Nos próximos días hai que anotarse para o Torneo Xogade da Xunta de Galicia.
Mirade datas e horarios e escribirnos ao whatsapp 654 60 37 16 para dicir cal é o espazo preferido (se é indiferente tamén hai que indicalo).
Cada un debe ver se pode xogar na sede da Coruña ou na de Cambre (non se pode nas dúas).
Ata o ano pasado xogábamos na fase de Cambre como Xadrez das Mariñas e o ano pasado tivemos xente interesada en facelo na Coruña como CIDU.
CATEGORIAS
Todas as categorías serán mixtas
Benxamín: nados nos anos 2015-2014
Alevín: nados nos anos 2013-2012
Infantil: nados nos anos 2011-2010
En Cambre ademais haberá categoría unha categoría non oficial prebenxamin (2016 e seguintes).
TORNEO NA CORUÑA - EQUIPOS DO CIDU
VENRES 8 e 15 de 18:00 a 21:00 horas.
Salón de Actos do Complexo Deportivo de Elviña I.
TORNEO EN CAMBRE - EQUIPOS DE XADREZ DAS MARIÑAS
DOMINGOS 10 e 17,00 de 10:00 a 13:00 horas.
Pavillón Sofía Toro, sito na rúa Wenceslao Fernández Flórez
SISTEMA DE COMPETICIÓN
O torneo disputarase polo sistema Suizo individual, agás a categoría infantil, que poderá ser por equipos a criterio da organización, e en función do número de equipos participantes.
Neste caso, a orde de forza de cada equipo non poderá variarse no transcurso do torneo.
- O ritmo de xogo na categoría infantil, no caso de empregarse, será de 30 minutos finish. Nesta fase, as categorías benxamín e alevín xogarán sin reloxo.
En caso de pasar de fase o calendario sería o seguinte:
FASE INTERCOMARCAL
20 de abril no Espazo Xove de Carballo
FASE PROVINCIAL
4 de maio en Área Central de Santiago de Compostela.
Aproveitamos para lembrar que temos clases no CUR os mércores ás 18,00 (para adestramento Liga) e os venres ás 19,30 para iniciación.