08/11/26

Fin de semana de Outono

Neste outono estamos a organizar diversos torneos e a fin de semana do 20 ao 21 de novembro vai estar especialmente chea de cousas interesantes.

Bótalle unha ollada aos torneos que temos para eses días:

VENRES 20
No Centro Comercial Los Rosales.
Liga de Outono de Xadrez. 18,00
Información en:
https://www.xadrezuniversitario.org/2026/11/liga-de-outono-por-equipos.html
Torneo Lóstrego de Outono. Valedoiro para ELO FIDE. 20,00.
Información en:

SÁBADO 21

No Centro Comercial Los Rosales:
Torneo de Pasapezas. 16,00
Información en:
Información en:

Se xa liches as bases e queres acceder directamente ao formulario de inscrición PREME AQUÍ

Torneo de Outono Rápidas

Rematamos estes Torneos de Outono co torneo de ritmo rápido. Haberá dous torneos en paralelo, para os maiores e os cativos.

Para a actividade imos contar co apoio da nosa entidade matriz; a asociación de estudantes da UDC INCUDE e tamén do Centro Comercial Los Rosales que nos deixa o local de xadrez no Primeiro andar.

BASES DO TORNEO DE OUTONO DE RÁPIDAS

DATA: 
Sábado 21 de novembro de 2026.

LOCAL DE XOGO:
Centro Comercial Los Rosales - Primeiro andar, local de xadrez.
Rda. de Outeiro, 419 - 15011 A Coruña.

HORARIO:
Presentación: 17,00
1ª Rolda: 17,30
2ª Rolda: 18,00
3ª Rolda: 18,30
4ª Rolda: 19,00
5ª Rolda: 19,30
Entrega de trofeos estimada: 20,00 a 20,30.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a seis roldas.
O ritmo será de 10' + 3''

ARBITRAXE E DIRECCION DO TORNEO:
O director e árbitro do torneo será o presidente do CIDU, Daniel Codesido.
Aplicarase o regulamento de partidas disputadas sen a supervisión axeitada. 
Serán necesarias dúas xogadas ilegais para a perda da partida. 
Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais.

DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán:
1.- Encontro directo (DE)
2.- Bucholz total
3.- Bucholz -1
4.- Número de partidas gañadas
5.- Progresivo ata últimas consecuencias

XOGADORES E CATEGORIAS:
Poderá participar calquera xadrecista que teña licencia federativa en vigor. 
Os participantes do torneo xogarán nas seguintes categorías de acordo a súa idade:

Sub12. Nados en 2014 e seguintes anos
Absoluto. Nados en 2013 e anos anteriores.

PREMIOS
En cada categoría: Trofeo para os tres primeiros. Medalla para para os cativos.
Haberá agasallos para todos os participantes.

Para a recepción dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIONS
A participación no torneo é gratuíta.
Agadecemos a doazón por parte dos xogadores dun quilo de arroz ou pasta para as accións sociais.
O máximo de participación establécese en 42 en total
O prazo de inscrición finaliz media hora antes de comezar ou completar prazas. 
A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:

Podes ver as outras actividades que temos dentro dos Torneos de Outono aquí:

CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden modificar e ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Campionato Mundial de Pasapezas

Dentro dos Torneos de Outono unha vez máis facemos o chamado "Campionato do Mundo de Pasapezas". Terá lugar antes do Torneo de Outono de Rápidas.

BASES DO TORNEO.

DATA: 
Sábado 21 de novembro de 2026.

LOCAL DE XOGO:
Centro Comercial Los Rosales.

HORARIO:
Confirmación das parellas: Ás 16,00
1ª Rolda: 16,10
2ª Rolda: 16,20
3ª Rolda: 16,30
4ª Rolda: 16,40
5ª Rolda: 16,50

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
En función do número de anotados establecerase un sistema de Liga ou Suízo.
O ritmo será de 5' finish

PREMIOS:
Trofeo para cada un dos compoñentes da parella gañadora.
A entrega será despois do Torneo de Rápidas.

NORMATIVA:
Seguirase a normativa de AGAX sobre pasapezas. Como normas mais características:
1. Non se poden poñer pezas facendo xaques.
2. Non se pode poñer peón en primeira, sétima ou oitava.
3. O incumplimento dalgunha das anteriores normas suporá que a peza mal posta pase á parella contraria e a perda da quenda do movemento.

COTAS E INSCRICIONS
A participación é gratuíta. Unicamente pedimos un quilo de alimento non perecedoiro para o Banco de Alimentos. Se xa entregas para este torneo, non fai falta entregar para o torneo de Rápidas.
A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:

Podes ver as outras actividades que temos dentro dos Torneos de Outono aquí:

CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden modificar e ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Torneo Lóstrego de Outono

Xusto a continuación do Torneo de Outono por equipos disfrutaremos dun torneo lóstrego válido para ELO FIDE.

BASES DO TORNEO DE OUTONO -  LOSTREGO.

DATA: 
Venres 20 de novembro de 2026.

LOCAL DE XOGO:
Centro Comercial Los Rosales. Primeiro andar, local de Xadrez.
Rda. de Outeiro, 419 - 15011 A Coruña

HORARIO:
1ª Rolda: 20,00
2ª Rolda: 20,15
3ª Rolda: 20,30
4ª Rolda: 21,45
5ª Rolda: 21,00
Entrega de trofeos a continuación.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suízo a cinco roldas.
O torneo é valedoiro para ELO FIDE.
O ritmo será de 3' + 2''

ARBITRAXE E DIRECCIÓN DO TORNEO:
director do torneo será o José Manuel Andión Fernández.
O árbitro será Francisco Pedreira Giralda.
Serán necesarias dúas xogadas ilegais para a perda da partida.
Engadirase 1 minuto ao opoñente pola primeira ilegal.

DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán:
1.- Encontro directo (DE)
2.- Bucholz total
3.- Bucholz -1
4.- Número de partidas gañadas
5.- Progresivo ata últimas consecuencias

XOGADORES E CATEGORIAS:
Non haberá categorías. É necesario estar federado.

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros clasificados.

Ligazón a info64:
Proximamente

COTAS E INSCRICIONS
A participación é gratuíta. Pedimos a doazón dun quilo de arroz ou pasta para o banco de alimentos.
O máximo de participación establécese en 32. 
O prazo de inscrición finaliza media hora antes do comezo do torneo ou ata completar prazas. 
A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:

Podes ver as outras actividades que temos dentro dos Torneos de Outono aquí:

CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden modificar e ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Liga de Outono por equipos

Pronto imos dar comezo aos Torneos de Outono e primeira das probas será o torneo por equipos.

BASES DO TORNEO.

DATA: 
Venres 20 de novembro de 2026.

LOCAL DE XOGO:
Centro Comercial Los Rosales - Planta baixa.
Rda. de Outeiro, 419 - 15011 A Coruña.

HORARIO:
De 18,00 a 20,00.
Entrega de premios despois do Torneo Lóstrego

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Equipos formados por tres xogadores, que disputarán un torneo por sistema de Liga ou Suizo segundo o número de inscritos.
O ritmo será de 5' + 3''

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros equipos.

COTAS E INSCRICIONS
A cota de participación no torneo consistirá nun quilo de arroz ou pasta por cada participante.
A data tope para anotarse será na mesma sala de xogo, antes do inicio da proba.
A inscrición previa pode realizarse mediante o seguinte formulario electrónico: