20/09/18

ESCOLA XADREZ 2018-2019

O mes de outubro inicia o novo curso a Escola de Xadrez de INCUDE e CIDU que este ano realiza diferentes cambios. Como gran novidade a inclusión de clases en inglés.

Aínda que os resultados acompañan nos últimos anos. parece evidente que son necesarios certos cambios e neste curso haberá cambios no profesorado.

Propoñemos dez grupos que funcionarán cun mínimo de 4 participantes.

--- CLASES ---

1. LUNS, no Centro Universitario de Riazor.
17,30 - 18,30: Grupo de Iniciación para calquera idade.
Profesorado: Héctor Rodríguez

2. MÉRCORES, no Centro Universitario de Riazor.
17,30 - 18,30: Chess in English (Iniciación al ajedrez. Clases en inglés).
Profesorado: Iván García

3. MÉRCORES, na Normal (Espazo de Intervención Cultural da UDC, antiga Maxisterio).
18,30 - 19,30: Grupo de Iniciación para alumnos da Universidade Senior.
Profesorado: Ernesto Pérez / Héctor Rodríguez

4. MÉRCORES, no Centro Universitario de Riazor.
18,30 - 19,30: Chess in English II (Problemas de ajedrez. Clases en inglés).
Profesorado: Iván García

5. MÉRCORES, na Normal (Espazo de Intervención Cultural da UDC, antiga Maxisterio).
20,30 - 21,30: Grupo de adestramento en finais de xadrez.
Profesorado: Ernesto Pérez

6. XOVES, na Normal (Espazo de Intervención Cultural da UDC, antiga Maxisterio).
16,00 - 17,00: Grupo de Iniciación para calquera idade
Profesorado: Héctor Rodríguez

7. VENRES, no CUR (Centro Universitario de Riazor, antiga Escola de Empresariais)
16,30 - 17,30: Grupo Selección Sub 10 / Benxamín
Profesorado: Héctor Rodríguez / Ernesto Pérez

8. VENRES, no CUR (Centro Universitario de Riazor, antiga Escola de Empresariais)
17,30 - 18,30: Grupo de Iniciación para calquera idade
Profesorado: Héctor Rodríguez

9. VENRES, no CUR (Centro Universitario de Riazor, antiga Escola de Empresariais)
20,30 - 21,30: Grupo para monitores e árbitros
Profesorado: Ernesto Pérez

10. SABADO, no CUR (Centro Universitario de Riazor, antiga Escola de Empresariais)
12,00 - 13,00: Grupo Selección Sub 14 / Infantil
Profesorado: Ernesto Pérez

-----     *****     -----

1. Iremos informando nesta páxina da confirmación dos grupos cando cheguen ao mínimo.
2. Existe a opción de suxerir novos grupos a partir de 4 asistentes.
3. Ademais das clases ofertadas existen dous grupos mais os xoves pola tarde en Artesanos.
4. Os participantes nas actividades da Escola poderán asistir de balde aos torneos amigables que se fagan os mércores de 19,30 a 20,30 na Normal e os sábados de 13,00 a 14,00 no CUR de outubro a xuño.
5. Se alguén desexa clases particulares na súa casa podemos facer un orzamento persoalizado.

-----     *****     -----

As cotas seguen mais ou menos como na liña dos dous últimos cursos, cun lixeiro aumento en relación ao pasado.

A) INSCRICIÓN INICIAL PARA OS ASISTENTES ÁS CLASES
Con esta inscrición está incluida a condición de socio de INCUDE (no caso de universitarios) e CIDU co pago da licenza federativa para 2019. 15 euros.

B) COTAS PERIÓDICAS CLUB ESCOLA
Cota trimestral por unha actividade: 36 euros.
Cota trimestral por dúas actividades do mesmo alumno: 60 euros.
Os pagos serán ao inicio de cada trimestre. Cada trimestre haberá un pequeno agasallo para os participantes.


-----     *****     -----



En calquera caso será necesario cubrir un impreso físico o primeiro día de actividade.

-----     *****     -----