23/12/22

Bó Nadal

Desexar dende as nosas entidades unhas boas festas para todos.

Lembrade que o CUR estará pechado ata o día 9 de xaneiro.

Para ver actividades de xadrez estes días revisa a web de AGAX www.xogandocoxadrez.eu

16/12/22

Circuito de Outono

Hoxe ás 20,00 no Centro Universitario de Riazor última xornada do noso Circuito de Outono de partidas rápidas.

O próximo venres faremos un torneo só para socios e universitarios e despois o CUR permanecerá pechado ata despois de Reis.

02/12/22

Torneo Aniversario en Narón

Os día 8 de decembro realizaremos un dos torneos do noso aniversario. Nesta ocación en Narón no Centro Comercial Odeón, co apoio da Deputación da Coruña.

Para a actividade do xoves o socio xadrecístico será o Club Xadrez Narón, que xa ten realizado actividades neste espazo no pasado.

Poucas veces fixemos cousas no Campus de Ferrol, pero neste curso 2022-2023 a idea é facer algunhas actividades mais en colaboración con outra asociación de estudantes da UDC; HERCLE, entidade moi activa no campus de Ferrol, xa que algúns dos seus directivos son representantes de alumnos nos centros do campus, especialmente o seu presidente Hugo Quintela, membro tamén do Consello de Goberno da UDC como representante de alumnos.

O torneo é válido para ELO FIDE. Advírtese que no espazo de xogo haberá o ruido normal dun centro comercial.

Para participar é obrigatorio contar coa ficha federativa de 2022.

O torneo será ao ritmo de 10'+3'

Presentación: 17,00
Primeira Rolda: 17,30
Segunda Rolda: 18,00
Terceira Rolda: 18,30
Cuarta Rolda: 19,00
Quinta Rolda: 19,30
Peche: 20,00

O torneo é gratuíto. Máximo de 32 participantes.

Premios: Trofeo para os tres primeiros clasificados. 
O mellor membro da comunidade universitaria será considerado campión de rápidas do curso pasado (que non puido celebrarse pola COVID) e recibirá un trofeo acreditativo.
Todos os participantes recibirán un pequeno agasallo. 

Ademais para aqueles que disputen tres dos cinco torneos válidos para ELO FIDE que celebramos na mesma semana haberá unha taza do noso club para que celebre con o noso aniversario.

Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Lembra que na semana da ponte imos ter o grupo de torneos mais intenso da nosa historia, xuntando a celebración do Torneo Maratón e dos que este ano conformarán o do Aniversario.

Mira todas as actividades en https://www.xadrezuniversitario.org/2022/11/a-tope-na-ponte.html

Para inscribirte

01/12/22

Torneos Aniversario en Sporting Club Casino

Os días 6 e 7 de decembro realizaremos unhas probas para conmemorar o noso aniversario, co apoio da Deputación da Coruña.

Nesta ocasión como en moitos anos anteriores a actividade terá lugar no Sporting Club Casino, entidade coa que temos unha relación especial e que ten sido moi importante nos nosos 28 anos de historia como CIDU.

Como no caso do torneo Maratón a gran novidade deste ano será que os dous dos torneos valen para ELO FIDE.

Para participar é obrigatorio contar coa ficha federativa de 2022.

O torneo de martes será do que sempre chamabamos semirrápidas e agora rápidas (10'+3'') e o do mércores 7 será do que chamábamos rápidas e agora blitz (3'+2'').

6 DE DECEMBRO - RAPIDAS
CUBERTAS AS 32 PRAZAS
Sporting Club Casino - Rúa Real A Coruña. 
Ritmo: 10' + 3"
Hora de inicio: 17,30
Roldas: 17,30 / 18,00 / 18,30 / 19,00 / 19,30
Válido para ELO FIDE
Cota de 2 euros.
Gratuíto para socios do Casino, CIDU e AGAX.

7 DE DECEMBRO - 
LOSTREGO
Sporting Club Casino
Rúa Real A Coruña.
Ritmo: 3' + 2"
Hora de inicio: 19,30
5 ou 6 roldas.
Válido para ELO FIDE
Cota de 2 euros.
Gratuíto para socios do Casino, CIDU e AGAX.

Premios: No torneo do martes haberá trofeo para os tres primeiros clasificados e para o mellor universitario se non quedou dentro do podium (levará o trofeo de Campión Universitario do curso 2022 que non puido celebarse pola situación COVID). No torneo do mércores só para o campión. 