31/10/15

Santiago Domínguez gaña o torneo semanal

Santiago Domínguez gañou o torneo semanal celebrado no CUR.

A clasificación foi a seguinte:

1 SANTIAGO DOMINGUEZ
2 DANI MAYO
3 ERNESTO PEREZ
4 CARLOS CASTEDO
5 ADRIAN MARTINEZ
6 MANUEL GARCIA
7 DANI CODESIDO
8 GONZALO CAMBON

Podes ver o elo AGAX aquí.

29/10/15

Xadrez no Samain

Xadrez especial no Samaín 2015

Lembramos que o venres 30 e o sábado 31 non estaba prevista a realización de clases de xadrez.

Por outra banda xoga o Depor ás 20,30 asi que pode haber problemas para aparcar cerca da nosa sede.

Samain é a noite anterior ao 1 de novembro.

Venres 30.
Na Mitoloxía celta é o Día de Morrigan, patroa de sacerdotisas e bruxas.
No Centro Universitario de Riazor:
16,30 – 18,30: Chess and English.
Por 5 euros dúas horas de xadrez e inglés para menores de 14 anos.
20,00 – 21,00: Torneo de Rápidas.
O adiantamos media hora para non coincidir co inicio do partido de fútbol en Riazor.  

Sábado 31.  
Tal día coma hoxe, en 1892 nacía Alekhine.
Pendente de confirmar Torneo de FischerRandom.
16,15 – 20,15: No Forum proxectan as curtametraxes do FKM.

Domingo 1.
Samaín – Tódolos Santos

Luns 2.
Día de Finados ou de Defuntos
19,30 – 20,30: Torneo Tódolos Santos no Sporting Club Casino. Cota de 1 euro.

27/10/15

Xadrez na Universidade Senior

O próximo mércores día 4 empezamos as actividades deste curso na Universidade Senior.

Serán as clases, como as do ano pasado, os mércores pola tarde cun grupo de 17,00 a 18,00 e outro de 18,00 a 19,00.

Mesmo que as actividades están pensadas para os alumnos da Senior, poden asistir outros alumnos.

A idea é que as actividades se manteñan ata o mes de maio.


25/10/15

Torneos de Outono de Xadrez

O fin de semana do 14 e 15 de novembro celebraremos o Torneo de Outono de Xadrez con dúas probas a 15 e 5 minutos e tamén a Liga de Outono e o Torneo de Pasapezas.

SABADO 14 DE NOVEMBRO
Cota de participación: 2 euros polos dous torneos.

17,00: Liga de Outono.
Proba por equipos a ritmo de 15 minutos.
Os equipos deberán estar compostos por tres xogadores.
Trofeos para os tres primeiros equipos clasificados

20,00: Torneo de Pasapezas.
Torneo desta popular modalidade de xadrez por parellas.
Trofeos para a parella gañadora.

DOMINGO 15 DE NOVEMBRO
Cota de participación: 3 euros polos dous torneos.

17,00: Torneo de Outono.
Partidas a 15 minutos
Trofeos para os tres primeiros clasificados.

19,30: Torneo de Outono de rápidas.
Partidas a 5 minutos
Trofeos para os tres primeiros clasificados.

As probas terán lugar na cuarta planta do Sporting Club Casino.

O sábado 29 de novembro teremos o Torneo de Outono sub14.

Inscricións en cidu@xadrezuniversitario.org


24/10/15

Santiago Domínguez gaña o torneo semanal

Santiago Domínguez gañou unha vez máis o torneo semanal. A clasificación foi a seguinte:

1 SANTIAGO DOMINGUEZ
2 DANI CODESIDO
3 DANI MAYO
4 CARLOS CASTEDO
5 ERNESTO PEREZ
6 MANUEL ANDION
7 ADRIAN MARTINEZ
8 PABLO PENSADO

Poder ver o elo AGAX aquí.

