15/12/09

Calendario da Liga Galega de Xadrez 2010

9 de xaneiro
Informática - Alexandre Bóveda
Casa Xuventude - Dominicos
Exalcohólicos - CIDU

16 de xaneiro
Recatelo - Informática
Dominicos - Marín
Betanzos - CIDU

23 de xaneiro
Informática - Bazán
Breogán - Dominicos
CIDU - Sigrás

30 de xaneiro
Xiria - Informática
Karpov - Dominicos
ETX - CIDU

6 de febreiro
Informática - Safa
Dominicos - EXP
CIDU - Regatas

20 de febreiro
Sardiñeira - Informática
Ribeira - Dominicos
Alexandre Bóveda - CIDU

27 de febreiro
Informática - Círculo Ferrolano
Dominicos - Ourense
CIDU - Arteixo

6 de marzo
Exalcohólicos - Informática
Marquiño - Dominicos

13 de marzo
Informática - Gallaecia
Dominicos - Padrón

20 de marzo
Informática - USC Xuvenil
Safa - Dominicos

10 de abril
Narón - Informática
Dominicos - Alexandre Bóveda

11/12/09

Diego García Muñoz gaña o torneo do Venres

Diego García-Muñoz gañou o tradicional torneo do venres.
A clasificación foi como segue:

1.- Diego García-Muñoz
2.- Ernesto Pérez
3.- Héctor López
4.- Diego Medín
5.- José Manuel Andión
6.- Francisco Domínguez
7.- Luis Carlos Martínez
8.- Manuel Andión

A maior sorpresa foi o mal torneo realizado por Luis Carlos Martínez, que acostuma estar nos postos altos.

04/12/09

Resultados do Galaico Duriense



O equipo integrado por Tone Pazos, Luis Carlos Martínez, Francisco Domínguez e Brenda Siso (nesta orde xogaron dentro do equipo) rematou finalmente no cuarto posto dos Xogos Galaico Durienses celebrados en Santiago de Compostela do 24 ao 26 de novembro.

O equipo, que representaba á Universidade da Coruña, totalizou 11 puntos.

Na primeira rolda perdeu por un claro 0,5 a 3,5 fronte a Universidade do Porto.
Na segunda logrou o triunfo por 4 a 0 fronte a UTAD
Na terceira empatou a douses coa Universidade de Vigo
Na cuarta gañou por 4 a 0 a Minho
Na quinta perdeu por 0,5 a 3,5 fronte a Santiago.

O equipo campión foi o anfitrión, seguido pola Universidade de Porto, Vigo, Coruña, Minho e UTAD.

27/11/09

Luis Carlos Martínez gaña o Torneo de Rápidas

Luis Carlos Martínez gañou o Torneo de Rapidas do venres.

A clasificación foi como segue:

1º.- Luis Carlos Martínez, 4 puntos
2º.- FRancisco Conde, 3,5 puntos
3º.- Ernesto Pérez, 2,5 puntos
4º.- Francisco Dominguez, 2 puntos
5º.- Florencio González, 2 puntos
6º.- Emilio, 1 punto

23/11/09

Información de última hora dos Galaico-Durienses



Información de última hora respecto dos Galaico-Durienses (24,25 e 26 de Novembro), para que sexa coñecida polos xogadores/deportistas:

Hora de saída: 10:00 h (entrega de equipamentos deportivos)
Lugar: Pavillón Polideportivo do Campus de Elviña
Acreditación: Todos os participantes deberán levar o DNI, carné de conducir ou pasaporte (sempre orixinais e en vigor).
Aloxamento: Hotel Hesperia Peregrino (Martes 24 e Mércores 25).

Nota importante: Todos os deportistas participantes deberán ser socios ou abonados da área de Deportes antes do campionato. Para iso, deberán pasar polas oficinas do Pavillón de Deportes co seu carné de estudante e o resgardo de matrícula do presente curso académico.

Regulamento de Xadrez.
Participantes :
Cada Universidade presentará un equipo formad0 por catro xogadores/as. Lugar de xogo :
Sala de Usos Múltiples da Residencia Universitaria Monte da Condesa. Sistema de Competición:
Liga por equipas Duración das partidas:
30 minutos mais incremento de 30 segundos por xogada
Puntuación : Victoria = 1 punto Empate = 1/2 puntos Derrota = 0 puntos
A puntuación de cada equipo será a suma dos puntos de cada componente.
Horarios de xadrez martes, 24 : 16.30 horas 1ª Ronda. 19.00 horas 2ª Ronda. mércores, 25 : 10.30 horas 3ª Ronda. 16.30 horas 4ª Ronda. xoves, 26: 10.30 horas 5ª Ronda.

21/11/09

Luis Carlos Martínez gaña o Torneo de Rápidas



O Torneo do venres 20 foi gañado por Luis Carlos Martínez que non perdeu ningunha das catro partidas, ainda que cedeu dúas táboas.

A clasificación foi a seguinte:

1º.- Luis Carlos Martínez
2º.- Ernesto Pérez
3º.- Fran Domínguez
4º.- Héctor López
5º.- Emilio

14/11/09

Ernesto Pérez gaña o Torneo de Rápidas da semana


Ernesto Pérez gañou o Torneo de Rápidas semanal.
Empatado a puntos quedou Diego García-Muñoz.
A clasificación quedou como segue:

1.- Ernesto Pérez
2.- Diego García-Muñoz
3.- Florencio González
4.- Luis Patiño
5.- Manuel Andión
6.- FRancisco Domínguez

10/11/09

Xogos Galaico Durienses 2009



Os días 24, 25 e 26 de novembro celebranse en Santiago ox Xogos Galaico Durienses que nesta ocasión incluen o xadrez.

