30/12/21

José Ramón Gómez gañou o Torneo do martes

Unha proba curiosa que sustituia ao tradicional Maratón, que seguimos agradando poder celebrar cando a situación COVID mellore.

De feito, temos o espazo asignado e agardamos poder facer algo nos primeiros meses de 2022. A ver se hai sorte coa evolución da pandemia.

O resultado dos torneos foi o seguinte:

TORNEO DE 5 MINUTOS

  1    JOSE RAMON GOMEZ,  5          8.0  12.5   15.0
  2    JOSE FERNANDE OTERO, 4          6.5  12.5   12.0
  3    MARTIN HERVADA, 3          8.5  14.5    9.0
  4    BRAIS MARTINEZ, 3          6.0  11.5    8.0
  5    BRAIS CASAS, 2          8.5  14.0    7.0
  6    DAVID PEREZ, 1.5        6.0  10.5    5.0
  7    ADRIAN QUEVEDO, 1          7.5  12.0    3.0
  8    PABLO ESPARRAGO, 0.5        6.5  12.5    1.0

TORNEO DE 3 MINUTOS

1 JOSE FERNANDE OTERO, 3.5 9.0 14.0 12.5
2 JOSE RAMON GOMEZ, 3.5 7.5 11.5 11.5
3 MARTIN HERVADA, 3 9.5 15.0 10.0
4 BRAIS CASAS, 3 9.5 13.5 7.0
5 DAVID PEREZ, 3 8.0 13.0 8.0
6 BRAIS MARTINEZ, 2 9.0 13.0 6.0
7 ADRIAN QUEVEDO, 1 8.0 11.5 3.0
8 PABLO ESPARRAGO, 1 7.5 12.5 2.0

Como resultado o vencedor foi José Ramón Gómez Torre.

18/12/21

Daria gaña o Torneo de Outono Escolar

Daria foi a vencedora do Torneo de Outono Escolar, que se disputaba na categoría sub12.
A clasificación foi a seguinte:

1 DARIA con 4 10.5 17.5 14.0
2 GRETA con 4 7.5 12.0 13.0
3 IVAN con 4 7.5 12.0 10.0
4 SIENA con 3.5 8.0 13.0 9.5
5 VEGA con 3.5 7.0 12.5 12.5
6 PABLO D., con 3.5 6.0 11.5 9.5
7 BERENGUELA con 3 10.5 16.5 11.0
8 TEO con 3 7.0 12.5 6.5
9 CLAUDIA con 3 6.0 9.0 6.5
10 IAN con 2.5 10.0 15.5 9.5
11 XOEL con 2.5 9.0 13.0 10.5
12 LUCAS con 2.5 8.5 14.5 5.5
13 ANGEL con 2.5 6.5 10.0 8.0
14 ALEJANDRO con 2 7.5 12.0 8.0
15 KAI con 2 7.0 11.0 5.5
PABLO M. con 2 7.0 11.0 5.5
17 VALENTINA con 2 6.0 10.0 3.0
18 ALBERTO con 1.5 9.5 14.5 4.0
19 MARIÑA con 1.5 6.5 11.0 5.0
20 ALEXANDRA con 1 7.5 13.5 1.0
21 UMA con 1 4.0 9.5 4.0
22 SOFIA con 0.5 7.0 12.5 2.0

17/12/21

ACTIVIDADES FINAIS DE 2021

Estas son as últimas actividades de xadrez da nosa organización neste 2021. 

TORNEO DE OUTONO ESCOLAR

Este venres remataremos o Torneo de Outono Escolar que veu desenvolvéndose nas últimas semanas.

CIRCUITO DE OUTONO 

Última rolda do circuito. O pasado venres tivemos o penúltimo torneo con esta clasificación, unha liga a dobre volta co seguinte resultado:
1. Martín Hervada
2. Ernesto Pérez
3. Rodrigo Pena
4. Daniel Codesido

Con estes resultados o circuito ten esta clasificación:


Próximo Torneo: Venres 17 de decembro ás 20,30 no Centro Universitario de Riazor.

