28/02/25

Entroido

Tras a xornada especial, que agardamos repetir, xa que a foto non foi gran cousa, temos por diante unha fin de semana na que hai parón na Liga.

Como sabedes xóganse algúns dos Campionatos Galegos. Nuno Moro, xogador do club, será o noso representante na categoría sub 8. Sorte para él! 

Aqui poderás ver a súa actuación nesta fin de semana: https://info64.org/campionato-galego-sub-08-2025

E para os demais, hoxe ás 20,00 temos o Torneo do Circuito de Inverno. Polo de agora a clasificación é a seguinte:

JOSE M 14
DANI 13
IAGO 11
JOSE 8
PABLO E 7
JACOBO 4
MATEO 3
BRAIS 2
ERICK 1

Ademais do trofeo para o vencedor, lembrade que por cinco participacións recíbese un vale de Pizza (e xa non quedan moitos venres de inverno).

E se isto non é suficiente, lembramos que botedes un vistazo a www.xogandocoxadrez.eu xa que esta semana hai diversos adestramentos e torneos

21/02/25

Xornada do Sábado

Lembrade que hoxe venres seguimos co Circuíto, con torneo ás 20,00 horas.

Para este sábado a actividade prevista é a seguinte:

16,00: Presentación no CUR
16,00 a 16,50: Torneo de Catro en Liña. Trofeo para o vencedor.
16,50-17,00: Foto de equipo con todos os xogadores do CIDU presentes, xoguen ou non a Liga (imprescindible traer a roupa do club).
17,00 en adiante:
Opción A: Liga Galega de Xadrez:
Agardamos que haxa mais xogadores que postos para xogar e que así mesmo os delegados poidan facer o equipo máis axeitados cos rivais presentes
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - XDM "B' - Coruña
CIDU INCUDE PIZZA MOVIL - GALICHESS ARTEIXO B
Ademais tamén invitaremos ao CASINO a xogar contra o SIGRAS, polo que esperamos sexa unha xornada vistosa.
Opción B: Torneo de Carcasonne.
Explicación previa e torneo con trofeo.

Teremos, pois, ademais da Liga dous torneos de xogos con trofeo.

Pero ademais teremos outro trofeo máis o da Xornada Lúdica de Entroido. Este trofeo será para queb reúna máis puntos:

Por xogar o Torneo de Catro en Liña: 1 punto
Por quedar entre os cinco primeiros do Torneo anterior: 1 punto
Por xogar a Liga: 1 punto
Por gañar o encontro de Liga: 1 punto
Por xogar o Torneo de Carcasonne: 1 punto
Por quedar entre os cinco primeiros do Torneo anterior: 1 punto
Por ser o primeiro en resolver a proba de habilidade: 1 punto

Como pode que haxa un empate, o gañador decidirase nunha proba nalgún xogo de taboleiro propostos pola organización.

Ven a pasar a tarde co teu club!

19/02/25

Xornada Lúdica de Entroido

O venres teremos unha xornada mais do Circuito de Inverno, con partidas rápidas de 20,00 a 21,00.

Como este sábado na Liga Galega de Xadrez temos a rolda previa ao descanso do entroido, imos facer unha actividade especial.

Será unha actividade que agardamos facer todos os anos durante a Liga Galega de Xadrez, animando a participar a todos os membros da entidade, xogadores do CIDU e universitarios en xeral. Será como unha especie de día do club, coa foto oficial da entidade.

A Xornada Lúdica de Entroido iniciará ás 16,00 no Centro Universitario de Riazor.

Incluirá ademais da Liga Galega de Xadrez, partidas de catro en raia e de Carcasonne. Teremos distintos premios, incluíndo sorteo de vale de PizzaMovil e un pequeno detalle para todos.

Prégase puntualidade xa que haberá que xogar a Liga na hora fixada.



17/02/25

Liga Galega de Xadrez

Dura xornada o sábado pasado no Centro Universitario de Riazor. O CIDU UNIVERSIDADE perdeu contra outro dos equipos fortes da clasificación e alónsaxe das prazas de ascenso. Pola súa parte o CIDU INCUDE recibía ao lider ELX Absoluto, contra o que empatou, saíndo dos postos de descenso.

O próximo sábado será a cuarta rolda, e despois teremos o descanso do entroido.

Imos aproveitar para facer nesa xornada algo especial. Atento á web ou as nosas redes sociais.

14/02/25

Terceira rolda da Liga Galega

Cousas para estes días.

Hoxe ás 20,00 novo torneo do Circuito de Inverno. Lembra que se queres un vale de Pizzamovil hai que xogar cinco destas probas, e quedan. 14 de febreiro, 21 de febreiro, 28 de febreiro, 7 de marzo e 14 de marzo... xusto as cinco!.

Os rapaces dos colexios teñen este sábado a roda da Liga AGAX Escolar ás 17,00 nos Rosales.

E segue a Liga Galega de Xadrez:

ROLDA-3 15-02-2025
CIDU INCUDE PIZZA MOVIL - E.L.X. ABSOLUTO
PIRATA TITO - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA

 




07/02/25

Fin de semana

Hoxe venres temos un novo torneo do Circuito de inverno no CUR ás 20,00 e este sábado temos dous encontros na Liga Galega de Xadrez.

Tras a primeira xornada con partidas entre os nosos dous equipos este sábado toca recibir ao Arteixo en casa mentres o outro equipo xogará en Lugo.

Sorte para todos!