13/02/24

O sábado empeza a Liga

Este próximo sábado empezamos a Liga Galega de Xadrez:

ROLDA-1 17-02-2024

AIR-HOSTESS A - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA 
O equipo principal visita ao Air Hostess agardando empezar ben a Liga, na que consideramos que hai posibilidades de ascenso.

CIDU INCUDE - CIDU RIAZOR
Como corresponde os outros dous equipos enfróntanse na primeira xornada.
Xogarán no Centro Comercial Los Rosales, onde haberá varios equipos mais disputando as súas partidas.
Este ano no CIDU-INCUDE entraron principalmente universitarios e xogadores da categoría sub14 para arriba e no CIDU RIAZOR os rapaces das escolas en colexios.

Cousas importantes a lembrar:
Este curso estamos a ofrecer clases os mércores ás 18,00 e os venres ás 19,30.
Os venres ás 20,30 realizamos o Circuito de Inverno.