Os equipos representativos das universidades deben contar con 4 persoas, e sempre con representación dos dous sexos.

As bases poden verse no web da usc

Actividade en Elviña o mércores 11 de novembro


Actividade prevista.

19,30: Inicio.
Resolución de problema.
19,30 - 20,30: Actividade teórica. Finais.
20,30 - 21,00: Partidas.
21,00: Peche da actividade.

06/11/09

Problema Primeira Semana


Problema posto na primeira semana da Escola de xadrez.
Brancas moven e gañan.

Actividade no cur o venres 6 de novembro



Actividade prevista.

19,30: Inicio.
Resolución de problema.
19,30 - 20,30: Oganización de equipos para Liga. Pago de Cotas.
20,30 - 21,30: Torneo de Tódolos Santos. Rápidas a 5 roldas. Cota de 1 euro.
21,30: Peche da actividade.

Walter López premiado no I Día do Deporte Universitario



Walter López, xogador do Círculo Ferrolán e capitán dos equipos universitarios dende hai anos, recibiu o trofeo ao mellor xadrecista do curso 2008-2009 na cea que pechou o I Día do Deporte Universitario, celebrado no Campus de Elviña durante o día 5 de novembro.

Ao parecer a Universidade ten a intención de manter este día en vez da ata agora tradicional entrega de premios que se celebraba no Rectorado.

Á cea asistiron o coordinador da sección Ernesto Pérez e o profesor da Escola Antonio Pazos, ademais do galardoado.

Luis Carlos Martínez gaña o Torneo de Rápidas

Este venres foi Luis Carlos Martínez quen gañou o Torneo de Rápidas.
A clasificación foi a seguinte:

1º.- Luis Carlos Martínez
2º.- Alfonso Iglesias
3º.- Diego García-Muñoz
4º.- Héctor López
5º.- Ernesto Pérez
6º.- Manuel Andión

31/10/09

Empeza a Escola Universitaria de Xadrez



Coa chegada do mes de novembro empezan as Escolas Deportivas da Universidade da Coruña.

Isto supón que a partires deste mes e ata maio temos actividade no Pabillón de Deportes no Campus de Elviña os mércores de 19,30 a 20,30 e os venres no Centro Universitario de Riazor (antiga empresariais) tamén de 19,30 a 20,30.

Agardamos ver as caras de sempre por ali e alguns novos xogadores que se vaian achegando, grazas ao impulso de Quique Villodas colocando carteis polas facultades.

02/10/09

Torneo 25 setembro


Luis Carlos Martínez gañou o Torneo de partidas rápidas deste venres 25 de setembro.
A clasificación da proba foi como segue:

1.- Luis Carlos Martínez
2.- Héctor López
3.- José Manuel Andión
4.- Manuel Andión
5.- Ernesto Pérez
6.- Diego Medín

04/09/09

Enrique Villodas gaña o Torneo de Rápidas

Quique Villodas gañou o torneo do venres, nos que nos despedíamos de Santi e Silja que marcharon a Francia.

1º.- Enrique Villodas
2º.- Santiago Domínguez
3º.- Diego García-Muñoz
4º.- Alfonso Iglesias
5º.- Ernesto Pérez
6º.- José Manuel Andión
7º.- Manuel Andion
8º.- Silja Molist

21/08/09

Luis Carlos Martínez gaña o Torneo de Rápidas



Luis Carlos Martínez gañou o Torneo de Partidas Rápidas.
1.- Luis Carlos Martínez
2.- Santiago Domínguez
3.- Ernesto Pérez
4.- Silja Molist

27/06/09

Francisco Conde gaña o Torneo de Rápidas

Ao mesmo tempo que se desenvolvía o XVII Torneo Universitario de Rápidas, celebrouse un míni torneo entre os asistentes á actividade que non son universitarios.

Francisco Conde gañou nesta proba, na que a clasificación foi coma segue:

1º.- Francisco Conde
2º.- Ernesto Pérez
3º.- Luis Patiño
4º.- Manuel Andión

Antonio Pazos gañou o XVII Torneo Universitario de Rápidas


Antonio Pazos gañou o XVII Torneo de Partidas Rápidas que desenvolveu ontes no Centro Universitario de Riazor.
Tone conqueriu a victoria nas catro roldas celebradas, aventaxando en un punto ao segundo clasificado José Rey.
1º.- Antonio Pazos 4 pt.
2º.- José Rey 3 pt.
3º.- Santiago Domínguez 1,5 pt.
4º.- José Manuel Andión 1,5 pt.
5º.- Sila Molist 0 pt.

05/06/09

Ultimas actividades do Xadrez Universitario no curso 2008-2009


O curso 2008-2009 chega ao seu fin e tamén as actividades de xadrez da Universidade da Coruña. Durante os venres de xuño permanecerá aberta a aula de xadrez no CUR Centro Universitario de Riazor.

