30/11/11

Maior presencia na clase do mércores

Pouco a pouco parece que vai asistindo mais xente ás clases dos mércores no Pabillón de Deportes en Elviña. Unha partida de Reshevsky e Keres centrou un poco a actividade teórica.
Asistentes: Santi, Manuel A, Isidro, Jose A. e Dani C.

27/11/11

Semana de pouca actividade

Mantendo a actividade dos mércores (con Santi, Manuel F, Manuel A e Isidro) e dos venres (Santi, Ernesto e Isidro). Pouco movemento cando xa estamos cerca de pechar os equipos para a vindeira semana.

22/11/11

Zonais 2012

Calendarios dos torneos zonais, clasificatorios para os Campionatos Galegos.

CATEGORÍAS SUB-08 SUB-10 SUB-12
DATA: 26 e 27 de Novembro de 2011
ENTIDADE ORGANIZADORA: Club Ajedrez Artesanos
DIRECTOR TORNEO: Jacobo Caselas Cabanas
ÁRBITRO: Oscar de Prado Rodriguez
RITMO XOGO: 30 min/xog
LOCAL XOGO: Circulo Artesanos (R/ San Andres, Nº 36 - A Coruña)
HORARIOS: Sabado 26/11 ás 17:00, 18:00 e 19:00 horas
Domingo, 27/11: Ás 16:00, 17:00, 18:00 e Entrega de Premios ás 21:00 horas
INSCRICIÓNS: Nos e-mails info@pokeryajedrez.com ou dereito@telefonica.net
Ou no móbil 617 234 393 (Oscar de Prado)

CATEGORÍA SUB-14 E SUB-16
DATA: 26 e 27 de Novembro de 2011
ENTIDADE ORGANIZADORA: Club Ajedrez Artesanos
DIRECTOR TORNEO: Jacobo Caselas Cabanas
ÁRBITRO: Oscar de Prado Rodriguez
RITMO XOGO: 45 min/xog
LOCAL XOGO: Circulo Artesanos (R/ San Andres, Nº 36 - A Coruña)
HORARIOS: Sabado 26/11 ás 16:30, 18:00 e 19:30 horas
Domingo, 27/11: Ás 15:30, 17:00, 18:30 e Entrega de Premios ás 21:00 horas
INSCRICIÓNS: Nos e-mails info@pokeryajedrez.com ou dereito@telefonica.net
Ou no móbil 617 234 393 (Oscar de Prado)

CATEGORÍA SUB-18
DATA: 26 e 27 de Novembro de 2011
ENTIDADE ORGANIZADORA: Club Ajedrez Artesanos
DIRECTOR TORNEO: Jacobo Caselas Cabanas
ÁRBITRO: Oscar de Prado Rodriguez
RITMO XOGO: 60 min/xog
LOCAL XOGO: Circulo Artesanos (R/ San Andres, Nº 36 - A Coruña)
HORARIOS: Sabado 26/11 ás 16:00, 18:00 e 20:00 horas
Domingo, 27/11: Ás 15:00, 17:00, 19:00 e Entrega de Premios ás 21:00 horas
INSCRICIÓNS: Nos e-mails info@pokeryajedrez.com ou dereito@telefonica.net
Ou no móbil 617 234 393 (Oscar de Prado)

CATEGORÍA ABSOLUTA
DATA: 03, 04, 06, 08, 10 e 11 de Decembro de 2011
ENTIDADE ORGANIZADORA: Club de Xadrez Asociación ExAlcohólicos
DIRECTOR TORNEO: Antonio Dacal Nuñez
ÁRBITRO: Alfredo de la Fuente Mayán (A.I.)
RITMO XOGO: 90 min+30 seg/xog
LOCAL XOGO: Asociación ExAlcohólicos (A Coruña)
HORARIOS: Ás 17:00 horas
INSCRICIÓNS: No e-mail info@clubexa.org

21/11/11

Actividade en Sigrás

A actividade en Sigrás contou coa presenza de diferentes xogadores do CIDU que disputaron sus partidas mezclados entres dos catro equipos que se fixeron.
Trasladáronse a xogar a Sigrás Ernesto Pérez, Santiago Domínguez, Luis Carlos Martínez, Manuel García, Daniel Codesido, Silja Molist e Isidro Alfaro.
Foi un bo xeito de preparar a Liga que xa está próxima.

20/11/11

Venres 18 de novembro

A actividade tivo lugar no CUR e ás 20,30 desenvolveuse un torneo, na que a clasificación foi: 1º Santiago Dominguez, 2º Diego García-Muñoz, 3º Isidro Alfaro e 4º Ernesto Pérez.

