31/10/09

Empeza a Escola Universitaria de Xadrez



Coa chegada do mes de novembro empezan as Escolas Deportivas da Universidade da Coruña.

Isto supón que a partires deste mes e ata maio temos actividade no Pabillón de Deportes no Campus de Elviña os mércores de 19,30 a 20,30 e os venres no Centro Universitario de Riazor (antiga empresariais) tamén de 19,30 a 20,30.

Agardamos ver as caras de sempre por ali e alguns novos xogadores que se vaian achegando, grazas ao impulso de Quique Villodas colocando carteis polas facultades.

02/10/09

Torneo 25 setembro


Luis Carlos Martínez gañou o Torneo de partidas rápidas deste venres 25 de setembro.
A clasificación da proba foi como segue:

1.- Luis Carlos Martínez
2.- Héctor López
3.- José Manuel Andión
4.- Manuel Andión
5.- Ernesto Pérez
6.- Diego Medín