XVII Torneo Universitario de Semirrápidas.
Días 12, 19 e 26 ás 19,30 horas
Xa quedou dito que era o desempate do Torneo Universitario

XVII Torneo Universitario de Rápidas
Día 26 ás 20,30

26/05/09

Walter Lopez gaña o Torneo Semanal


O torneo do pasado día 22 tivo a seguinte clasificación:

1º.- Walter López
2º.- Héctor López
3º.- José Manuel Andión
4º.- Ernesto Pérez
5º.- Manuel Andión

11 Torneos: Ernesto Pérez
10 Torneos: ----
9 Torneos: ---
8 Torneos: Manuel Andión, Héctor López, José Manuel Andión
7 Torneos: Santiago Domínguez
6 Torneos: Diego García-Muñoz
5 Torneos: ---
4 Torneos: Luis Carlos,
3 Torneos: Luis Patiño, Silja Molist, Walter López
2 Torneos: José Rey, Alfonso Iglesias,
1 Torneos: Iago Porto, Florencio González, Alejandro de León, Jesus Rodríguez, Francisco Conde, Berta Porto, Francisco Leal.

19/05/09

Campionato Galego Unversitario de PDI e PAS 2009



A Área de Deportes da Universidade de Vigo organizará o xoves 28 do presente mes, nas instalacións deportivas do Campus de Ourense, o Campionato Galego Unversitario de PDI e PAS 2009 nas seguintes modalidades deportivas:
Deportes colectivos: Fútbol 7 masculino, Fútbol sala feminino e Baloncesto masculino
Deportes individuais: Tenis, Xadrez e Xogos tradicionais.

Se estades interesados en participar en calquera das modalidades, aínda estades a tempo para anotarvos. O prazo remata o vindeiro luns 25 de maio.

No caso de querer participar, poñédevos en contacto coas oficinas da Área de Deportes da Coruña (ext: 1904, 1913 e 1910) ou de Ferrol (3328, 3678).

XADREZ:
Lugar de Competición: Sala de Xadrez do Pavillón Universitario de Deportes
Horarios: As 10.30 horas apertura da instalación.
O inicio da competición será as 11.00 horas
Sistema de Xogo: Liga partidas rápidas

18/05/09

Informática gaña a Liga de Primavera


O equipo de Informática de Xadrez gañou a Liga de Primavera nesta edición de 2009. A base do equipo que logrou o ascenso a primeira división na última campaña logrou a victoria nun torneo moi concorrido no que a segunda praza foi para o Sigrás, grazas á súa victoria na última xornada contra o equipo vencedor.
Gillan foi o terceiro equipo.

Esta edición de 2009 foi moi concorrida, con presenza de seis equipos de diversa procedencia, se ben se botou en falta ao equipo ferrolán que viña gañando nas derradeiras edicións.

1º. Informática. 3 victorias, 1 empate, 2 derrotas.
2º. Sigrás. 3 victorias, 0 empates, 2 derrotas.
3º. Gillán. 2 victorias, 2 empates, 1 derrota.
4º. Alexandre Bóveda. 2 victoria, 1 empate, 2 derrotas.
5º. Arteixo. 2 victorias, 0 empates, 3 derrotas.
6º. Dominicos. 1 victoria, 0 empates, 4 derrotas.

17/05/09

Pedro Suárez gaña o Torneo de Clausura



Pedro Suárez gañou o Torneo Clausura que se celebrou na noite do venres 15 na casa de Cecebre que nos cedeu un dos xogadores para facer unha xuntanza sobre o funcionamento do clube e o torneo posterior.

1º. Pedro Suárez
2º. Diego García-Muñoz
3º. Luis Patiño
4º. José Rey
5º. José Manuel Andión
6º. Ernesto Pérez
7º. Héctor López
8º. Quique Villodas
9º. Manuel Andión

15/05/09

Granada gaña o Campionato de España Universitario

A Universidade de Granada gañou o Campionato de España Universitario, seguida pola UNED.
Ainda non temos a clasificación por universidades, pero estes foron os resultados individuais:

Resultados finais

1 IM Ibarra Jerez Jose Carlos 2514 2509 U. Granada 8,0 46,5 39,5 51,0
2 FM Antoli Royo Joaquin Miguel 2416 2406 U. U.N.E.D. 7,5 49,0 42,0 53,5
3 IM Aloma Vidal Robert U20 2378 2361 U. Barcelona 7,0 52,0 44,5 56,5
...
15 Torrado Quintela Julio 2246 2229 U. Santiago Compostela 6,0 47,5 40,5 52,0
16 Eyo Castro-Rial Alberto 2193 2170 U. Vigo 6,0 47,5 40,0 50,5
...
18 Garcia Brion Eduardo 2164 2009 U. Santiago Compostela 6,0 46,5 39,5 50,5
...
25 Lopez Rodriguez Walter 2216 2208 U. A Coruña 6,0 40,5 33,5 44,5
...
28 FM Pena Gomez Manuel 2456 2399 U. Vigo 6,0 38,0 32,0 41,0
29 Perez Mauricio Xoel 2241 2224 U. A Coruña 6,0 37,0 31,0 39,5
...
47 Fernandez Losada Daniel U20 2145 2142 U. Santiago Compostela 5,0 42,5 36,0 46,5
...
70 Pazos Porta Antonio 2236 2228 U. A Coruña 4,5 40,5 33,5 44,0
...
86 Ares Campo Iria w 2021 2006 U. Santiago Compostela 4,5 36,0 29,0 38,5
...
88 Cabrero De Cabo Miguel 2095 2100 U. Santiago Compostela 4,5 35,0 29,5 37,5
...
104 Siso Calvo Brenda w 0 1781 U. A Coruña 4,0 32,5 27,0 34,0
...
110 Garcia Bernardez Jaime 2038 1986 U. Vigo 3,5 38,5 31,5 41,0
...
124 Rey Cid Jose 1950 1908 U. A Coruña 3,0 35,5 29,0 36,5
125 Cabanas Rodriguez Roi U20 0 1786 U. Vigo 3,0 34,0 29,0 36,0
126 Rodriguez Crespo Eduardo U20 1914 1798 U. Vigo 3,0 34,0 28,0 36,5
...
131 Martinez Ramos Luis Carlos S60 0 1914 U. A Coruña 3,0 31,5 27,0 32,0
...
136 Balbas Calvo Alexandra U20 w 1640 1560 U. Vigo 2,5 31,0 26,0 33,0
...
141 Gil Perez Gerardo 1951 1925 U. Santiago Compostela 2,5 29,0 23,5 30,5
e ata 150 participantes.

