30/04/17

Intercomarcais escolares

Xadrez das Mariñas participou o sábado 29 na fase intercomarcal.
Na categoría infantil quedamos en terceira posición e na categoría alevín en primeira.
Será dificil pero o obxectivo e conseguir de novo o campionato provincial.
E para facilitar a comunicación en Xadrez das Mariñas temos un novo medio... o Facebook.

Preme para ir ao Facebook

29/04/17

Peche dos Xogos Escolares

As fotos do peche dos Xogos Escolares no noso Facebook

https://www.facebook.com/incude/

Aínda que a participación nesta proba baixou en relación a edición anterior (o que por outra banda aconteceu en todos os deportes participantes) os nosos representantes fixeron un bo papel.

Había bastante tempo que non se facía unha actividade só de xadrez en Méndez Núñez.

As clasificacións están no espazo de AGAX para estas actividades. PREME

Para os que teñan dúbidas os xogos escolares os organiza o Concello da Coruña e o programa Xogade (Competición escolar oficial) é cousa da Xunta.




25/04/17

Fase intercomarcal nos escolares

Lembramos que Xadrez das Mariñas está clasificado para a fase intercomarcal na categoría alevin, na que o ano pasado foi o equipo vencedor.

Na selección que xogue esta segunda fase hai tres alumnos da escola do CIDU e tres da escola de Xadrez Betanzos.

A fase Intercomarcal de Xadrez Benxamín, Alevín e Infantil, terá lugar o sábado día 29 de abril 2017, no Salón de Actos do Complexo Deportivo de Elviña I, sito na Praza de Agustín Díaz, 1 (A Coruña), en horario de maña: benxamíns de 10:00 a 14.00 horas, e alevíns e infantís de 11.00 a 14.00 horas.

NORMATIVA DA COMPETICIÓN
- O torneo disputarase polo sistema de liga (todos contra todos). Cada encontro constará de 4 partidas.
- A orde de forza de cada equipo non poderá variarse no transcurso do torneo.
- O ritmo de xogo será de 30 minutos por xogador a finish.
- A clasificación final realizarase segundo o número de puntos totais obtidos por cada equipo.
- En caso de empate, prevalecerá o resultado do enfrontamento directo.
- Se persistise o empate, aplicarase o seguinte criterio: puntuación ponderada (por taboleiro): Consistirá en multiplicar o resultado do primeiro taboleiro por catro, o do segundo por tres, o do terceiro por dous e o do cuarto por un, sumándose ao final os catro taboleiros. No suposto de persistir o empate, contará o resultado do primeiro taboleiro. Se tampouco se resolve a igualdade, o equipo que xogase con negras no primeiro taboleiro será o vencedor.
- Prohíbese a entrada/permanencia na sala de xogo con teléfonos móbiles ou calquera dispositivo electrónico acendido, agás a organización.
- Quedan totalmente prohibidos os comentarios sobre as partidas en xogo, sendo estes penalizables.
- Os/as xogadores/as poderán consultar co seu delegado para abandonos e ofertas de táboas. Deberán avisar previamente ao árbitro, e o delegado deberá contestar de forma lacónica e sen proporcionar información algunha sobre a partida.
- Non se permitirán análises na zona de xogo, podéndose realizar no espazo sinalado a tal efecto.
- Os/as xogadores/as que, por razón xustificada, desexen abandonar a sala de xogo no transcurso das súas partidas, deberán solicitar a autorización do Árbitro.
- Aplicaranse as Normas técnicas de Xadrez do programa XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar). Todos os aspectos non recollidos neste regulamento regularanse pola normativa FIDE.

ENTIDADES CLASIFICADAS
Alexandre Bóveda A Coruña CORUÑA
Xadrez das Mariñas Sada AS MARIÑAS
Club Xadrez Arteixo Arteixo BERGANTIÑOS
Obradoiro  A Coruña CORUÑA

21/04/17

TORNEO ANIVERSARIO

Nome do Torneo: TORNEO ANIVERSARIO

Data: 1 de maio de 2017.

Lugar: Sporting Club Casino - Rúa Real. A Coruña.

Hora de inicio: 17,00.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,30.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 15 minutos a finish.

Categorías: Absoluto, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.


Premios:

1º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
2º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
3º Clasificado de cada categoría: Trofeo.

Partcipantes: Máximo 100

Inscricións: Abertas ata o xoves 27 de abril. para os non federados (para tramitar ficha) e o sábado 29 para os federados. Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Cota: 3 euros.

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo. A cota federativa é de so 3 euros ao ano para os menores de 14 anos e de 12 para o resto.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

10/04/17

RESULTADOS TORNEO LUDO

SUB8
1 DAVID VISOS,     5 8.5 14.5 15.0
2 NICOLAS RIVAS,     4 6.5 13.5 12.0
3 CARLOS GRELA,     3 8.5 15.0 10.0
4 JAVIER CARRO,     3 7.0 12.0 6.0
5 JACOBO LOPEZ,     3 6.5 11.0 7.5
6 MARCOS RIAL,     2.5 7.5 13.5 8.0
7 ADRIAN NIETO,     2.5 7.0 12.0 9.0
8 DANIEL MUÑIZ,     2.5 6.5 10.5 5.0
9 ANTON PEREZ,     2 8.5 14.0 8.5
10 LEO MANEIRO,     2 8.0 13.0 6.0
11 PELAYO GOMEZ,     1.5 7.5 10.5 7.0
12 SAMUEL LOPEZ,     1 5.0 5.0 2.0
13 MATEO FUEGO,     0 7.0 11.5 0.0

SUB10
1 ALEX VAZQUEZ,     5 9.0 14.0 15.0
2 ALEXANDRO MONTES,     4 7.0 13.0 10.0
3 NOAH MOURELLE,     4 4.0 9.0 11.0
4 SAMUEL LOPEZ,     3 9.0 16.0 12.0
5 MARIO FERNANDEZ,     3 6.0 10.0 8.0
6 DIEGO CORBEIRA,     2 8.0 13.0 5.0
7 CARLOS BLANCO,     2 6.0 11.0 9.0
8 MANUEL PINEDA,     1 10.0 15.0 2.0
9 LUCAS HERNAN,     1 9.0 13.0 3.0
10 XABIER TORRADO,     0 6.0 11.0 0.0

SUB12
1 DANIEL GARCIA 5
2 JAVIER CARRION 3,5
3 LUCAS VILAS 2,5
4 MARTIN ALONSO 2,5
5 MIGUEL ALVARES 1,5
6 XENXO SILVEIRA

SUB14 E ABSOLUTO
1 SANTIAGO DOMINGUEZ,   4 6.0 12.0 10.0
2 CLAUDIO REBOREDO,   3.5 6.5 12.0 8.5
3 ROQUE BOUZA,   3 8.5 14.0 10.5
4 SERGIO POUSADA,   3 7.0 11.5 8.0
5 NOE POUSADA,   3 6.5 12.0 9.0
6 DANIEL CODESIDO,   2.5 8.0 13.5 9.0
7 XAVIER BARREIRO,   2 6.5 11.0 4.0
8 PABLO RODRIGUEZ,   1 7.5 11.5 4.0
9 MANUEL ANGEL MIRAS,   1 6.5 11.0 2.0
10 SILJA MOLIST,   1 6.0 10.5 4.0

09/04/17

A Mascota do Mundial

En 18 meses Santiago acollerá o Mundial sub12.

Hoxe apareceu nos campionatos galegos a mascota.


Aquí a temos con Noa e Vera.