toro. Segunda e última xornada do programa Xogade en Cambre.
Os nosos equipos como Xadrez das Mariñas non van tan ben clasificados como outros anos e como o venres todo dependerá destas dúas partidas que restan para finalizar a competición. Aqui necesitaremos aínda mais sorte.

19/03/23

Mala xornada

Ningún dos nosos equipos saiu ben parado da cuarta xornada de Liga. O que mais preto estivo foi o CIDU ESCOLA que deixou escapar na última das partidas o empate, polo que os resultados forn todos derrota amplas por 3-1 e mesmo 4-0.

Sábado pois de malos resultados... pero seguimos cos obxectivos do ano.

Lembramos que o sábado 25 teremos a quinta rolda e logo virán dúas semanas de descanso.

E o venres e domingo teremos tamén os xogos escolares.

14/03/23

Resultados primeira semana Xogade

O venres e domingo pasado competimos nos xogos escolares con resultados bastante variados.

En calquera caso agardamos que o pasarn ben nesta proba que xuntou a aproximadamente sub12 tanto no torneo da Coruña como en Cambre.

Nos próximos días pretendemos ofrecer mais actividades aos interesados e mesmo acudir ao maior festival de xadrez escolar de España.

Polo de agora estes foron os resultados:

Venres 10 na Coruña.

Categoría Benxamin

O equipo benxamin integrado por xogadores do Calasanz e do Prácticas fixo unha boa actuación e encabeza a táboa.


Categoría Alevín

Equipo formado por xogadores de Dominicos e de Pardo Bazán. Tamén obtiveron bos resulatadps e están de primeiros.


Domingo 12 en Cambre

A maioría dos nosos xogadores preferiron xogar o domingo. así que forman parte do Xadrez das Mariñas e a situación actual é a seguinte:

Categoría Benxamin

Categoria Alevín

Categoría Infantil

Moita sorte para os días 24 e 26 na segunda e última xornada.




11/03/23

Inicio de Xogade

Este pasado venres iniciamos a nosa andadura en Xogade na Coruña, boa actuación dos nosos equipos, tanto na categoría alevín como benxamín.

Totalizaron 9 puntos de 12 posibles os maiores e 14 de 15 os pequenos se non anotamos mal.

Tivemos o problema de que non deixaron xogar a un benxamin, que aínda que estaba ben inscrito, seguramente dende a Xunta non actualizaron datos cos organizadores do torneo, pero agardamos que pouida xogar o vindeiro venres 24.

Para entón a ver se vamos todos coas camisetas do Clun, que non todos as teñen. 

O resto de xogadores, xa sabedes, teñen a cita con Xogade este domingo ás 10,00 en Cambre.

09/03/23

VENRES 10

Este venres estaremos de 19,30 a 21,30 no CUR, para universitarios e membros do CIDU.

Os que o desesex poden pasar por alí a botar unhas partidas e os que teñan aínda sen recoller a taza de 2022 poden aproveitar para levala.

Ademais desta actividade temos o inicio da competición Xogade.

Este ano os nosos xogadores van estar repartidos nos xogades da zona; os que querían xogar os venres terán que estar ás 18,00 no Pavillón de Elviña (avda. Glasgow) e os que querían xogar o domingo terán que estar ás 10,00 no Pavillón Sofía Toro de Cambre.

Os venres xogaremos como CIDU BENXAMIN (2013-2014) e CIDU ALEVIN (2012-2011). Había xa unha chea de anos que non competía ninguen do noso grupo na Coruña, xa que como sabedes temos un acordo entre varios clubs xogando como Xadrez das Mariñas en Cambre, que manteremos os que xoguen o domingo.

06/03/23

Sen novidade tras a segunda rolda

O Cidu-Universidade perdeu pola mínima na súa visita ao Clubexa, era a loita entre os dous equipos que estaban nos primeiros postos tras a primeira rolda.

Os equipos das escolas difrutaron dunha xornada entre eles, con torneo previo, táboas no marcador e todos os novos nesta competición familiarizándose coa anotación, reloxos e demais.

Lembramos que nesta nova semana teremos tamén a primeira rolda de Xogade. Os nosos xogadores van a estar presentes tanto nos escolares de Cambre como nos da Coruña, onde competiremos co noso propio nome, mentres en Cambre seguiremos como Xadrez das Mariñas.


A próxima xornada depara os seguintes encontros:

ROLDA-3 11-03-2023

CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - TDFC
CLUB DE AJEDREZ MACONDO C - CIDU ESCOLA INCUDE
CLUB XADREZ ARTEIXO B - CIDU CALASANZ - ROSALES