Rankings iniciais
1 IM Ibarra Jerez Jose Carlos 2514 2509 U. Granada
2 FM Almagro Llamas Pablo 2479 2485 U. Comp. Madrid
3 GM Rodriguez Guerrero Enrique 2468 2467 U. Granada
4 FM Pena Gomez Manuel 2456 2399 U. Vigo
...
25 Torrado Quintela Julio 2246 2229 U. Santiago Compostela
26 Perez Mauricio Xoel 2241 2224 U. A Coruña
...
29 Pazos Porta Antonio 2236 2228 U. A Coruña
...
33 Lopez Rodriguez Walter 2216 2208 U. A Coruña
...
41 Eyo Castro-Rial Alberto 2193 2170 U. Vigo
...
45 Garcia Brion Eduardo 2164 2009 U. Santiago Compostela
...
52 Fernandez Losada Daniel 2145 2142 U20 U. Santiago Compostela
...
66 Cabrero De Cabo Miguel 2095 2100 U. Santiago Compostela
...
78 Garcia Bernardez Jaime 2038 1986 U. Vigo
...
83 Ares Campo Iria 2021 2006 w U. Santiago Compostela
...
98 Gil Perez Gerardo 1951 1925 U. Santiago Compostela
99 Rey Cid Jose 1950 1908 U. A Coruña
...
109 Rodriguez Crespo Eduardo 1914 1798 U20 U. Vigo
...
126 Balbas Calvo Alexandra 1640 1560 w U20 U. Vigo
...
129 Martinez Ramos Luis Carlos 0 1914 S60 U. A Coruña
...
136 Cabanas Rodriguez Roi 0 1786 U20 U. Vigo
137 Siso Calvo Brenda 0 1781 w U. A Coruña

13/05/09

Semana de descanso


Estes días estase a celebrar en La Pineda (Tarragona) o Campionato de España Universitario de Xadrez, e con tal motivo hai que dar os seguintes avisos.

O mércores 14 non haberá clase ás 19,30 no Pabillón de Deportes, xa que o monitor Antonio Pazos está no citado torneo.

O venres 16 non haberá actividade no CUR, xa que ás 20,00 está prevista a xuntanza dos xogadores en Cecebre. Nesta xuntanza aproveitarase para celebrar o Torneo de Clausura.

11/05/09

Santiago Domínguez gaña o Torneo Semanal

Esta semana o torneo foi moi disputado, xogándose por sistema de Liga a pesar de que eran oito xogadores e ás últimas semanas cando esto acontecia se disputaba un suizo.

Os empates a puntos entre dous xogadores foron a tónica do 1º ao 6º posto separados tan só por un punto, quedando descolgados unicamente os dous últimos.

1º.- Santi Dominguez
2º.- José Rey
3º.- Ernesto Pérez
4º.- Luis Carlos Martínez
5º.- Diego García-Muñoz
6º.- Héctor López
7º.- Manuel Andión
8º.- Silja Molist

10 Torneos: Ernesto Pérez
9 Torneos: ---
8 Torneos: ---
7 Torneos: Manuel Andión, Héctor López, José Manuel Andión, Santiago Domínguez
6 Torneos: Diego García-Muñoz
5 Torneos: ---
4 Torneos: Luis Carlos,
3 Torneos: Luis Patiño, Silja Molist
2 Torneos: José Rey, Walter López, Alfonso Iglesias,
1 Torneos: Iago Porto, Florencio González, Alejandro de León, Jesus Rodríguez, Francisco Conde, Berta Porto, Francisco Leal.

05/05/09

Constituída a Selección Universitaria da Coruña


Finalmente estes serán os compoñentes da selección coruñesa no Campionato de España que se celebrará en Tarragona a vindeira semana.

Xente con ranking internacional:

2226693 Perez Mauricio, Xoel
ELO FIDE: 2241
ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ENXEÑEIROS DE CAMIÑOS.
Vigo, 1984

2263190 Pazos Porta, Antonio
ELO FIDE: 2236
ESCOLA UNIVERSITARIA DE ARQUITECTURA TÉCNICA.
Ferrol, 1988

2251965 Lopez Rodriguez, Walter
ELO FIDE: 2216
FACULTADE DE INFORMATICA.
Ferrol, 1984

22237984 Rey Cid, Jose
ELO FIDE: 1950
FACULTADE DE INFORMATICA.
Ourense, 1984

Xente con Ranking Nacional

3141 MARTINEZ RAMOS, LUIS CARLOS
ELO FEDA: 1914
FACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS
A Coruña, 1939

14023 SISO CALVO, BRENDA
ELO FEDA: 1781
ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR
A Coruña, 1987

O coordinador da sección Ernesto Pérez non designou ainda delegado para esta expedición, na que a Universidade da Coruña tratará de estar en torno ao cuarto posto obtido o ano pasado.