TORNEO DE ANIVERSARIO

1. Participantes.
Poderán participar nesta proba os xadrecistas que o desexen. Só haberá 16 prazas,  que deberán contar con licenza federativa. 
2. Modalidade.
Xogaranse cinco partidas en sistema suizo.
3. Ritmo de xogo.
Haberá 15 minutos de tempo por xogador. 
4. Lugar. 
Centro Comercial Los Rosales
5. Día e Hora.
Sábado 18 de decembro
1ª Rolda: 17,30 / 2ª Rolda: 18,00 / 3ª Rolda: 18,30 / 4ª Rolda: 19,00 / 5ª Rolda: 19,30 
6. Premios.
Trofeo para os tres primeiros clasificados.
7. Inscricións.
Inscrición de balde. Como en anos pasados solicitamos unha doazón de alimentos non perecedeiros.

A ligazón de inscrición atópase mais abaixo.

ASPECTOS ESPECIAIS POLA COVID
Será de aplicación a normativa de prevención antiCOVID de adestramentos da Federación Galega de Xadrez. As seguintes normas tamén serán de aplicación en tanto complementan algunhas das anteriores e non as limitan. 
1. É obrigatorio levar posta unha máscara en todo momento. Non estará permitido comer ou beber na sala de xogo. 
2. É obrigatorio o uso do xel na entrada da sala. Así mesmo deberá usarse sempre que as mans entren en contacto con superficies non desinfectadas e especialmente tras tocar as pezas manipuladas anteriormente polo rival (no caso das capturas). 
3. Será obrigatorio o uso da alfombra desinfectante colocada á entrada sa Sala de Xogo.
4. Os xogadores non permanecerán na sala de xogo mais tempo do necesario para xogar a partida. Polo tanto non haberá análise posterior. Tampouco poderán pasear pola sala.
5. Os xogadores non deberán darse a man ao inicio ou fin da partida. 
6. Antes de entrar na sala medirase a temperatura dos participantes.
7. Os aspectos aqui expostos poden verse complementados, antes e durante o torneo co fin de garantir na medida do posible unha actividade segura.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 

Advertencia 1: Os participantes (ou os seus titores) autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa aparición nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Os participantes deberán achegar asinado o documento de aceptación de risco dacordo cos protocolos anti-COVID presentes na páxina da Federación Galega de Xadrez. 

TORNEO MARATON

Diferentes torneos alternos o luns 27 de decembro. Se estás na Coruña ven pasar a tarde botando partidas de xadrez.

1. Participantes.
Poderán participar nesta proba os xadrecistas que o desexen. Poderán ser universitarios ou externos, neste caso deberán contar con licenza federativa. 
2. Modalidade.
Distintos torneos de xadrez intercalados.
3. Ritmo de xogo.
Haberá torneos con ritmo 3'+2'', 5 finish e 10'+3''. 
4. Lugar. 
Centro Universitario de Riazor
5. Día e Hora.
Luns 27 de decembro
6. Premios.
Trofeo para o primeiro clasificado.
Tamén para o primeiro universitario que terá o trofeo do XXXI Torneo Universitario.
7. Inscricións.
Inscrición de balde. Como en anos pasados solicitamos unha doazón de alimentos non perecedeiros.


09/12/21

A polaca Klara Czaplevska gaña o torneo dos venres

A estudante polaca de Erasmus Klara Czaplevska gañou o torneo deste venres dentro do Circuito de Outono. 

Coa participación do tamén erasmus Nuno de Oliveira, de Portugal, esta foi sen dúbida a edición mais internacional dos nosos modestos torneos dos venres.

Clasificación:

1. Klara Czaplevska
2. Fran Pedreira
3. Rodrigo Pena
4. Daniel Codesido
5. Ernesto Pérez
6. Nuno de Oliveira

Con estes resultados a clasificación do circuito é a seguinte:


O próximo torneo será este venres día 10 ás 20,15 no Centro Universitario de Riazor.