30/12/24

Torneo Aniversario INCUDE

O sábado 4 de xaneiro é a data na que INCUDE cumpre anos.
A nosa intención é que a partir de agora celébrese no mesmo día un Torneo de Xadrez.

Para os interesados este é o programa previsto de torneos previstos para este 2025 é o seguinte:

Torneos duplicados nos dous campus:

Campus Coruña
1. Torneo Aniversario do CIDU. 1 de maio. Ritmo: Rápidas
2. Torneo Día das Letras Galegas. 17 de maio. Ritmo: Blitz. Para ELO.
3. Torneo Xornada de Benvida á UDC. A determinar pola UDC. (Previsto Setembro). Ritmo: Blitz.

Campus de Ferrol
1. Torneo Aniversario. En data por determinar. Ritmo: Rápidas
2. Torneo Odeón - Narón. En data por determinar. Ritmo: Blitz. Para ELO
3. Torneo Xornada de Benvida á UDC. A determinar pola UDC. (Previsto Setembro). Ritmo: Blitz
Xogaríase dentro da programación da Xornada de Benvida aos estudantes deste Campus.

Torneos diferenciados:
1. Torneo Asalto ao Castelo de Vimianzo. Primeiro sábado de xullo. Ritmo: Rápidas. Inclúe online.
2. Torneo promoción. En lugar e data por determinar (aberto á accións de difuión do xadrez).
3. Torneo Universitario. Iniciado en 1990. Previsto outubro e novembro. Rolda semanal. Para ELO.
4. Torneo Aniversario INCUDE. 4 de xaneiro, celebración do aniversario. Ritmo: Blitz.
5. Torneo de Verán Universitario. Previsto mes de xullo. Ritmo: Standard. Para ELO.
6. Torneo de Outono, incluindo individual, promoción, liga de Outono. Pendente de determinar.

E ademais teremos os torneos internos, especialmente os venres.

Somos un club activo e lembra que o domingo 5 hai que entregar a orde de forza dos equipos. 

E sobre o Torneo deste Sábado, estas son as características:

Nome do Torneo: TORNEO ANIVERSARIO DE INCUDE

Data: 4 de xaneiro de 2025.

Lugar: Centro Universitario de Riazor (Almirante Lángara, s.n.).

Ritmo: 5 minutos + 3 segundos

Horario:
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,30
3ª Rolda: 18,00
4ª Rolda: 18,30
5ª Rolda: 19,00
ENTREGA DE TROFEOS ÁS 19,30

Premios:
Trofeos para os tres primeiros clasificados da categoría Absoluta.
Trofeo para o mellor das categorías sub14, sub12, sub10 e sub8.
Trofeo para o mellor universitario.
Medalla para todos os participantes.
Pequeno agasallo para os xogadores do CIDU.

Inscricións: 3 euros.
Máximo 32 xogadores.

Advertencia 1: É obrigatorio que o conte con licenza federativa de xadrez. Este requisito non será necesario para os estudantes da Universidade da Coruña. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións no Whatsapp 654 60 37 16

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

29/12/24

Fedérate co CIDU no 2025

Cota anual do CIDU 2025: 
25 euros
(Para os nados en 2011 ou seguintes 15 euros).

Ademais lembramos que os alumnos das actividades de xadrez de CBIS, Calasanz e Prácticas teñen a ficha de balde pero pedimos 5 euros para a uniformidade. 

Formulario de inscrición; 


1. Este ano mantemos unha cota especial voluntaria para fortalecer a economía do club: 20 euros a maiores. A cota permitirá a sudadeira do club a taza de Irmandiños.

2. Se só queres a taza a cota voluntaria será só de 5 euros.

3. No formulario tamén verás a opción de anotarse nas novas clases no CUR. 

05/12/24

Resultados XXXV Universitario

Tíñamos pendente publicar a clasificación do XXXV Torneo Universitario que finalizou co empate no primeiro posto entre Ramiro del Valle e José Aba con 4 puntos dos 5 posibles.

O sistema de desempate favoreceu a Ramiro na fase aberta, pero José Aba no seu primeiro torneo e sendo dos poucos sen ranking FIDE, quedou como o mellor estudante da UDC e facerse co título de campión do XXXV Torneo.

O tamén estudante da UDC Jaime Arangüena quedou na quinta posición.

Un modelo de torneo que era novo na nosa historia e que en principio imos manter no futuro.

Ademais deste torneo en novembro no Torneo no MUNCYT, os estudantes da UDC Iago Soto e Erick Estrada quedaron no primeiro e terceiro posto.

110Del Valle Rodriguez, RamiroESP4,016.5414.014.51623ETX
214Aba Varela, JoseESP4,014.0413.012.00CIDU
32Pousada Estevez, DanielESP3,516.0311.514.01719EXA
41Lopez Robles, Rodrigo JulioESP3,514.539.512.51773SIGRAS
54Aranguena Laffon, JaimeESP3,514.0310.012.51662CIDU
611Marcote Gonzalez, MarcoESP3,512.039.011.01538SADA
79Castelo Ramos, Jose LuisESP3,014.0310.013.01638MACONDO
83Serrano Bujan, RobertoESP2,513.027.511.51679CIDU
95Redondo Varela, CelestinoESP2,512.527.511.51675EXA
108Picos Nebril, Jose LuisESP2,014.027.012.51590CFERROL
116Andion Fernandez, Jose ManuelESP2,013.526.012.01631CIDU
127Martinez Insua, AdrianESP2,013.016.512.01648XDM
1312Del Rio Sas, GabrielESP2,011.516.510.01509MIRKO
1415Del Rio Sas, JoaquinESP2,09.024.08.01494MIRKO
1513Blandon Pao, RobertoESP1,510.014.09.01472SIGRAS
1617Moro Cernadas, NunoESP1,58.013.07.00CIDU
1718Rodriguez Vicente, LucasESP1,010.514.09.00ETX
1816Franco Perez, Franco GabrielESP1,09.012.08.00CIDU