03/05/09

Paco Leal gaña o Torneo Beltaine



Francisco Leal gañou o venres o Torneo Beltaine, dentro da serie de Torneos dos venres.

A clasificación foi como segue:

1º.- Francisco Leal
2º.- Luis Carlos Martínez
3º.- Ernesto Pérez
4º.- José Manuel Andión.

Así queda a lista de Torneos disputados, dende o entroido:

9 Torneos: Ernesto Pérez
8 Torneos: ---
7 Torneos: José Manuel Andión
6 Torneos: Manuel Andión, Santiago Domínguez, Héctor López
5 Torneos: Diego García-Muñoz,
4 Torneos: ---
3 Torneos: Luis Patiño, Luis Carlos
2 Torneos: Walter López, Alfonso Iglesias, Silja Molist
1 Torneos: José Rey, Iago Porto, Florencio González, Alejandro de León, Jesus Rodríguez, Francisco Conde, Berta Porto, Francisco Leal.

30/04/09

Torneo de Beltaine - XV Aniversario

O día 1 de maio o Club de Iniciativas Deportivas Universitarias (CIDU) chega ao seu XV Aniversario.

Por este motivo celebraremos un Torneo de Xadrez.

Torneo de Beltaine - XV Aniversario
30 de abril de 2009
Centro Universitario de Riazor
Hora de inicio: 20,00
Hora de finalización: 21,00
Ritmo de xogo: 5 minutos por xogador.
Sistema: Suizo a 5 roldas.
Cota de participación: 1 euro
Premios: Camiseta de agasallo para o campión e Multixogos de Palaestra para os tres primeiros.

Beltaine - XV Aniversario do CIDU


A noite do 1 de maio que para os celtas sería a noite anterior, ou sexa a do 30 de abril , celébrase o Beltaine. Unha noite de lumes, na que os nosos antergos pasaban tanto eles como o seu gando por entre o fume nun rito de limpeza e purificación ("afumar o gando" decíase na Galicia). Este lume encomendábase ao patronazgo do Deus Belenos (o brillante).
Se Halloween/Samaín representa o principio do inverno no calendario celta, Beltaine significaría o principio do verán.
O rocío que se recollía nas mañás de Beltaine tamén se almacenaba, co fin de utilizalo en posteriores rituais.
Nalgunhas tribos celtas dispoñíase neste tempo duns días de liberdade sexual, nos cales formábanse parellas novas a proba, que duraban ata o seguinte Beltane, data na cal renovábanse os votos ou terminaban separándose.
É en Alemania (Walpurgisnacht) onde conserva un referente máis próximo coa noite de bruxas, da mesma forma que o é Halloween no mundo anglosaxón.
Do mesmo xeito que na novela post-celtica "O Señor dos Aneis", o folklore ruso documenta unha "marcha das árbores" para esta noite máxica do 30 de abril, pola que "todas as árbores, as flores, os arbustos e os seres verdes teñen a posibilidade de camiñar a condición de estar de regreso á mañá seguinte e na súa mesmo sitio".
Para os pobos celtas as celebracións máis importantes eran as que se "cruzaban" entre os solsticios e os equinoccios. Tratábase de Samhain (novembro), Imbolc (febreiro), Beltaine (maio) e Lugnasad (agosto). Dentro destas, as dúas nas que "nacen" as dúas principais estacións eran as festas maiores: Samhain como comezo do inverno e Beltaine como comezo do verán. Aqui atopamos unha gran confusión, xa que hoxe consideramos os solticios de verán e inverno como respectivos comezos das estacións, cando non era así nos pobos antigos europeos. Ata a época de William Shakespeare chega a tradición de contar o tempo segundo os celtas, pois chegou a escribir a novela titulada "A Midsummer Night's Dream"(O soño dunha noite de verán), entendendo por midsummer a noite da véspera do 24 de xuño, dia "central" do verán.
E nesta máxica data, o noso club chega ao seu XV Aniversario. Achegádevos ao CUR a xogar!

28/04/09

Ernesto Pérez e Héctor López gañan o Torneo de Tute


Dentro do programa especial polo XX Aniversario de Palaestra o pasado venres realizamos un torneo de Tute, no que os vencedores foron Ernesto Pérez e Héctor López.
Sendo festivo o vindeiro día 1 o torneo semanal pasará ao xoves.

24/04/09

José Manuel Andión gaña o Torneo de Xadrez en Progresión


José Manuel Andión gañou o Torneo de Xadrez en Progresión que se disputo o día 23 no Centro Universitario de Riazor.
A clasificación foi como segue:
1.- José Manuel Andión
2.- Ernesto Pérez
3.- Luis Carlos Martínez
4.- Florencio González
5.- Ayrton Sardina
6.- Antonio González
7.- Manuel Andión
Aproveitando o Día do Libro e o Aniversario da fundación de Asencudega, Florencio González aproveitou para presentar o seu libro "Xadreces".
O acto tamén foi aproveitado para entregarlle a Ayrton Sardina a consola nintendo DS que lle tocou nas actividades de Palaestra

Torneo de Tute


Pois facendo un descanso mínimo na nosa actividade xadrecística, o venres 24 o que se celebrará será un Torneo de Tute, no que o premio será unha caixiña con xogos que se están entregando nas actividades do XX Aniversario de Palaestra.
Agardamos veros polo CUR.