22/10/15

ACTIVIDADE DO TRIMESTRE

ESCOLAS DE XADREZ

Escola de Xadrez da Universidade (adultos)
Mércores de 19,30 a 21,30 no Pavillón de Elviña

Clases para alumnos de 1º e 2º de primaria.
Venres de 16,30 a 17,30 no Centro Universitario de Riazor

Clases para alumnos de infantil.
Venres de 17,30 a 18,30 no Centro Universitario de Riazor

Actividades de finais (adultos).
Venres de 19,30 a 20,30 no Centro Universitario de Riazor

Clases iniciación nivel II (sub14).
Sábados de 12,00 a 13,30 no Centro Universitario de Riazor

Estamos pendentes de confirmar coa Universidade Senior os grupos para este curso e novos grupos de ensino no CUR se hai demanda.

TORNEOS DE XADREZ

Torneos Universitarios.
Por determinar serán os mércores de 19,30 a 21,30 no Pavillón de Elviña

Torneos de Rápidas dos Venres.
Prácticamente todos os venres de 20,30 a 21,30 no Centro Universitario de Riazor

Torneos de Rápidas dos Sábados.
Sábados de 13,00 a 14,00

Torneo de Outono e Liga de Outono.
14 e 15 de novembro no Sporting Club Casino.

Estamos pendentes de pechar algunha das datas para os Torneos sub14 destes meses.

17/10/15

Santiago Domínguez gañou o torneo semanal

Santiago Domínguez gañou o segundo torneo pertencente ao circuito que remata en decembro deste ano.

A clasificación foi a seguinte:

1 Santiago Domínguez
2 Fran Pedreira
3 Ernesto Pérez
4 Daniel Codesido
5 Dani Mayo
6 Diego Medín
7 Adrián Martínez
8 Luis Rodríguez
9 Alejandro de León
10 Manuel Andión

Podes ver o elo AGAX aquí.

12/10/15

Santiago Domínguez gaña o torneo semanal

Santiago Domínguez gañou o torneo semanal.

A clasificación foi a seguinte:

1 SANTIAGO DOMINGUEZ
2 DANI MAYO
3 JOSE MANUEL ANDION
4 LUIS PATIÑO
5 ERNESTO PEREZ
6 DANIEL CODESIDO
7 ALEJANDRO DE LEON
8 LUIS RODRIGUEZ
9 MANUEL ANDION
10 PABLO PENSADO

Podes ver o elo AGAX aquí.

08/10/15

Actividades de finais no trimestre.


Este trimestre imos facer unhas actividades de mellora de finais de partidas.

Será algo moi sinxelo durante dez venres e de 19,30 a 20,30 daremos unhas pequenas nocións.

Será no CUR, na nosa sede.

O custe é de 20 euros polo curso completo e inclúe a disputa dos torneos posteriores de rápidas e o libro de Finais Básicos editado por AGAX.

Os interesados en participar... xa saben. Este mesmo venres día 9 no Centro Universitario de Riazor ás 19,30 horas.

01/10/15

CLASES PARA RAPACES 2015-2016

Coma nos pasados cursos o CIDU volve a ofertar actividades de xadrez lúdicas, formativas e competitivas. No referente ás formativas para categorías sub 14 estas son as características.

ESCOLA DE XADREZ SUB14

Destinatarios: Rapaces ata 14 anos.

Local: Centro Universitario de Riazor - CUR. Almirante Lángara s.n. (Antiga Escola de Empresariais).

Desenvolvemento: De outubro de 2015 a maio de 2016

Cota social: 10 euros ao mes.

Grupos máximos de 10 alumnos.

GRUPO 1º E 2º PRIMARIA:
Venres de 16,30 a 17,30

GRUPO 6 ANOS:
Venres de 17,30 a 18,30

GRUPO SUB14 (Xogadores con algo de experiencia):
Sábados de 12,00 a 13,00

En caso de haber interese noutras horas o club estudiaría a implantación de mais grupos.