24/07/21

II TARDE DE XADREZ NO PAZO DE TOR

A Asociación Galega de Xadrecistas e as asociacións Savilemos e INCUDE animan a pasar o próximo sábado un rato coñecendo o Pazo de Tor, da Rede Museística da Deputación de Lugo, e particpar na  II Tarde de Xadrez no Pazo de Tor,

Nome do Torneo: II TARDE DE XADREZ NO PAZO DE TOR

Data: 31 de xullo de 2021.

Lugar: Pazo de Tor - Monforte

Hora de inicio: 16,30. As partidas duraran unha hora aproximadamente e a continuación haberá unha visita polo interior e polos xardíns do Pazo. O horario previsto aparece no cartel.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,00.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas. 

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 5 minutos a finish.

Categorías: Única.

Premios:

Trofeo para o mellor.
Agasallo para todos os participantes. Pola situación coa COVID o límite de inscritos será de 20. 
É obrigatorio o uso de máscara. En cada posto de xogo colocaremos xel desinfectante.

Cota: De balde.

Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Inscrición: a través desta ligazón... PREME

14/07/21

XXIX Torneo Semirrápidas

O Centro Universitario de Riazor acolleu o XXIX Torneo de Semirrápidas con partidas a 15 minutos. O vencedor foi Rodrigo Pena, alumno de Socioloxía. O segundo clasificado foi Pablo Lastra.

Suso Ramos ocupou a terceira praza, seguido de David Presno e Anxo. 

13/07/21

XXIX TORNEO DE RAPIDAS

Levamos xa 29 anos de torneos de partidas lóstrego na Universidade. Neste curso foi a proba que decidiuse que fora aberta a tódolos interesados.

A proba realizouse conxuntamente ao peche con actividades de billar da Asociación Hercle, ambas na Reunión Recreativa de Artesanos.

O vencedor foi Francisco Pedreira, que neste curso leu o seu doutorado na USC, segundo clasificado Rodrigo Pena, alumno de Socioloxía.

Francisco Javier García, Daniel Codesido, Suso Ramos e Fernando Castro foron, nesta orde, os seguintes clasificados.

07/07/21

INSCRICION NO CURSO DE MONITORES

Tras a etapa de preinscrición, hai un grupo de xente interesada no curso que supera o mínimo para a súa celebración.

Polo tanto agora abrimos a etapa de inscrición que finaliza o venres ás 14,00.

Agradecemos que esta inscrición e o pago estean confirmadas entre mércores e xoves.

Dúbidas:

O traballo práctico poderá ser concretado con Josep Suárez

Aqueles que prefiran a opción dunha parte práctica con devolución da matrícula, deberán sinalar ista opción na inscrición.

O curso desenvolverase en castelán,

As clases serán subidas de xeito que se podan visualizar nun horario distinto.

O exame é online na hora e data sinalada.

Finalmente non haberá créditos en xeral polo curso, aínda que si os alumnos da UDC poderán solicitarlos pola súa participación nesta actividade.

INSCRICION

03/07/21

CURSO DE DOCENTES EN XADREZ

Se estás interesado, inscríbete ata o mércores!

Este curso de formación foi concebido para proporcionar aos asistentes unha certificación conforme á existencia de coñecementos e comprensión suficientes para a actividade de xadrez educativo e social. Desde INCUDE ofrecerase unha serie de pautas e exposición das experiencias dos últimos anos con alumnos entre 4 e 93 anos.

Modalidade: Online ou mixto

Acreditación: O curso proporciona a aqueles que superen o exámen dúas titulacións; School Chess Teacher Training (avalado pola Federación Europea ECU101) e Docentes de Nivel I da Federación Española de Xadrez.

A asistencia ás clases online e a realización do traballo práctico será recoñecida polo certificado correspondente. Solicitaranse créditos ETCS. (informaremos dos progresos).

Contidos:  
Métodos didácticos: método SMART®, técnicas de cuestionamiento, métodos de xogo, habilidades de pensamento, código de conduta, organización de torneos de clase, minixogos, formatos sociais, resolución de problemas, termos de planificación e leccións.

Desenvolvemento do curso:
A duración do curso estímase entre 69 - 94 horas.

Parte teórica:
Luns 12 de xullo: 16,00 a 20,00. Clases online. 
Martes 13 de xullo: 16,00 a 20,00. Clases online. 
Mércores 14 de xullo: 16,00 a 20,00. Clases online. 
Xoves 15 de xullo: 16,00 a 20,00. Clases online. 
Venres 16 de xullo: 16,00 a 20,00. Clases online. 
As clases online subiranse e poderán verse noutro momento.
A primeira hora das sesións será de explicación de experiencias da Escola e as tres seguintes de temario dos cursos federativos.
Luns 19 de xullo: 16,00 a 20,00. Repaso e exame ás 19,00.
Total horas parte teórica: 24 horas.

Parte práctica:
Para o traballo, que se desenvolverá de acordo ás indicacións do profesorado, o alumno poderá optar por dúas modalidades; 1) Desenvolvemento dun traballo final teórico, que deberá ser entregado pola súa valoración antes do 19 de agosto ou 2) Realización do temario dun curso de 15 horas e impartición do mesmo. (A parte de impartición será remunerada coa devolución do importe do curso).
Este traballo práctico ocupará ao redor de 45-70 horas.

Participantes: 
Poden inscribirse todos os interesados a partir de 16 anos.
É necesario posuír coñecementos básicos de xadrez.

Composición máxima do grupo: 30. Composición mínima: 11.

Curso impartido por Olympia Chess Academy en colaboración coa Escola Universitaria de Xadrez de INCUDE.

Matrícula:
170 euros (recuperables en función da modalidade de traballo práctico elixida).

Inscrición:
Farase a preinscrición mediante correo a escola@xadrezuniversitario.org. 
Unha vez confirmado o mínimo solicitarase o pago da matrícula.