22/04/09

Nesta semana o torneo será o xoves 23.

Posto que o venres realizaremos un torneo de naipes, o clásico torneo semanal o trasladamos ao xoves.

Tampouco será propiamente un torneo clásico xa que será en "xadrez en progresión" ¿de que vai iso?

Pois simplemente os peóns cambián de movementos segundo avanzan (ou retroceden!). Así o peón deixa de comportarse como tal ao chegar a quinta fila cando se comporta coma un rei, se avanza á sexta compórtase como un bispo, na sétima fila como torre e na oitava como dama.

Ao premio normal dos torneos semanais, se lle engadirá nesta ocasión un pequeno agasallo da Asociación Palaestra, co motivo da celebración das actividades do seu XX Aniversario.

Ademais sendo o aniversario da fundación da Asociación de Entidades Culturais e Deportivas de Galicia e coincidindo co Día do Libro, poremos en circulación o libro "Xadreces" de Florencio González a un custo de 3 euros por exemplar.

A cita, pois, xoves 23 de abril no Centro Universitario de Riazor.

20/04/09

Walter López repite triunfo no Torneo do venres

Walter López repetiu triunfo no Torneo de Rápidas do 17 de abril. Luis Carlos Martínez recuperou algo o seu nivel de xogo tras o mal universitario.

1 Walter López, 5 8.0 13.5 15.0
2 Luis Carlos Martínez, 3.5 8.5 13.5 11.0
3 Alfonso Iglesias, 3.5 7.5 11.0 10.0
4 Santi Dominguez, 3 9.5 15.5 12.0
5 José Manuel Andion, 2.5 8.0 14.0 7.5
6 Ernesto Pérez, 2.5 7.5 12.5 4.5
7 Francisco Conde, 2 8.0 12.5 7.0
8 Hector López, 2 5.5 10.5 4.0
9 Silja Molist, 1 6.5 9.5 4.0
10 Berta Porto, 0 8.0 12.5 0.0

Torneos disputados polos diferentes xogadores, dende que se implantou a cota e os premios:
8 Torneos: Ernesto Pérez
7 Torneos:
6 Torneos: Manuel Andión, Santiago Domínguez, José Manuel Andión, Héctor López
5 Torneos: Diego García-Muñoz,
4 Torneos:
3 Torneos: Luis Patiño
2 Torneos: Walter López, Luis Carlos, Alfonso Iglesias, Silja Molist
1 Torneos: José Rey, Iago Porto, Florencio González, Alejandro de León, Jesus Rodríguez, Francisco Conde, Berta Porto.

15/04/09

Campionato Universitario de España


A Universitat Rovira i Virgili é a encargada de organizar o Campionato na edición de 2009.

O Torneo disputarase en La Pineda (Tarragona) onde estarán aloxados os xogadores. É moi posible que a expedición coincida coa de volley praia, se ben estes estarán noutro hotel en Cambrils.

Día 11 de maio. Acreditación dende ás 16,00 horas

Días 12 e 13 de maio. Roldas ás 10,00 12,00 16,00 e 18,00 horas

Día 14 de maio. Rolda ás 10,00

Formando a selección universitaria da Coruña


Cada Universidade poderá inscribir ata seis xogadores, coas seguintes condicións:

Cada Universidade poderá presentar 3 participantes sen requisito de ELO (cambia en relación ao ano pasado).

Rematado o Torneo Universitario, estarían clasificados Walter López, Antonio Pazos e Pablo Fernández.

Ademais, cada Universidade poderá inscribir ata un máximo de dous universitarios que acrediten, na lista de Elo FIDE en vigor no momento de realizar a inscrición, unha puntuación igual ou superior a 2.150 puntos.

Aberto ó prazo de presentar candidaturas ata o día 20 de abril.

Cada Universidade poderá inscribir tamén unha xogadora incluída nas listas de Elo FEDA ou de Elo FIDE no momento de realizar a inscrición.

Aberto ó prazo de presentar candidaturas ata o día 20 de abril.

As Universidades poderán inscribir, aos efectos do disposto na convocatoria oficial dos Campionatos de España Universitarios, un Capitán/ Delegado.

A praza quedará como sempre á libre disposición do coordinador da sección.

06/04/09

Empate na cabeza do XIX Universitario da Coruña

Walter López: 3,5 puntos (2 Gañadas e 3 táboas)
Antonio Pazos: 3,5 puntos (2 Gañadas e 3 táboas)
Pablo Fernández: 3,5 puntos (2 Gañadas e 3 táboas)
Jorge Mejutos: 2,5 puntos (1 gañada, 3 táboas e 1 perdida)
Enrique Villodas: 2 puntos (2 gañadas e 3 perdidas)
Luis Carlos Martínez: 0 puntos

O desempate que se apliacará será, probablemente, o XVII Torneo Universitario de Semirrápidas ou ben o XVII Torneo Universitario de Rápidas.

