11/03/23

Inicio de Xogade

Este pasado venres iniciamos a nosa andadura en Xogade na Coruña, boa actuación dos nosos equipos, tanto na categoría alevín como benxamín.

Totalizaron 9 puntos de 12 posibles os maiores e 14 de 15 os pequenos se non anotamos mal.

Tivemos o problema de que non deixaron xogar a un benxamin, que aínda que estaba ben inscrito, seguramente dende a Xunta non actualizaron datos cos organizadores do torneo, pero agardamos que pouida xogar o vindeiro venres 24.

Para entón a ver se vamos todos coas camisetas do Clun, que non todos as teñen. 

O resto de xogadores, xa sabedes, teñen a cita con Xogade este domingo ás 10,00 en Cambre.