Walter López, xogador do Círculo Ferrolán e capitán dos equipos universitarios dende hai anos, recibiu o trofeo ao mellor xadrecista do curso 2008-2009 na cea que pechou o
I Día do Deporte Universitario, celebrado no Campus de Elviña durante o día 5 de novembro.
Ao parecer a Universidade ten a intención de manter este día en vez da ata agora tradicional entrega de premios que se celebraba no Rectorado.
Á cea asistiron o coordinador da sección Ernesto Pérez e o profesor da Escola Antonio Pazos, ademais do galardoado.