Walter López gaña o Torneo de Rápidas Semanal

Walter López gañou o Torneo de Rápidas Semanal do CUR.
A clasificación foi como segue:

1 Walter López 5 8.0 12.5 15.0
2 Jesus Rodríguez 4 6.0 11.5 10.0
3 Ernesto Pérez 3 5.0 10.5 8.0
4 Santiago Domínguez 2.5 9.5 16.0 8.0
5 Hector López 2.5 8.0 14.0 9.0
6 José Manuel Andión 1.5 6.0 9.5 5.5
7 Silja Molist 1 7.0 11.5 2.0
8 Manuel Andión 0.5 8.5 14.5 2.5

Torneos disputados polos diferentes xogadores, dende que se implantou a cota e os premios:
7 Torneos: Ernesto Pérez
6 Torneos: Manuel Andión
5 Torneos: Diego García-Muñoz, José Manuel Andión, Santiago Domínguez, Héctor López
4 Torneos:
3 Torneos: Luis Patiño
2 Torneos:
1 Torneos: José Rey, Iago Porto, Alfonso Iglesias, Florencio González, Alejandro de León, Luis Carlos, Silja Molist, Walter López, Jesus Rodríguez.

30/03/09

Roldas do XIX Torneo Universitario



Luns:
Luis Carlos - Coqui: 0-1
Pablo - Quique: 1-0
Tone - Walter: 1/2 - 1/2


Martes:
Tone - Luis Carlos: 1-0
Walter - Pablo: 1/2 - 1/2
Quique - Coqui: 1-0


Mércores:
Luis Carlos - Pablo: 0-1
Tone - Coqui: 1/2 - 1/2
Walter - Quique: 1-0


Xoves:
Luis Carlos - Walter: 0-1
Quique - Tone: 0-1
Coqui - Pablo: 1/2-1/2


Venres:
Quique - Luis Carlos: 1-0
Coqui - Walter: 1/2 - 1/2
Pablo - Tone: 1/2 - 1/2

27/03/09

Diego García-Muñoz gaña o Torneo de Rápidas da Semana

Diego García-Muñoz que ademais de ser un dos fundadores do CIDU e tamén o creador do seu logotipo gañou o Torneo de Rápidas desta semana.
A clasificación foi como segue:
1º.- Diego García-Muñoz
2º.- Santiago Domínguez
3º.- Luis Carlos Martínez
4º.- Ernesto Pérez
5º.- Silja Molist
6º.- Héctor López

XIX Torneo Universitario da Coruña


A vindeira semana terá lugar o XIX Torneo Universitario da Coruña, dacordo ao anuncido hai uns días na páxina oficial da Universidade da Coruña.

Datas: luns 30, martes 31, mércores 1, xoves 2 e venres 3.

Horario: 19,30 horas

Lugar: Centro Universitario de Riazor

Ritmo de Xogo: Unha hora finish

Sistema de competición: Suizo a cinco roldas.

Outras infomacións: obligatoriedade de anotar ata os últimos cinco minutos, posibilidade de acordar entre xogadores outro horario en cada partida, clasificatorio para o campionato de España, que se celebrará en Cataluña na segunda semanana de maio.

25/03/09

A Universidade da Coruña sen representación no galego

Finalmente ningún xogador da Universidade da Coruña foi a Vigo a disputar o Campionato Galego os días 25 e 26 de marzo. Unha mágoa xa que en anos anteriores lograramos obter campions nas categorías con ELO (Antonio Pazos, 2007) e sen ELO (Pedro Suárez, 2008).
Outra vez será.

21/03/09

Héctor López gaña o temático da Española

Héctor López, xogador que este ano non participa con ningún club na Liga Galega, gañou o Torneo Temático da Española, na variante adiantada nas clases do mércores por Antonio Pazos.

A clasificación foi a seguinte:

1.- Héctor López
2.- Luis Patiño
3.- Ernesto Pérez
4.- Manuel Andión
5.- José Manuel Andión

Por outra banda entregaronse agasallos ademais de ao gañador a aqueles que cumpriron cinco torneos. Haberá agasallos aos cinco e dez torneos disputados.
Torneos Xogados
Manuel Andión: 5
Ernesto Pérez: 5
Diego García-Muñoz: 4
José Manuel Andión: 4
Santiago Domínguez: 3
Luis Patiño: 3
Héctor López: 3
José Rey: 1
Iago Porto: 1
Alfonso Iglesias: 1
Florencio González: 1
Alejandro de León: 1

20/03/09

Regalos a participantes nos Torneos de Rápidas


Tal como iniciaramos o pasado 20 de febreiro no ciclo de Torneos dos venres, nestes torneos cobrase unha cota de 1 euro e o campión leva de premio unha camiseta dalgunha das actividades levadas a termo por AGAX.
Asemade aqueles que participen en cinco probas recibirán unha bolsiña do CIDU.
O Torneo do día 20 de marzo supón a quinta proba, polo que algúns xogadores recibirán a bolsa de regalo. Serán os que cheguen aos cinco torneos.

Torneos Xogados

Manuel Andión: 4
Diego García-Muñoz: 4
Ernesto Pérez: 4
Santiago Domínguez: 3
José Manuel Andión: 3
Luis Patiño: 2
Héctor López: 2
José Rey: 1
Iago Porto: 1
Alfonso Iglesias: 1
Florencio González: 1
Alejandro de León: 1

17/03/09

Remata o prazo para inscribirse no Campionato Galego Universitario


Este mércores día 18 remata ás 14,00 o prazo para inscribirse no Campionato Galego Universitario que terá lugar a vindeira semana en Vigo.
Mércores 25 de 16,00 a 20,30 horas
Xoves 26 de marzo de 11,00 a 14,00 e 16,00 a 20,00
Os interesados deben contactar ca Area de Deportes da Universidade.

