18/02/24

Último día para anotarse no Campionato de España

Contactaron con nos dende a área de deportes da UDC para lembrar que remata o prazo para anotarse nos Campionatos de España Universitarios.
O prazo remata hoxe.
Os Campionatos de España Universitarios serán en Zaragoza do 22 ao 24 de abril.
Unha vez anotada a xente, dende deportes, tomarase a decisión de participar ou non na proba.

Ligazón para anotarse: 

Algunhas cousas de interese:

Cada universidade poderá inscribir até seis xogadores ou xogadoras, en cada unha das dúas competicións, coas seguintes condicións:
a. Entre un e tres participantes, sen ningún requisito en canto a ELO.
b. Até un máximo de dous participantes que acrediten, nas listas de ELO FIDE de Xadrez Rápido, Xadrez Lóstrego ou de Xadrez Standard en vigor no momento de realizar a inscrición, unha puntuación igual ou superior a 2150 puntos.
c. Unha xogadora adicional.

Ritmo de xogo.
Ritmo Rápido: 15 min. + 10 seg. de incremento 
Ritmo Lóstrego: 3 min. + 2 segundos de incremento