27/07/23

Actividade Fin de semana

Este venres estaremos montando cousas polo CUR, para o desprazamento a Monforte do sábado. 

Aproveitando o programa de Iniciativa Universitaria (ver web www.asombrate.es) imos facer un circuíto de "Xadrez e Patrimonio" nos seis espazos onde se desenvolverá esta acción.

A primeira cita o sábado 29 ás 17,00 no Pazo de Tor. Se queres podes acudir con nos en bus que sae ás 10,00 simplemente anotando en incude@udc.es


25/07/23

SABADO 29 PAZO DE TOR

O próximo sábado teremos a xa tradicional Tarde de Xadrez no Pazo de Tor.

Como sabedes en 2019 iniciamos unha actividade neste espazo, non tan coñecido como se debería, combinando xadrez e visitas especiais.

Nos anos que levamos celebrando esta tarde tivemos ocasión de disputar as partidas en salas distintas.

Este ano a actividade vai estar enmarcada dentro do programa "Iniciativa Universitaria" apoiado pola Dirección Xeral de Xuventude.

Teremos dúas actividades:

16,00 - 17,00: Torneo de Damas.

17,00 - 18,00: Torneo de Xadrez.

Serán torneos suizos a cinco roldas, para pasar un rato agradable neste espazo. Como premios teremos unhas tazas nas que se reproduce algunhas das pezas que aparecen na imaxe que ilustra a páxina.

Como actividades complementarias teremos dúas accións:

A visita ao pazo (coas interesantes pezas e taboleiros de xadrez)

A creación do club de xadrez Savilemos.

Pero ademais pola mañán estaremos no Campo dos Condes dende as 12,00 ás 15,00 animando a disputar distintos xogos de taboleiro.

Se queres participar simplemente escríbenos a incude@udc.es