18/11/11

Preparándonos para a Liga

Programa da actividade para o sábado 19 de novembro, organizada por Sigrás:


Liga por equipos (estilo liga de outono) 20 minutos
Suízo Individual (5 minutos finish ) 5 Roldas
Local de Xogo: Sigrás

Equipos "Invitados"
- CIDU
- Sigras
- Combinado (Palaestra)
- Betanzos

17:00 Rolda 1
17:45 Rolda 2
18:30 Rolda 3

19:15 FIN DE COMPETICION POR EQUIPOS

Torneo Suízo Individual
19:30 Rolda 1
19:45 Rolda 2
20:00 Rolda 3
20:15 Rolda 4
20:30 Rolda 5

20:45 FIN DE EVENTO

Todo iso vénnos a ocupar aproximadamente o mesmo que unha tarde de liga de 17:00 a 21:00

16/11/11

Escola Universitaria de Xadrez

A idea da Escola os mércores no Pabillón de Deportes de 19,30 a 21,30 e dedicar a primeira hora a algunha actividade formativa ou de análise e logo a segunda hora a xogar partidas.
Se algún do equipo desexa dar unha das clases, veremos a data da mesma.
(Asistentes día 16: Santi, Manuel A, Manuel F e Isidro)

14/11/11

O CUR abrirá os venres agás aviso previo

O Centro Universitario de Riazor vai abrir os venres, como nos cursos pasados, mentras siga funcionando a Escola Universitaria de Xadrez.
Lembramos á xente a necesidade de apuntarse na mesma no Pavillón de Deportes da Universidade.
O pasado venres, houbo pouca xente, e o torneo foi un mero triangular, gañado por Ernesto seguido de Santiago e Isidro)

11/11/11

Lembranza de actividades

* Hoxe venres ás 19,30 abrimos o CUR.
 
* Hai que pensar que facemos durante a Liga de Xadrez. Basicamente a idea é manter dous equipos CIDU pero seguramente renunciar á praza de Segunda. E Palaestra xogaría unindo á xente de Sigrás tal como xogan en Escolares.
 
* A Copa Galicia é en Padrón un só dia, se hai xente interesada podería irse. É o 19 de novembro todo o día.
 
* Clases.
Para aqueles interesados.
 
Grande Obra
Iniciación: Martes e Xoves de 17,00 a 18,00. Prezo 15 euros ao mes mais matrícula de 15 euros ano.
 
Universidade
Escola Universitaria: Mércores de 19,30 a 21,30 no Pavillón de Deportes en Elviña. Os universitarios deben ter o abono deportivo e os non universitarios pagar 40 euros ao ano.
 
Casino.
(Matrícula: 7 euros)
Internet: Clase semanal. 20 euros os dous meses (novembro e decembro)
Iniciación: Luns de 17,30 a 18,30. 25 euros os dous meses (novembro e decembro)
Perfeccionamento: Luns de 18,30 a 19,30. 25 euros os dous meses (novembro e decembro)

10/11/11

Empezou a Escola Universitaria de Xadrez

A Escola Universitaria de Xadrez terá lugar os venres de 19,30 a 21,30 no Pavillón de Deportes da Universidade no Campus de Elviña.
Agora mesmo hai nada mais que oito apuntados e dous mais que asistiron á primerira clase pero ainda non están ben anotados na Área de Deportes.
Lembramos que os universitarios teñen que ser aboados de deportes (25 euros ao ano) e os non Universitarios pagar unha taxa de 40 euros ao ano.
A primeira clase consitiu nunha partida cun Gambito Morra e logo uns problemas e partidas.
(Asistentes: Manuel A, Manuel F, Luis Carlos, Isidro, Santi e Artak)

08/11/11

Santi Domínguez gañou o Torneo dos Venres

O pasado día 4 tivo lugar un novo Torneo Semanal co seguinte resultado:
1. Santiago Domínguez
2. Ernesto Pérez
3. Diego Medín
4. Florencio González
5. Manuel Andión

04/11/11

Non haberá Campionato de España Universitario

A crise que estivo a piques de levarse por diante a Escola Universitaria de Xadrez na Coruña pasou polo Consello Superior de Deportes.
Se a cousa non cambia, parece que determinaron que este curso 2011-2012 non se celebre o Campionato de España de Xadrez Universitario, que pasará a ser bianual.
Esto quere dicir que ata 2013 non teremos este torneo no Calendario.
Xa hai unhas semanas acordouse suprimir os Campionatos Galaico-Durienses nos que ás veces tamén estaba o xadrez.

02/11/11

Escola de Xadrez da Universidade

Finalmente si que haberá Escola de Xadrez da Universidade.
A actividade comezará o vindeiro día 9 de novembro no Pabillón de Deportes da Universidade.
O horario será de 19,30 a 21,30 os mércores.
Como novidade este ano é preciso que os participantes sexan aboados de deportes (25 euros), no caso dos universitarios ou ben paguen unha cota de 40 euros ao ano no caso dos non universitarios.
En vindeiros días colocaremos a información de todo o curso.

01/11/11

Héctor López gañou o Torneo de Xadrez FischeRandom

O pasado día 28 tivo lugar o Torneo Coruñés de Xadrez FischerRandom, que tivo como gañador a un dos seus creadores hay 16 anos.

Héctor López gañou a proba, na que lle sehuiron na clasificación Ernesto Pérez, Diego Medín, Florencio González e Manuel Andión.