01/07/20

Algunhas conclusións da enquisa

Grazas aos que participaron na enquisa destes días. Asumíamos que habería moitos que non participarían, pero que polo menos chegaríamos a ter opinións diversas.

Aqui deixamos algúns resultados, ainda que depois son matizables.

Xa de entrada a participación estivo en porcentaxe moi similar ao que a conformación do Club con maioría relativa dos sub12 e maioría absoluta de sub18.


* Mais da metade dos que respostaron a enquisa recoñecen ter pouco coñecemento dos protocolos de xadrez fronte a COVID

* Unha boa maioria expresa temor ao reinicio dos torneos presenciais, pero case un 33% sitúase nos puntos mais favorables ao reinicio (8, 9 e 10 na escala).

* A maioría quere que se reduzan os ritmos de xogo para evitar posibles exposicións longas.

* A maioría expresa que non deben realizarse no interior.

* Hai case igualdade na posibilidade de empregar mobil ou tablet como sustitutos.

* Un 40% aproximadamente considera que deberían empregar luvas.

* A maioría considera que deberíamos rebaixar premios/trofeos e aumentar en prevención.

* Unha maioría moi ampla non ten problemas de alerxia ou temor a un posible abuso de desinfectante.

* Hai un empate prácticamente na solicitude de que se reanude a Liga en tódalas categorías.

No tocante aos torneos online:


* A gran maioría considera que hai que aumentar os torneos online.

* Hai empate na posibilidade de cobrar cotas e dar trofeos.

* A gran maioría considera que hai que facer proba oficial por equipos online.

* Sobre reinicio das clases presenciais os que expresan temor baixa un pouco, pero mantense nun 60%-40%

* Hai menos problema ao uso de material de xogo habitual que nos torneos, e mesmo a posibilidade de empregar luvas, pero tamén aumenta a porcentaxe dos que consideran que deben empregarse mobil ou tablet.

* Unha maioría considera que se poden aumentar as cotas se é por protección.

* Un 33% considera que 8 alumnos por grupo sería excesivo.

* Unha curta maioría prefire pagar mais e que os grupos sexan mais pequenos.

* Só un 20% considera que debemos facer mais de 2 horas de clase.

* Un 33% cree que debemos facer actividade tipo campus en xullo e agosto.

* So un 33% prefire as clases telemáticas.

* Hai empate entre os que pagarían por clases telemáticas e os que non.

* Un 33% estaría disposto a pagar mais se o profesor é un GM o un MI.

A diversidade de opinións tamén se ve nos comentarios abertos nos que parte dos enquisados sin que aínda é cedo para calquera actividad presencial e outros pensan que hai que facer xa cousas o quedaremos atrás.

Poñémonos a traballar xa con estes datos. Grazas a todos polas vosas opinións.