29/02/24

Actividades para estes días

Lembramos que este VENRES temos ás 20,30 horas no Centro Universitario de Riazor un torneo de rápidas se xuntamos un grupo e que o sábado teremos a Liga Galega de Xadrez cos seguintes enfrontamentos:

CIDU INCUDE - GILLANCIÑOS
PIRATA TITO - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
ESCOLA XADREZ CLUBEXA B - CIDU RIAZOR

Por outro lado estamos a piques de empezar o Torneo Online de Lentas.


E lembrar para os membros das nosas escolas a necesidade de ter na fin de semana xa decididos os equipos para os Torneos Escolares do Programa Xogade da Xunta de Galicia.

Dende 2010 a 2015 (os de 2016 ou seguintes teñen outro torneo específico en www.xadrezdasmariñas.org)