Rematamos estes Torneos de Outono co torneo de ritmo rápido. Haberá dous torneos en paralelo, para os maiores e os cativos.
Para a actividade imos contar co apoio da nosa entidade matriz; a asociación de estudantes da UDC INCUDE e tamén do Centro Comercial Los Rosales que nos deixa o local de xadrez no Primeiro andar.
BASES DO TORNEO DE OUTONO DE RÁPIDAS
DATA:
Sábado 21 de novembro de 2026.
Sábado 21 de novembro de 2026.
LOCAL DE XOGO:
Centro Comercial Los Rosales - Primeiro andar, local de xadrez.
Rda. de Outeiro, 419 - 15011 A Coruña.
HORARIO:
Presentación: 17,00
1ª Rolda: 17,30
1ª Rolda: 17,30
2ª Rolda: 18,00
3ª Rolda: 18,30
4ª Rolda: 19,00
5ª Rolda: 19,30
Entrega de trofeos estimada: 20,00 a 20,30.
SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a seis roldas.
O ritmo será de 10' + 3''
ARBITRAXE E DIRECCION DO TORNEO:
O director e árbitro do torneo será o presidente do CIDU, Daniel Codesido.
Aplicarase o regulamento de partidas disputadas sen a supervisión axeitada.
Serán necesarias dúas xogadas ilegais para a perda da partida.
Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais.
DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán:
Os sistemas de desempate serán:
1.- Encontro directo (DE)
2.- Bucholz total
3.- Bucholz -1
4.- Número de partidas gañadas
5.- Progresivo ata últimas consecuencias
XOGADORES E CATEGORIAS:
Poderá participar calquera xadrecista que teña licencia federativa en vigor.
Os participantes do torneo xogarán nas seguintes categorías de acordo a súa idade:
Sub12. Nados en 2014 e seguintes anos
Absoluto. Nados en 2013 e anos anteriores.
PREMIOS
En cada categoría: Trofeo para os tres primeiros. Medalla para para os cativos.
En cada categoría: Trofeo para os tres primeiros. Medalla para para os cativos.
Haberá agasallos para todos os participantes.
Para a recepción dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.
COTAS E INSCRICIONS
A participación no torneo é gratuíta.
Agadecemos a doazón por parte dos xogadores dun quilo de arroz ou pasta para as accións sociais.
O máximo de participación establécese en 42 en total
O prazo de inscrición finaliz media hora antes de comezar ou completar prazas.
A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:
Podes ver as outras actividades que temos dentro dos Torneos de Outono aquí:
CONSIDERACIONS FINAIS
Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden modificar e ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.
A participación leva aparellada a aceptación destas normas.
