09/03/23

VENRES 10

Este venres estaremos de 19,30 a 21,30 no CUR, para universitarios e membros do CIDU.

Os que o desesex poden pasar por alí a botar unhas partidas e os que teñan aínda sen recoller a taza de 2022 poden aproveitar para levala.

Ademais desta actividade temos o inicio da competición Xogade.

Este ano os nosos xogadores van estar repartidos nos xogades da zona; os que querían xogar os venres terán que estar ás 18,00 no Pavillón de Elviña (avda. Glasgow) e os que querían xogar o domingo terán que estar ás 10,00 no Pavillón Sofía Toro de Cambre.

Os venres xogaremos como CIDU BENXAMIN (2013-2014) e CIDU ALEVIN (2012-2011). Había xa unha chea de anos que non competía ninguen do noso grupo na Coruña, xa que como sabedes temos un acordo entre varios clubs xogando como Xadrez das Mariñas en Cambre, que manteremos os que xoguen o domingo.