24/10/26

Resultados XXXVII Torneo Universitario

Onte rematou a XXXVII edición do Torneo Universitario de xadrez. Desta vez o campión foi o xogador do CIDU, Gonzalo López, que conseguiu todos os puntos posibles.

En segundo posto tivemos a Antonio López de ETX, seguido por Miguel Cintado no terceiro posto e tamén de ETX.


Resultados:

https://info64.org/xxxvii-torneo-universitario/standings

13Lopez Vazquez, GonzaloESP6,0019.518.0621.01709CIDU
26Lopez Fernandez, AntonioESP4,0120.518.5413.01566ETX
32Cintado Yanez, MiguelESP4,0222.519.5416.01734ETX
44Del Valle Rodriguez, RamiroESP3,5121.519.5313.51644ETX
51Aba Varela, JoseESP3,5219.518.0312.01743CIDU
68Camanez Cabeza, RafaelESP3,0019.518.0310.01509Coruña
77Castelo Ramos, Jose LuisESP3,0018.016.029.51544XDM
85Moreno Cobos, RicardoESP3,0017.516.0311.01621ETX
910Penedo Gaspar, FatimaESP2,0017.015.516.01412Culleredo
109Fernandez Ballon, PabloESP1,5119.017.516.51428XDM
1111Penedo Gaspar, DiegoESP1,5213.512.003.51401Culleredo
1212Barral Gonzalez, ManuelESP1,0012.011.004.00Sigras

14/10/26

Xadrez no MUNCYT

Coincidindo coa Semana da Ciencia imos organizar a terceira edición do torneo lóstrego no Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCYT). Esta actividade está encadrada dentro das actividades que realizamos coa axuda da Deputación da Coruña.

Nome do Torneo:
XADREZ NO MUNCYT

Data: 14 de novembro de 2026.

Lugar: Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCYT).

Ritmo: 3 minutos + 2 segundos

Horario:
Presentación: 16,15
1º Rolda: 16,30
2ª Rolda: 16,50
3ª Rolda: 17,10
4ª Rolda: 17,30
5ª Rolda: 17,50
Entrega: 18,20

Premios:
Trofeos para os tres primeiros clasificados.
Medalla para todos os participantes.

Inscricións: De balde. Máximo 32 xogadores.
Non é valedoiro para ELO FIDE.

Exclusivamente a través do formulario ligado:

INSCRICIÓNS PECHADAS. Se queres participar escribe a cidu@xadrezuniversitario.org por se poidera haber algunha praza libre.


Para seguir as roldas do torneo:

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licenza federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.