28/02/25

Entroido

Tras a xornada especial, que agardamos repetir, xa que a foto non foi gran cousa, temos por diante unha fin de semana na que hai parón na Liga.

Como sabedes xóganse algúns dos Campionatos Galegos. Nuno Moro, xogador do club, será o noso representante na categoría sub 8. Sorte para él! 

Aqui poderás ver a súa actuación nesta fin de semana: https://info64.org/campionato-galego-sub-08-2025

E para os demais, hoxe ás 20,00 temos o Torneo do Circuito de Inverno. Polo de agora a clasificación é a seguinte:

JOSE M 14
DANI 13
IAGO 11
JOSE 8
PABLO E 7
JACOBO 4
MATEO 3
BRAIS 2
ERICK 1

Ademais do trofeo para o vencedor, lembrade que por cinco participacións recíbese un vale de Pizza (e xa non quedan moitos venres de inverno).

E se isto non é suficiente, lembramos que botedes un vistazo a www.xogandocoxadrez.eu xa que esta semana hai diversos adestramentos e torneos