14/03/09

José Manuel Andión gaña o Torneo de Rápidas Semanal


José Manuel Andión gañou o Torneo Temático Semanal.
A clasificación foi a seguinte:
1º.- José Manuel Andión
2º.- Diego García-Muñoz
3º.- Manuel Andión
4º.- Ernesto Pérez
5º.- Alejandro de León

07/03/09

Diego García Muñoz gaña o Torneo de Rápidas semanal

Santiago Domínguez gañou de novo o Torneo de Rápidas Semanal.
1º.- Diego García-Muñoz
2º.- Santiago Domínguez
3º.- Ernesto Pérez
4º.- Manuel Andión

28/02/09

Santiago Domínguez gaña por terceira semana consecutiva.

O xogador Santiago Domínguez, primeiro taboleiro do CIDU na Liga Galega, gañou por terceira vez consecutiva o torneo dos venres no Centro Universitario de Riazor.

Un torneo moi competido, no que tal como se anunciara a semana anterior empezou a disputarse por sistema suizo e a cinco roldas. Ao non darse clase o mércores anterior non houbo ningunha apertura imposta.

Clasificación.

1 Domínguez, Santiago 4
2 Rey, Jose 4
3 Pérez, Ernesto 3
4 Porto, Iago 3
5 García-Muñoz, Diego 3
6 Iglesias, Alfonso 3
7 López, Héctor 3
8 González, Florencio 2
9 Andion, José Manuel 1
10 Patiño, Luis 1
11 Andion, Manuel 0

21/02/09

Santiago Dominguez gaña o Primeiro temático do cuatrimestre


Empezou a serie de temáticos do cuatrimestre.
Nesta ocasión Toné Pazos escolleu unha liña da Siciliana.
O gañador foi Santiago Domínguez, nun torneo no que a clasificación final foi como segue:
1.- Santiago Domínguez
2.- Diego García-Muñoz
3.- Ernesto Pérez
4.- Luis Patiño
5.- José Manuel Andión
6.- Héctor López
7.- Manuel Andión.
Dada a ausencia de actividade o mércores por ser día non lectivo o vindeiro venres retomaremos o sorteo para decidir que variante se xoga.

20/02/09

Programación dende o entroido


A partir do venres de entroido a programación das actividades da Escola de Xadrez da Universidade da Coruña serán como seguen:

Os mércores no Pabillón de Deportes Antonio Pazos continuará coas suas charlas, incluindo agora un breve resumo dalgunha apertura que será a que se xogue despois o venres. Aínda que a hora segue sendo de 19,30 a 21,00 se non hai problema é posible que empece media hora antes e finalice tamén media hora antes.

Os venres no Centro Universitario de Riazor teremos as típicas partidas amistosas, resolución de problemas e Torneo Temático. A partir de agora os torneos cando teñan máis de seis participantes serán por sistema suizo a cinco roldas o que evitará as presas de última hora para sacar o coche do aparcadoiro.

Nos torneos cobrarase unha cota de 1 euro e o campión levará unha camiseta dalgunha das actividades levadas a termo por AGAX. Asemade aqueles que participen en cinco probas recibirán unha bolsiña do CIDU.

14/02/09

Santiago Domínguez gaña o último Temático de Gambito de Dama

Santiago Dominguez gañou o último temático de Gambito de Dama.
Empatado a puntos co gañador quedou José Rey
A clasificación foi como segue:
1.- Santiago Domínguez
2.- José Rey
3.- José Manuel Andión
4.- Ernesto Pérez
5.- Diego García Muñoz
6.- Luis Patiño
7.- Héctor López

07/02/09

Francisco Conde gaña o torneo da Tartakower

Francisco Conde, que nesta campaña xoga co equipo de Informática, gañou o torneo temático da Tartakower.
Francisco Conde gañou con autoridade, impoñéndose en tódalas partidas.
A clasificación foi como segue:
1º.- Francisco Conde
2º.- Santiago Domínguez
3º.- Héctor López
4º.- José Manuel Andión
5º.- Ernesto Pérez
6º.- Manuel Andión.

28/01/09

José Rey gaña o Torneo da Tarrasch


Os próximos catro torneos no CUR (venres ás 19,30 horas) serán de Gambito de Dama. No sorteo deste venres o resultado foi que a variante escollida foi a Tarrasch.
José Rey logrou o primeiro posto, empatado a puntos con Santiago Domínguez.
1º José Rey
2º Santiago Domínguez
3º Iago Porto
4º Héctor López
5º Ernesto Pérez
6º Pedro Suárez
7º José Manuel Andión
8º Manuel Andión
As próximas tres semanas seguirán os temáticos de Gambito de Dama e logo se fará un sorteo para unha nova apertura.
A partir do vindeiro venres establecerase unha cota dun euro por torneo.

10/01/09

Iago Porto gaña o Torneo Aninovo


Iago Porto gañou o Torneo Aninovo no que era a súa XIV edición e que se disputou no CUR na modalidade de rápidas. O segundo clasificado, Ernesto Pérez, empatou a puntos co gañador.
A clasificación foi como segue:
1º Iago Porto
2º Ernesto Pérez
3º Héctor López
4º José Manuel Andión
5º Pedro Suárez
6º Manuel Andión