18/05/09

Informática gaña a Liga de Primavera


O equipo de Informática de Xadrez gañou a Liga de Primavera nesta edición de 2009. A base do equipo que logrou o ascenso a primeira división na última campaña logrou a victoria nun torneo moi concorrido no que a segunda praza foi para o Sigrás, grazas á súa victoria na última xornada contra o equipo vencedor.
Gillan foi o terceiro equipo.

Esta edición de 2009 foi moi concorrida, con presenza de seis equipos de diversa procedencia, se ben se botou en falta ao equipo ferrolán que viña gañando nas derradeiras edicións.

1º. Informática. 3 victorias, 1 empate, 2 derrotas.
2º. Sigrás. 3 victorias, 0 empates, 2 derrotas.
3º. Gillán. 2 victorias, 2 empates, 1 derrota.
4º. Alexandre Bóveda. 2 victoria, 1 empate, 2 derrotas.
5º. Arteixo. 2 victorias, 0 empates, 3 derrotas.
6º. Dominicos. 1 victoria, 0 empates, 4 derrotas.