24/05/16

TORNEO DE PRIMAVERA DE XADREZ

Xa estamos a rematar este curso 2015-2016 e como peche o próximo fin de semana celébrase no Centro Comercial dos Rosales unha nova edición do Torneo de Xadrez de Primavera.
A actividade desenvolverase en dous días.
Desta maneira o venres 27 desde as 18,00 colocaranse unhas mesas para a disputa de partidas amigables e máis tarde, ás 20,00, iniciarase un torneo de partidas rápidas a cinco minutos que terminará unha hora máis tarde. Nesta proba os participantes xogarán nunha única categoría e haberá trofeos para o tres primeiros clasificados.
O sábado 28 disputarase o Torneo de Primavera no que poden participar todos os interesados no que os participantes serán divididos en categorías en función da súa idade; sub8, sub10, sub12, sub14 e absoluto.
As roldas terán lugar dende as 17,00 ás 19,30.
As inscricións poden realizarse no teléfono 981 150 168 ou no correo electrónico asociacion@palaestra.net

21/05/16

Santiago Domínguez gañou o torneo semanal

Santiago Domínguez gañou o torneo semanal do 20 de maio. A clasificación foi a seguinte:

1. Santiago Domínguez
2. Daniel Mayo
3. José Manuel Andión
4. Adrián Martínez
5. Pablo Pensado

14/05/16

Santiago Domínguez gaña o torneo semanal

Santiago Domínguez gaña o torneo semanal do 12 de maio. A clasificación foi a seguinte:

1. Santiago Domínguez
2. Daniel Mayo
3. Manuel Andión
4. Fernando Recamán
5. Ernesto Pérez
6. Ignacio López

08/05/16

Ernesto Pérez gaña o torneo semanal

Ernesto Pérez gañou o torneo semanal do 6 de maio. A clasificación foi a seguinte:

1. Ernesto Pérez
2. Santiago Domínguez
3. Daniel Mayo
4. Carlos Castedo
5. Adrián Martínez
6. Manuel Andión
7. Pablo Pensado

01/05/16

elo xogadores do CIDU

Veñen de sair as novas listas de elo FIDE e FEDA de maio de 2016, nas que se incluen tódolos resultados da liga, campionatos galegos, etc.

Publicamos o elo FIDE e FEDA dos xogadores do CIDU e do Sporting Club Casino:

     elo FIDE    elo FEDA
1. Santiago Domínguez 1935 1899
2. Diego García-Muñoz 1848 1817
3. Daniel Mayo 1733 1513
4. Daniel Codesido 1721 1661
5. Jesús Rodríguez 1698 1736
6. Luis Patiño 1627 1589
7. Carlos Castedo 1599 1566
8. Fernando Recamán 1594 1516
9. Manuel García 1533 1449
10. Florencio González 1523 1472
11. Adrián Martínez 1509 1466
12. Noa García Muñoz 1240 1187
13. Roberto Blandón 1128 1153
14. Luis Carlos Martínez 1764
15. Ernesto Pérez 1748

Os xogadores Luis Carlos Martínez e Ernesto Pérez teñen bloques de 4 partidas, é dicir, están a 1 partida de sair na lista de elo FIDE. Pola súa banda Luis Rodríguez ten 1 partida para elo FIDE (fáltanlle 4 máis) e 3 para elo FEDA (fáltanlle 2 máis).