23/04/08

Selección definitiva Campionato de España Universitario

Publicada a lista definitiva da selección da Universidade da Coruña, que viaxará aos Campionatos de España de Xadrez en Madrid a partires do 7 de maio.

Clasificados polo Torneo:
- Jorge Graña
- Xoel Pérez
- Pedro Suárez


Clasificados por ELO igual ou superior a 2.150 puntos:
- Walter López
- Antonio Pazos


Clasificada entre as xogadoras con Elo FEDA ou FIDE:
- Brenda Siso

Delegado:
- Luis Carlos Martínez

O coordinador da sección aprobou hoxe esta lista. Calquera cambio deberá realizarse antes do vindeiro fin de semana.

Día 23 - "Mércores de Xadrez" no Pabillón

Por coincidir con actividades na Sala de Ámbito de El Corte Inglés, a actividade dos mércores pasa a celebrarse hoxe mércores no Pabillón Deportivo da Universidade no Campus de Elviña.
Hoxe empeza o XVI Torneo Universitario de Semirrápidas.

08/04/08

Resultados do XVIII Torneo Universitario de Xadrez.


Seis xogadores disputan as partidas para lograr as tres prazas en xogo para o equipo que representará á Universidade da Coruña no Campionato de España.

Luns 7 de abril
Antonio Vargas - Iago Porto: 1-0
Pedro Suárez - Xoel Pérez: 0-1
Jorge Graña - José Rey: 1-0


Martes 8 de abril
Iago Porto - José Rey: 0-1
Xoel Pérez - Jorge Graña: 0-1
Antonio Vargas - Pedro Suárez: 0-1


Venres 11 de abril
Pedro Suárez - Iago Porto: 1-0
Jorge Graña - Antonio Vargas: 1-0
José Rey - Xoel Pérez: 0-1 (xogado o 9 de abril)


Luns 14 de abril
Iago Porto - Xoel Pérez: 0-1
Antonio Vargas - José Rey: 0-1
Pedro Suárez - Jorge Graña: 0-1


Martes 15 de abril
Jorge Graña - Iago Porto: 1-0
José Rey - Pedro Suárez: 1-0
Xoel Pérez - Antonio Vargas: 1-0


A clasificación final foi: 1º Jorge Graña, 2º Xoel Pérez, 3º José Rey, 4º Pedro Suárez, 5º Antonio Vargas e 6º Iago Porto.

Selección para o Campionato de España.

Cada Universidade poderá inscribir ata seis xogadores, coas seguintes condicións:

Cada Universidade poderá presentar entre un (1) e tres (3) participantes, dos cales un, polo menos, deberá acreditar estar incluído nas listas de Elo FEDA ou de Elo FIDE no momento de realizar a inscrición.

Actualmente disputándose o Torneo Universitario que debe determinar cales son estes tres xogadores.

Ademais, cada Universidade poderá inscribir ata un máximo de dous (2) universitarios que acrediten, na lista de Elo FIDE en vigor no momento de realizar a inscrición, unha puntuación igual ou superior a 2.150 puntos.

Aberto ó prazo de presentar candidaturas ata o día 15 de abril. Contase polo de agora con Antonio Pazos e Walter López.

Cada Universidade poderá inscribir tamén unha xogadora incluída nas listas de Elo FEDA ou de Elo FIDE no momento de realizar a inscrición.

Aberto ó prazo de presentar candidaturas ata o día 15 de abril. Contase polo de agora con Brenda Siso.

As Universidades poderán inscribir, aos efectos do disposto na convocatoria oficial dos Campionatos de España Universitarios, un Capitán/ Delegado.

Contase polo de agora con Luis Carlos Martínez.

Actividade de xadrez na segunda semana de abril

Aviso: O vindeiro mércores día 9 a actividade da Escola Universitaria de Xadrez será no Pabillón de Deportes de Elviña.

A actividade dos venres continúa igoal a pesares da coincidencia cos torneos escolares e o XVIII Torneo Universitario.

Anímase a tódolos socios a participar nos concursos de problemas de AGAX.

05/04/08

Ayrton Sardina lidera os escolares alevins.


O xogador do noso club Ayrton Sardina, que hai un mes se proclamou campeón coruñés sub 12 lidera os Campionatos Escolares Coruñeses na categoría alevin, tras disputarse dúas roldas.

O ano pasado en benxamín o campión fora Alex Astorga actualmente tamén representando ó CIDU.

Os torneos escolares ainda se desenvolverán durante os dosu próximos venres.

Máis info nesta web do xadrez na coruña.